Mostrando entradas con la etiqueta Entroido 2019. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido 2019. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de marzo de 2019

ENTROIDO NO CPI AS MIRANDAS

Un ano máis o Entroido vestiuse coa cor do noso proxecto de centro  “ Ares arredor de si” en todas as súas vertentes e posibilidades. Así desfilaron polas nosas rúas indianos, remeiros, flores de todas clases e cores imprescindibles para as nosas alfombras florais, rondallistas acompañados dunha peculiar madriña...Un percorrido cheo de cor e fantasía que rematamos con doces típicos e lambetadas.
Agora a gozar destas mini vacacións  e... que viva o entroido!!!

            

lunes, 25 de febrero de 2019

NICA E BONI. O ENTROIDO DE CERVÁS E CHANTEIRO

Esta semana contamos coa colaboración de Manolo Rodríguez Doval. Con el viñan Nicasia e Bonifacio, dous bonecos articulados que polos anos 50 e 60 animaban as celebracións do entroido en Cervás e Chanteiro. Xa hai máis de dez anos que un grupo de veciños recuperaron esta tradición, dándolle unha nova vida a estas dúas personaxes. O alumnado de EI puido coñecer da man de Manolo a Nica e Boni e a súa historia: como eran, como foi a sua restauración e como son neste momento. Un relato que espertou a súa curiosidade. 
Para rematar, agasallounos cunhas coplas adicadas ao entroido.

 Parabéns Manolo, e moitas grazas!








martes, 19 de febrero de 2019

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO

Como pasa o tempo,parece que foi onte cando estabamos a comer turrón e xa vedes...o Entroido xa está aquí. Trocamos os doces de nadal polas filloas, as orellas, o lacón con grelos...
Queredes saber máis sobre o Entroido en Galicia?, pois premede na seguinte imaxe e os vosos amigos os  Bolechas achegaranvos aos diversos entroidos e tradicións  de forma divertida e poñendo a proba os teus coñecementos.

https://osbolechas.gal/entroido/

Aquí tedes tamén unha estupenda Unidade Didáctica sobre o entroido.
Unidade didactica entroido de Yolanda Castro


Tamén podedes pasar pola biblioteca e  ver as nosas recomendacións sobre o Entroido.