O alumnado de 1º de ESO
coa profede tecnoloxía, Elisa,
estiveron a deseñar e construír con
material de refugallo un artefacto, armazón ou embalaxe que protexera un ovo
nunha caída libre dende un primeiro piso. O reto consistiu en que o artefacto
deseñado polo alumnado protexera o ovo e que este non rompera e resistise o
impacto.A verdade é que a rapazada
implicouse e , aínda que algún ovo rematou esnaquizado, o reto resultou xenial grazas
a creatividade do alumnado. Parabéns!
Obxectivos:
· -Utilizar o método científico nos
experimentos e utilizalo para tomar decisións de deseño.
· - Explorar e utilizar as propiedades
dos materiais
Con motivo do Día do Orgullo Neofalante, hoxe xoves 28, o
alumnado de 1º de ESO levou a termo un
obradoiro baixo o título “ Somos un pobo de artistas”. Esta actividade
que se vai a desenvolver en varias fases ten como obxectivos:
·Reflexionar
sobre a importancia da diversidade lingüística, as falantes e neofalantes de
linguas minorizadas e os seus propios usos lingüísticos.
·Dar
a coñecer referentes da riqueza e diversidade da música galega contemporánea.
·Fomentar
a curiosidade e o aprecio pola escena musical en galego.
·Elaborar
un pódcast onde recoller e espallar a experiencia e as aprendizaxes da
actividade.
Andrea Rico Adega, que pertence a asociación Rexenerando S.
Coop. Galega, foi a persoa encargada de impartir a formación.
Tras este primeiro obradoiro cada grupo, partindo dos
coñecementos previos e da unidade didáctica Cantámola en galego, realizará
un traballo de investigación onde afondará e visibilizará a enorme variedade da escena musical galega,
ofrecendo referentes actuais de diferentes estilos.
Cada grupo rematará o guión iniciado na primeira sesión e
escollerá unha ou varias representantes para locutalo rematando a actividade
coa gravación de pódcast.
Esta actividade foi coordinada dende o noso centro polo Equipo
de Dinamización Lingüística e o departamento de Lingua Galega e impulsada pola Concellería
de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da
Mancomunidade.
Proximamente penduraremos os pódcast realizados polo alumnado.
➡️ A Concellería de
Deportes do Concello de Ares, en colaboración co CPI As Mirandas, o Club
Marítimo de Redes (sección kaiak) e a empresa de turismo activo Kapitrek,
desenvolveu onte dunha actividade deportiva na natureza deseñada
especificamente para os estudantes de 3º de ESO.
➡️ Esta iniciativa
inscríbese no proxecto Erasmus deportivo coñecido como SPORURAL, que está baixo
o liderado do Concello de Ares. SPORURAL é un proxecto que ten como obxectivo
fusionar tres elementos fundamentais: o deporte ao aire libre, a conciencia
ambiental e a innovación tecnolóxica en contextos rurais en toda Europa.
▶️ Ademais do
Concello de Ares, SPORURAL conta coa colaboración de tres entidades
internacionais destacadas: a asociación cultural INNOdxt, tamén con sede na provincia
da Coruña; o club húngaro de actividades na natureza centrado no BTT,
Crosskovacsi Sport; e a entidade de atletismo de Mykonos, en Grecia, EAS
CYCLADES.
▶️ A misión
principal de SPORURAL é promover prácticas deportivas sostibles en contornas
naturais rurais en toda Europa. Este proxecto apoiado pola Unión Europea, busca democratizar
e difundir actividades deportivas que combinen a paixón polo deporte ao aire
libre, a conservación do medio ambiente e a aplicación de tecnoloxías
accesibles.
▶️ O alumnado de 3º
de ESO participou en dúas actividades diferenciadas. Por unha banda, na
actividade de kaiak e contribución ambiental, os estudantes embarcáronse en
kaiaks xunto ao monitor do Club Marítimo de Redes Kayak Redes e navegaron ata a
praia de Area Morta. Durante este traxecto o alumnado involucrouse activamente
na conservación da contorna mariña, recollendo plásticos e outros residuos
flotantes na auga. Ademais, levaron a cabo unha exhaustiva inspección visual da
praia de Area Morta, identificando e rexistrando os residuos presentes na zona.
▶️ Doutra banda, a
outra metade do grupo participou nunha actividade de orientación individual e
preservación ambiental, organizada por Kapitrek. Utilizando aplicacións móbiles
previamente descargadas, embarcáronse na
procura de letras ocultas no plano de Redes, co propósito de formar a palabra
"SPORURAL". Ademais da súa tarefa de orientación, recolleron residuos
durante o seu percorrido, promovendo activamente a conciencia ambiental.
Hoxe todo o alumnado de primaria visitamos o
monasterio de Santa Catalina de Montefaro, único BIC (Ben de Interese Cultural dende o
2000) da península de Bezoucos e un lugar cheo de historia e beleza.
Foi un día moi especial no que puxemos o
broche final ao proxecto “Danzando non tempo”. Alí contamos coa granaxuda de Celsa e os amigos da Asociación do
Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro que de maneira desinteresada nos
acompañaron durante toda a mañá.
Durante a visita guiada, faláronnos dahistoria do mosteiro e visitamos o claustro,
o comedor, a cociña e o pequeno centro de interpretación e museo onde puidemos
ver algunhas das pezas que se conservan. Impresionounos o claustro e a capela. O
comedor e a recen restaurada cociña coa súa gran cheminea, tamén nos pareceu
moi interesante.
Outra das actividades que fixemos foi a de
repoboar algunhas partes do precioso xardín que rodea o mosteiro. Plantamos
buxo nas zonas onde desaparecera parte da vexetación, así que collemos as
macetas co buxo e transplantámolo no lugar adecuado do xardín. Foi unha
actividade moi gratificante e relaxante que nos fixo sentir parte da natureza.
Logo chegou o momento lúdico. Participamos en
varios xogos romanos moi divertidos. Foi moi interesante aprender sobre a
historia e a cultura dunha época tan influente e fascinante.
Tamén fomos ata as antigas baterías militares
da Bailadora, situadas nun enclave estratéxico sobre a ría de Ares. Desde alí
pódese gozar dunhas vistas espectaculares do mar e da paisaxe. Percorremos os
diferentes emprazamentos dos canóns e as casamatas, onde se gardaba a munición.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu coñecer mellor a
historia e o patrimonio desta zona.
En definitiva, foi unha excursión moi completa
e variada, que combinou o lecer coa aprendizaxe e a conciencia ecolóxica. Pasámolo
moi ben e seguro que para o próximo curso repetiremos a experiencia.
Este luns, 19 de xuño, o alumnado de 1° e 2° foide excursión de fin de curso aAldea Nova. Alí tiñan unha misión que
cumplir...encontrar un tesouroque leva
anos sen aparecer!Estesnenos e nenas son uns buscadores moi bos e a
pesares da choiva que non nos abandonou ... gozamos dunha mañá cheade sorpresas.
Os que xa temos
unha certa idade recordaremos a famosa escena da película Big na que Tom Hanks
e Robert Loggia tocaban un piano de chan. O alumnado de 4º de ESO traballou, na
materia de Tecnoloxía e durante o segundo trimestre, o bloque de “Control e robótica”,
polo que se lles propuxo, de forma voluntaria, a elaboración do seguinte
proxecto: “Por que non construír un piano para poder tocar cos pés?”. E un
pequeno número de rapaces e rapazas aceptaron o reto de boa gana.
Ao longo de,
practicamente, todas as tardes dos venres dos meses de marzo, abril e maio,
Lucas, Ángel, Dani Varela, Leo, Hugo, Sara, Tania e David acudiron ao centro
para proceder á súa construción. Mediron, trazaron, cortaron, pintaron,
soldaron e programaron. Taméncomprobaron o seu correcto funcionamento, buscando solución a todos
aqueles problemas que foron xurdindo.
Unha vez
comprobado que todo funcionaba correctamente, chegou a hora de dar a coñecer o
proxecto ao resto da comunidade educativa. Os primeiros que tiveron a
oportunidade de velo e tocalo foron os nenos e nenas de infantil do centro
escolar.
Mais non quedou
aí a cousa, xa que tamén acudiron a outros centros da comarca, como o CEIP A
Magdalena das Pontes, o CEIP Unión Mugardesa e o IES de Mugardos, estes últimos
do concello veciño, para mostrar o seu produto final e explicar como se
sentiron e o que aprenderon á hora de realizar este proxecto.
E sería inxusto
esquecernos da axuda inestimable de Aritz Uribarri (4º ESO) e Antonio Otero (2º
ESO), quenes aportaron os seus coñecementos musicais para tocar, xunto cos
demais compañeiros e compañeiras, distintas cancións.
Como profesor de
Tecnoloxía quixera dar as GRAZAS e os PARABÉNS a todos os rapaces e rapazas que
se involucraron neste proxecto, polo boa acollida do mesmo, pola súa boa
actitude, polo seu compromiso e polo gran traballo realizado!
O alumnado de 3º de ESO realizaron
unha recollida de lixo na contorna do colexio e na Praia de Ares, un xesto contra
o Cambio Climático que debería facernos reflexionarsobrecomo debemos xestionar os nosos residuos adecuadamente.
Queremos lembrar
máis que nunca a importancia de coidar o noso planeta e difundir a mensaxe
entre a sociedade para que entre todos consigamos crear un mundo mellor e máis
sostible.
O alumnado de 3º de ESO elaborou un traballo de investigación sobre a nosa historia máis recente, entrevistando a familiares e veciños, mestres de cultura e vida, que aportaron as súas testemuñas e vivencias sobre a posguerra. Toda unha oportunidade para descubrir a historia viva máis recente da man dos que a viviron ou a escoitaron.
A maioría dos traballos centráronse na historia da fuxida de Ares do bou Ramón.
O alumnado, grazas á Asociación Cultural da Memoria Histórica Democrática tivo a oportunidade de gozar no propio centro educativo dunha visita guiada á exposición fotográfica A fuxida do bou Ramón. Así se achegaron a toda unha historia de sacrificios e solidariedade na que 27 republicanos, buscando a liberdade, conseguiron partir de Ares no bou “Ramón” o 20 de xullo de 1929 e chegar a Francia.
A asociación da vila de Ares “Amigos de Santa
Catalina”, coa que levamos anos colaborando no mantemento da contorna do
Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro,
ven de agasallarnos cun reloxo solar vertical para colocalo na parede exterior
do noso centro escolar. A súa presidenta, Celsa Formoso, foi a impulsora deste
proxecto tras a formación do profesorado hai 3 anos grazas á colaboración
desinteresada de Lorenzo Capllonch Blanco.
OBXECTIVOS
·Reflexionar sobre o concepto do
tempo e sobre como poder medilo.
·Comprender que hai moito tempo, a
xente usaba diversos instrumentos para medir o tempo.
·Descubrir que antigamente era
moito máis difícil que na actualidade saber que hora era con exactitude.
·Comprender, analizar e realizar a
lectura dun reloxo solar.
·Formar ao alumnado de 1º e 2º de
Primaria na comprensión do reloxo solar con xogos de orientación por parte da
mestra de educación física e análise das sombras por parte do alumnado de
Tecnoloxía de 2º de ESO.
PROPOSTA NA MATERIA DE TECNOLOXÍA AO
ALUMNADO DE 2º DE ESO B
·Analizar co alumnado de 2º de ESO
o funcionamento do reloxo solar.
·Construción dun reloxo solar.
·Análise do funcionamento.
·Busca de información.
·Conceptos: latitude, lonxitude,
coordenadas xeográficas, gnomon, orientación, puntos cardinais, equinocios.
·Localizar as coordenadas
xeográficas do centro educativo.
·Investigar coas sombras a posición
do sol: Puntos cardinais, variación co tempo.
·Explicación por parte do alumnado
de ESO ao alumnado de 1º e 2º de Primaria o funcionamento do reloxo solar.