No CPI As Mirandas de Ares organizamos este xoves
a oitava edición da carreira quilómetros de solidariedade. Unha xornada na que
o tempo deunos unha tregua para poder desenvolver a carreira e na que no transcurso
da mesma, gardouse un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista da
profesora Laura Luelmo.
Un ano máis, a nosa
querida atleta Paula Mayobre,xa madriña de oficio, acompañounos durante toda
a xornada. Desde o noso centro queremos
amosar o noso agradecemento a todo o alumnado, pais, nais e profesores pola
participación e implicación na carreira solidaria así como agradecer aGADIS,DeportesMARVI, La Frutería de Mari,
Floristería REAL, e ao Concello de Ares a súa inestimable colaboración.
Hoxe fixemos entrega das doazóns feitas na Campaña Operación Quilo 2018.
Grazas a todos e todas, familias, alumnado, profesorado e comunidade educativa en xeral pola vosa aportación e apoio na Campaña de recollida de alimentos para axudar ás institucións de “Cáritas” e “Cociña Económica”.
A pasada semana
finalizaban no noso centro as I Xornadas de Primeiros Auxilios e RCP na Aula
con actividades dirixidas a toda a comunidade educativa. Ao longo da semana
realizáronse actividades de formación para o alumnado, obradoiros para o
profesorado e charlas para as familias, todas elas impartidas por persoal
sanitario e profesorado do centro.
Organizadas
conxuntamente polo equipo directivo e o departamento de Educación Física, a
finalidade destas xornadas é a de adquirir os coñecementos básicos para actuar
ante situacións de emerxencia que se podan traducir tanto no ámbito educativo
coma extraescolar.
Este curso o noso centro está
inscrito no Concurso PILABOT, para fomentar a recollida de
pilas e acumuladores portátiles entre toda a Comunidade Educativa. Así alumnado
de 3º e 1º de ESO estiveron a facer Campaña de Sensibilización en todos os
cursos co propósito de concienciar e fomentar a reciclaxe. Todos os nenos e nenas
recibiron información sobre a campaña e levaron para a súa casa unha pequena caixa contedora para
recoller as pilas e acumuladores usados. Animamos a todos a colaborar coa reciclaxe xa que necesítase a colaboración de toda a sociedade.
Para que as túas pilas usadas poidan ser
recicladas, é preciso:
Realizar unha recollida selectiva dentro do fogar,
apartando as pilas do resto de residuos.
Levar as pilas usadas a un contedor especial que
podemos atopar no noso centro educativo, centros públicos como o Concello, comercios ou puntos limpos.
O QUE NON DEBEMOS FACER Nunca debemos tirar as pilas usadas co resto do lixo
ou, o que é aínda peor, arroxalas sen control.
Neste enlace http://pilabot.gal/recicla-con-enerxia/podedes informarvos de cousas moi interesantes sobre: que é unha pila,como funciona,que facer coas pilas usadas, en que consiste o proceso de reciclaxe e moitas cousas máis.
Aquí vemos aos alumnos e alumas de 1º e 3º de ESO facendo a Campaña de Sensibilización.
O xoves 29 de novembro, o
alumnado de 4º de ESO acudiu ao V Campionato Galego de
Formación Profesional Galiciaskills 2018 en Silleda, no recinto Feira
Internacional de Galicia Abanca, organizado pola Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa. Esta actividade ten como
finalidade darlle unha maior proxección e difusión á formación
profesional que se imparte na nosa Comunidade Autónoma.O evento convértese
así nun valioso instrumento divulgativo da Formación Profesional e un medio
para estimular ao alumnado, ao profesorado e as empresas. Supón tamén unha
plataforma inigualable de intercambio e foro de debate sobre a evolución dos
estándares profesionais, a calidade e a innovación nos diferentes sectores
produtivos.
Cinco dos nosos alumn@s de 4º e 3º deESO, Marta, Pablo, Martín, Jéssica e Lucas
teñen a sorte de viaxar 10 días a Croacia con Romy, a nosa auxiliar de conversa.
Unha unha viaxe na que poderán ademais de mellorar o seu inglés, compartir
experiencias con rapaces e rapazas de outros países para desenvolver un
PROXECTO DE INTERCAMBIO DE XENTE NOVA co Nome: “Let Me Think About It” , co
obxectivo principal de espertar a conciencia do pensamento crítico na sociedade
actual.
Esperemos que á volta da viaxe nos conten todo o vivido nesa
gran experiencia!!!.
Se te estás preguntando
que están a facer os nosos mozos e mozas nos últimos 2 días no intercambio de
mozos " Ecoactive" de Erasmus+ en Croacia, non deixes de ver este pequeno
resumo.
O venres 23 de novembro no salón de actos da Biblioteca do Concelloforon entregados os diplomas e premios do II
Concurso de fotografía xuvenil Concello de Ares, imaxes que ilustrarán o
calendario municipal do 2019.
Moitas grazas a todos e todas as participantes, ao cole por
colaborar e fomentar a participación e ao xurado que non o tivo nada fácil (
Manuel Pueyo, Anxo Fernández e Mila Campos)
Esta semana para conmemorar o
Día Internacional dos Dereitos da Infancia os alumnos e alumnas de 4º e 3º de
ESO realizaron unha actividade de contacontos para o alumnado de primaria.
A través do conto “Na procura
dun mundo marabilloso”, ilustrado pola nosa ex-alumna Ana Martínez
Fernández,descubrimos á importancia que
ten que todos os nenos e nenas do mundo teñan dereitos que garantan o seu
crecemento tanto físico como psíquico; dereitos tan básicos como a educación, a
sanidade, a igualdade de oportunidades...e que, en moitos lugares do mundo, non
se cumpren.
Trala sesión os nenos e nenas
participaron nun pasapalabra no que demostraron que estiveron moi atentos ao
conto e ás explicacións dos rapaces e rapazas da ESO.
Ao rematar o acto, todos foron
agasallados cun marcapáxinas, realizado polos mozos e mozas da ESO, no que
estaban reflectidos os dereitos dos nenos e nenas.
Grazas a todos pola vosa
participación!!!
Esta é unha proposta do Equipo
de Dinamización Lingüística, o Departamento de Relixión e a Biblioteca Escolar.
Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de
Xénero que se celebra o 25 de novembro, o alumnado dos centros escolares CPI
As Mirandas de Arese CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un
vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral, sobre esta data.
Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas iniciativas que
suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita
contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que
tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas
baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da
igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.
O xoves 8 de novembro tivemos un obradoiro musical a cargo
de Laura Morgade e os seus alumnos/as da escola de música. Durante toda a mañá
os nenos e nenas de infantil e primaria poideron gozar coas interpretacións, tanto musicais como coreográficas, destes pequenos que están a aprender e
descubrir ese linguaxe universal que é a música. A continuación tedes un pequeno vídeo da xornada e máis abaixo o
programa do acto e as pezas que os nenos e nenas interpretaron.
A MÚSICA
É UNHA LINGUAXE UNIVERSAL
I. Desde o estético-expresivo nos nen@s
cara a interpretación musical.
1.Cantos infantís en tres idiomas, coa participación dos
máis pequenos de tres a cinco anos.
En
Inglés: con Mely
En
francés: con Laura
Sensibilizando
aos alumn@s de cara a que en linguas úsase
acompañamento ao piano.
2.Xogos musicais "os sons ou voces
graves e agudos"
3.Conto: "Ao país do ritmo" para
entender mellor as figuras das notas musicais e como se inventaron as primeiras
melodías.
4.Pequenas variacións de Mozart interpretadas
ao piano por Laura e acompañadas por Mely.
II. 1º a 6º de Primaria
Os
valores da amizade
Acompañamento
ao piano por Laura presentando a Escola de música e recibindo aos profesores ealumnos:
Nocturno
de Chopin (da película “El pianista) y "Murmures".
1.Canto
"Toy story" en tres idiomas con sinxelas coreografías e acompañamento
ao piano, por Laura.
2.Conto
musical "O principiño" de Antoine deSt Exupéry, o capítulo sobre os valores da amizade.
Acompañamento
ao piano polos alumn@s da escola de música de Laura. Pequenas coreografías.
3.Obras
interpretadas ao piano, polos alumnos da escola de música.
Poñemos á vosa disposición as bases do II Certame de Narración Histórica do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela. O obxectivo deste exitoso concurso de relatos é recrear a historia e intrahistoria de Galicia a partir da investigación sobre sucesos, personaxes ?reais ou lendarios-, datas, monumentos? que foron determinantes no devir histórico da nosa comunidade desde a antigüidade ata o s. XX. A convocatoria está aberta ao alumnado de 5.º e 6.º de EP e de 1.º e 2.º de ESO de todos os centros educativos galegos.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publicou onte, 30 de outubro, a convocatoria do Concurso-Exposición sobre Antón Fraguas Fraguas, o autor escollido pola RAG para celebrar o Día das Letras Galegas do ano 2019. O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2019. O profesorado participante neste concurso recibirá unha certificación de premio de innovación educativa (20 horas de formación permanente para o profesorado e 30 para o coordinador ou coordinadora).
Hoxe tivemos o luxo de poder actuar con SES na Gala de
entrega dos premios “ Cantamos coas Mans”, organizados pola FAXPG (Federación
da Asociación de Persoas Xordas de Galicia). Un acto moi emotivo sobre todo
polo que significa, que estas rapazas e rapaces poidan transmitir e comunicarse
na lingua de signos. Como be dixo o presidente
da FAXPG, non só existe o galego, español ou inglés, e si todos aprenderamos un
pouquiño sería máis doado para o colectivo de persoas xordas a comunicación con
todos. Parabéns a todos os coles participantes e aos seus profes e intérpretes
de lingua de signos pola labor que están a facer non só coas persoas xordas
senón coas que non o son. En especial a nosa querida Luisa Lombardero pola
inestimable implicación a prol da inclusión no noso cole.
Hoxe os nosos ex-alumn@s Álvaro, Verónica
e Ndeye Ata estiveron no noso cole presentando oproxecto “Club Xove”, unha iniciativa que
partíu destes rapaces despois de que participaran no Erasmus + xuvenil , un proxecto
financiado pola Unión Europea e que os levou a Croacia e Lituania onde puideron
aprender e traballar, xunto con mozos doutros países,a intelixencia emocional, a motivación, a empatía, o liderado, o voluntariado e todo o relacionado coas habilidades sociais, e que
transmitiron impecablemente aos rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO.
Tamén explicaron de qué forma
todos os alí presentes podían solicitar, acceder e sumarse a estes proxectos
europeos que, en palabras de Verónica, resúmese principalmente en ter
MOTIVACIÓN.
E precisamente, esa motivación, é a
que os levou a presentareste proxecto
de creación dun “Club Xove” para todos os rapaces e rapazas de Ares e contorna,
proxecto no que colabora o Concello de Ares. A través del, todos os mozos/as poderán aprender sobre educación non
formal, voluntariado, intelixencia emocional e optar a oportunidades educativas
na UE, ademais doutras moitas actividades que se realizarán.
Moitas grazas aos tres por esta
magnífica iniciativa e animamos a todosos mozos/as que teñades entre 13 e 18 anos a sumarvos ao Club Xove.
Tedes á vosa disposición unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de educación primaria que ten como finalidade divulgar a figura de Antón Fraguas Fraguas, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias, acaba de presentar unha unidade didáctica sobre Domingo Fontán. Será moi útil para dar a coñecer a figura deste matemático e científico galego e comprender a importancia da súa obra, na que destaca a Carta Xeométrica de Galicia.
Onte, día 10 de
outubro conmemorouse o día da Saúde Mental e hoxe, xoves 11 outubro, no noso
centro, realizamos unha actividade coa finalidade de visibilizar,
normalizar e favorecer a inclusión activa das persoas que padecen enfermidades
mentais. Poñernos no seu lugar, favorecendo o desenvolvemento da empatía,
consideramos que é a mellor maneira de comprender os problemas que carrexan a
ampla variedade detrastornos mentais.
A actividade
consistíu na participación do alumnado de 1º e 2º de ESO nunha xincana,
composta por seis actividades de xogos populares, coa finalidade de coñecer de
cerca as características, comportamentos e situacións que viven diariamente a
persoas con problemas de saúde mental.
O obxectivo
desta actividade vai dirixido a combater a discriminación por medio da
inclusión activa, utilizando actividades lúdicas que permitan romper cos
estereotipos, falsos mitos eetiquetas
existentes sobre as persoas que presentan problemas de saúde mental. Ademais
favorecerase o desenvolvemento da autonomía, do compañeirismo, da cooperación
e da empatía, creandointerese e
resolvendo dúbidas que poidan xurdir no alumnado adolescente.
O título da temática deste ano no Día da Ciencia en Galego vai ser A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo. A UE declarou o ano 2018 como o Ano do Patrimonio Cultural Europeo e nos os celebramos así.
Hoxe realizamos
unha saída pola nosa vila para plasmar coas nosas cámaras e dispositivos móbiles
algúns espazos da nosa contorna. En breve daremos máis datos sobre este
proxecto que terá como produto final unha estupenda exposición fotográfica.
Desde aquí queremos invitar a todo o alumnado a que siga quitando e aportando
fotografías de todos os lugares do noso concello: Ares, Redes, Lubre, Cervás,
Chanteiro.... Temos moito que amosar en
todos os ámbitos e a vosa perspectiva é fundamental.
Recordade tamén que o prazo para presentar as vosas fotografías
ao II Concurso de Fotografía Xuvenil que organiza o noso concello remata o 31
de outubro.
Aquí deixamos un pequeno video do noso percorrido fotográfico de hoxe por
Ares.
O
Concello de Ares a través da súa concellería de cultura e da OMIX de Ares organiza
o
II Concurso de Fotografía Xuvenil do noso concello, do que
sairán as fotografías que se
incorporarán ao calendario municipal do ano 2019 que se distribúe entre toda a
veciñanza e comarca.
O
obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a utilizar a nosa contorna como
contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, despertanto a
capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas
historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento como memoria
colectiva desta vila. En concreto, invítase a fotografiar espazos, lugares,
obxectos, actos e situacións da nosa contorna que consideren parte da súa
identidade.
Quen pode participar?: Xente nova de 8 a 18 anos empadroada en Ares.
Cómo participar?:
Poderanse enviar un máximo de dúas fotografías en
formato dixital e sen retocar ao enderezo electrónico:concursofotografia@concellodeares.com.
Xunto ás fotografías remitirase o formulario de solicitude de participación e
de identificación das fotografías cubertos, asinados e escaneados.
Prazo de entrega:Dende
o1 de outubro ata o 31 de outubro ás
19:30h ( ambos inclusive)
Premios:
a.- As fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario do
Concello para o ano 2019 que se reparte por todo o municipio, identificando aos
autores daquelas.
b.- Categoría A : 50 € Categoría B : lote de libros
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!
De
tódolos xeitos aquí deixamos as bases completas do concurso.
Nun acto conxunto
o alumnado do noso centro rematou o curso escolar coa entrega de diplomas e
agasallos por todas as actividades feitas ao longo do curso: O Preguntón,
Premios da Semana Problemática de matemáticas, axedrez, Concurso ComunicaTedu,
Concurso de lingua de signos “cantando coas mans”, premios da biblioteca,
diplomas de economía….
Para finalizar rematamos cunha
fermosa coreografía realizada polas alumnas de 1º de ESO.
Agora chega o
momento de descansar e gozar dun merecido descanso.
Parabéns a todos e
todas por todo o traballo realizado durante este curso escolar.
Hoxe nun emotivo acto, entre melancólico e
alborozado, despedimos aos nosos alumnos e alumnas de 4º de ESO. Unha
mestura de satisfacción polo deber cumprido, por uns e por outros, e de
tristeza polo que supón de despedida entrañable tras tantos anos de convivencia
como membros do CPI As Mirandas. Rapazas e rapaces que pasaron a meirande partes das
súas vidas compartindo aula, compañeiros, profesores e cargados de centos de
recordos.
Desexámoslles a tod@s moita sorte
nesta nova etapa que comezan e xa sabedes…aquí teredes sempre a vosa
casa.
Parabéns!!!!, o noso cole foi, por segundo ano
consecutivo, gañador do Concurso de Cancións en LSE “Cantamos coas máns” que
convoca a FAXPG, co vídeo realizado polos alumn@s do cole e dirixido pola nosa
intérprete de língua de signos Luísa Lombardero.
En hora boa aos rapaces e a Luísa por todo o
traballo e por tan merecido premio. Ata a mesmísima SES compartíu no seu
Facebook o impresionada que quedou ante tanta fermosura. Como dixo alguén nun
dos numerosos comentarios que colgaron nas redes:
Queda un sen palabras
ante tanta fermosura.Parabéns a tan loábel iniciativa, amosades a esencia máis
nobre da condición humana.Xa é hora de igualar os dereitos lingúísticos das
persoas xordas, e con este tipo de INICIATIVAS axudades a visualizar a problemática
de moita xente.Fantástico, xenial...Tempestades de sal adquire unha nova
dimensión, xa de por si é enormemente bela, mais dende hoxe agranda o seu
horizonte.
Hoxe, 14 de xuño, celebrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, e dende o CPI As Mirandas queremos recordar este día mediante a publicación dunha canción de Sés “Tempestades de Sal” en Lingua de Signos Española. Ao longo do vídeo facemos un rápido percorrido histórico sobre as principais figuras e acontecementos que influíron e determinaron a educación das persoas xordas dende o século XVI ata a actualidade.
Como veredes aparecen dende mestres como Fray Pedro Ponce de León que establecerá o primeiro método de ensinanza para xordos, educando a fillos de nobres para que demostrasen capacidades intelectuais, e así poder obter permisos para herdar e facer testamento, que naquela época non lles eran concedidos debido a súa discapacidade auditiva; ata Juan Luis Marroquín que no século XX converteríase no verdadeiro fundador do movemento asociativo xordo de España, e creador do que hoxe é a CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas).
Neste vídeo quixemos comezar a nosa andadura no ano 1880, data na que se celebra un Congreso en Milán, que vai a marcar un antes e un despois na Historia da Comunidade Xorda. Ata entón a Lingua de Signos era considerada a lingua natural das persoas xordas, mais neste Congreso acordárase prohibir o uso da mesma, impoñéndose así a posición oralista no eido educativo. Nas escolas non se permitirá a utilización dos signos, xa que se consideraban inadecuados para a consecución dos obxectivos educativos trazados nesa época.
Realmente, invitámosvos a indagar un pouco máis nas resolucións de dito Congreso no que participaron soamente mestres oíntes (aos xordos permitíanlles asistir pero non votar). Poderíamos dicir que foron os anos escuros da Lingua de Signos na educación das persoas xordas.
Con todo, grazas a súa loita constante, as persoas xordas conseguiron manter a súa lingua durante moitas décadas a través da súa unidade manifestada no movemento asociativo.
Tentamos tamén a través deste vídeo, reiterar a loita constante da Comunidade Xorda signante sobre algúns termos que adoitan empregarse de forma errónea como xordomudo ou mudo; a forma correcta de dirixirse a unha persoa xorda é empregando a palabra xordo/a; tamén adoita ser común ver o uso do termo linguaxe no lugar de lingua, moitas veces por unha transliteración do inglés. O idioma que empregan as persoas xordas é a Lingua de Signos; en España atopamos como oficiais dende o ano 2007, a Lingua de Signos Española e a Lingua de Signos.
Xa para rematar queremos agradecer a colaboración do Concello de Ares e de Secundino, grazas ao cal descubrimos a Escola de Guitriz, que situada nun enclave digno de visitar, recrea unha escola rural de mediados do século XX. E por suposto, un agradecemento especial aos rapaces que unha vez máis coa mesma ilusión, esforzo e compromiso, conseguiron que traballar con eles sexa un auténtico pracer, ademais de moi doado e enriquecedor. Así grazas a Hugo, Valeria, Marta, Candela, Jimena, Claudia, Clara, Habte, Noa, Laura e Khadija.
Este ano o noso centro participou por primeira vez no concurso ComunicaTedu
ao ser seleccionado o noso proxecto. O grupo de 3º ESO gañou o primeiro
premio!. Este concurso pretende
afondar na competencia en comunicación lingüística. En concreto na
competenciaoral activa a través do
discurso oral. A iniciativa propón chegar a competencia desde metodoloxías
innovadoras e desde unha perspectiva ética e crítica a través de temáticas que
poidan espertar o interese do alumnado. Ademais pretende que se consiga esta
competencia desde unha abordaxe que integre as metodoloxías activas e o
traballo por proxectos, para conseguir a competencia en contextos comunicativos
reais.O tema desta edición foi "A
alimentación como hábito de vida saudable".O que fixeron todos os rapaces de 3º e os de
4º de Bioloxía e Xeoloxía foi elaborar un ensaio expositivo argumentativo,memorizalo e posteriormente gravalo en toma
única. A nosa compañeira Yoli prestou os seus medios e presencia para a
gravación.Todos os rapaces foron
avaliados de dous xeitos: os textos avaliaronse coa rúbrica conxunta dos
departamentos de Lingua Galega e de Bioloxía-Xeoloxía, presentada ao concurso,
mentres que a exposición oral avaliouse coa rúbrica cedida pola consellería.
O proxecto desenvolveuse en catro semanas durante
19 sesións nas materias de Lingua Galega, Bioloxía e Xeoloxía, e coa cesión de
catro sesións de Titoría nos niveis de 3º e 4º da ESO coa participación de todo
o alumnado matriculado nestes dous niveis.Os profesores participantes foron: Mª Jesús Mourazos, coordinadora,
profesora de Bioloxía-Xeoloxía e Mª Luísa Corredoira, profesora de Lingua Galega
de 3º ESO. Tamén tivo uha pequena parte de colaboración Anxo X. Rajó, profesor de
Lingua Galega de 4º da ESO. As titoras Mª do Rocío Pena, Mª Jesús Mourazos,
Vicenta de la Fuente e Eva Chans, e o resto dos compañeiros participaron á hora
de ceder as súas horas lectivas.
Preséntáronse tres grupos: Un de 3º de ESO, coa participación de 2 rapazas
e un rapaz, e dous de 4º de ESO, coa participación en cada grupo de 2 rapazas e
un rapaz. A continuación móstranse os rapaces participantes, os títulos dos
seus traballos e a ligazón aos seus vídeos.
Grupo 1 - Uxía Mesías,
Sergio Pena e Sofía Cao (3º E.S.O.)
Non
podemos estar máis que satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o
traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como
resultado a II Feira “Dende Ares cara ao mar”.
Parabéns
a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e
secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis
maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha
gran labor en cada un dos stands representados; aos alumn@sda materia de economía pola realización dese
estupendo mapa guía e os roteiros pola vila tan ben guiados e explicados; ao
grupiño de músicos que nos acompañou durante toda a xornada- xodes uns cracks-,
a Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra por eses obradoiros de
robótica- unha delicia para os nenos e nenas, e que ben o pasaron-,as asociacións deportivas de Ares (clube de
remo, a Asociación cultural e deportiva SCUBA, a Windsuf zona norte), á
concellería de turismo, a Manolo Cainzos por ensinarnos a facer nós mariñeiors
e coser rede, a Suso Fariña polas fotografías da exposición, aos nosos amigos
de Ares por deixarnos a Rizona, ese barquiño tan chulo que centralizou a nosa
peculiar muiñeira global,a Dani Magariños por esa mostra de aparellos
mariñeiros, aos que que organizaron o stand de Unha cura para Adri e a todas os
comercios locais que colaboraron desinteresadamente aportando o seu gran de
area para o sorteo dos premios.
E
por suposto ás autoridades que nos acompañaron na inauguración da feira e ao
longo da xornada: o Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo, o inspector de
educación Manuel Trigás,a José Antonio
Sordo do CFR de Ferrol, ao noso alcalde Julio Iglesias, e ao resto de
concelleiros da nosa vila. Grazas tamén aos representantes das asociacións ANPA
e Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado do
CPI As Mirandas
por promover e apoiar todas as iniciativas que
se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias e veciños que
hoxe nos acompañaron nesta xornada.
Nas
seguintes fotos tedes unha pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na
páxina web do centro o vídeo resumo da II Feira dende Ares cara ao mar.
Grazas
a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.