Mostrando entradas con la etiqueta RETO BIG DATA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RETO BIG DATA. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de abril de 2020

PARABÉNS AO ALUMNADO DE 4º DE ESO E AS SÚAS PROFESORAS DE MATEMÁTICAS


RETO BIGDATA, a oportunidade de participar nun Datatón e viaxar a Silicon Valley.
A comunidade educativa do CPI As Mirandas de Ares quere transmitir os seus parabéns aos dous equipos de alumnado de 4º de ESO e a súas profesoras de matemáticas, Mª Belén Morón e Cristina Sande finalistas do Reto BIG DATA organizado pola Obra Social de La Caixa.
Dous grupos formados por 8 alumnos de 4º da ESO do CPI As Mirandas, están entre os finalistas nacionais do Reto Big Data: a intelixencia dos datos, un programa realizado pola Obra Social de "La Caixa" para contribuír ao desenvolvemento da capacidade dixital do alumnado e promover unha actitude crítica e realista cara as tecnoloxías.
O reto desta edición foi redactar unha noticia que, baseada na análise de datos concretos,  desenvolvera un enfoque e reflexionara sobre cómo avanzar na consecución do 12º Obxectivo de Desarrollo Sostible relacionado co consumo e a produción sostibles.
Con dúas novas, desenvolvidas ó redor do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible “Consumo e Producción Sostible”: "Cociñar para tirar" e “Desfeitos electrónicos: o noso futuro en xogo” describen como a tecnoloxía e o Big Data poden axudar a lograr uns hábitos de consumo máis sostible.
En Galicia foron seleccionados tres centros finalistas, o noso centro por partida dobre, xa que foron finalistas os dous proxectos dirixidos polas nosas compañeiras Belén Morón e Cristina Sande (profesoras de matemáticas).
Debido ao estado de alarma e seguindo as recomendacións gubernamentais cancelouse a actividade presencial(participación nun Datatón en Barcelona e a Viaxe formativa a Silicon Valley) pero no vindeiro mes de maio participarán nun Datatón (resolver un reto partindo da análise e o tratamento de datos coa axuda de profesionais deste ámbito coa oportunidade de reunirse cos xóvenes doutras cidades e colexios desenvolvendo as súas competencias dixitais nun entorno divertido e diferente), que debido ás circunstancias será nun formato Campus Virtual, pero que sen dúbida aproveitarán e disfrutarán.

 Noraboa de novo ás alumnas: Salma, María, Irune, Paula, Yaiza, Clara e Carolina, e ao alumno Lucas e ás profesoras Belén Morón e Cristina Sande que lideraron o proxecto.