lunes, 31 de mayo de 2021

CHARLA DE ANXO RAJÓ SOBRE XELA ARIAS

Hoxe tivemos a presenza no noso centro do profesor e escritor Anxo Rajó, que tivemos a sorte de ter como docente no noso cole fai tres anos. Anxo presentou o libro que escribiu sobre Xela Arias  e achegou á rapazada unha visión máis íntima da vida da autora.

Grazas Anxo pola tarde de hoxe!.







CARREIRA SOLIDARIA EN INFANTIL E PRIMARIA

Se a semana pasada  o alumnado de ESO realizaba a xa tradicional Carreira Solidaria,  esta semana tocoulle aos nenos  e nenas de Infantil e Primaria.

Por mor das restricións o alumnado de primaria baixou á praia para non xuntar aos grupos burbulla e acortar a distancia para non afogar coa mascara!  A carreira fíxose ao aire libre nun día espectacular, e fixemos moitos xogos! Pasámolo moi ben, como se pode ver no vídeo que está abaixo.

Os nenos e nenas de Infantil realizaron a súa carreira no patio do  recreo e tamén gozaron un montón!!

Grazas de novo a todos e todas pola vosa solidariedade. Para o ano máis e mellor!!!

CARREIRA  PRIMARIA




CARREIRA  INFANTIL

viernes, 21 de mayo de 2021

CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE NO CPI AS MIRANDAS

Un ano máis celebramos a Carreira Quilómetros de Solidariedade no noso centro. Este ano, por mor das restricións debidas a pandemia,  non puidemos facer o percorrido pola nosa vila como en anos anteriores, pero iso non foi motivo para que hoxe o noso cole se volvese a transformar na festa da solidariedade. Alumnado e profes correron por todos os nenos e nenas que non teñen a mesma sorte que nós e que merecen unhas condicións mellores de vida, sobre todo neste tempo que estamos a vivir.

Grazas a todxs pola vosa solidariedade e implicación e a Paula Mayobre, a nosa madriña da carreira, polo acompañamento nestes 10 anos de Carreiras Solidarias.

Grazas tamén a Deportes MARVI pola doazón das medallas da carreira.

Para o ano, máis e mellor!!!

miércoles, 19 de mayo de 2021

OS NOSOS PROGRAMAS DE RADIO. ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Despois de poñer en práctica todo o investigado e aprendido no obradoiro de radio no que elaboramos as nosas propias reportaxes radiofónicas, convidamos a todxs a coñecer os temas sobre os que traballamos (feminismo, medio ambiente, racismo, etc.) e tomar partido.

Desde aquí queremos dar as grazas a Javier Cristobo, Paula Mayobre, Conchi Ramil, Jon Rodríguez, Cristina Correa, Celsa Formoso  e Juan Carlos Rey.... por atender a nosa chamada para entrevistalos  e dar a súa visión desde a perspectiva do traballo que eles realizan.

A través dos seguintes podcast podedes escoitar os programas radiofónicos do alumnado de 1º e 2º de ESO.

Aquí tedes os podcast de radio dos programas.

Programa 1 realizado polo alumnado de 2º B No programa falamos da conservación dos océanos e do ODS 14 e entrevistamos ao biólogo Javier Cristobo. Achegámonos ao colectivo LGTBI da man do activista Jon Rodríguez. Falamos de igualdade de xénero a través de fragmentos de cancións. E por último tratamos o tema do racismo nas películas e no deporte.


Programa 2 realizado polo alumnado de 1º A. Neste programa falamos de medioambiente e o efecto que as especies invasoras como o eucalipto provocan na nosa contorna e entrevistamos a Celsa Formoso, presidenta da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina. Tamén achegámonos  á labor que esta a facer o Padroado Concepción Arenal Casa de Acollida de mulleres maltratadas e en exclusión de Ferrol, e falamos coa súa vicepresidenta Conchi Ramil e por último entrevistan a Papá Omar e Khadija compañeiros do cole que veñen de outros países.

 

Programa 3 realizado polo alumnado de 1º C .Neste programa falamos de medioambiente e contaminación do mar e para elo contamos con Juan Carlos Rey, un pescador da nosa vila. Tamén tratamos o tema da igualdade de xénero no mundo do deporte con  Paula Mallobre, atleta aresana. Entrevistamos a  dous dos nosos compañeiros que chegaron a Ares de países tan distantes como China e Venezuela e por último analizamos a última enquisa da Axencia de Dereitos Fundamentais da UE sobre a visibilización do colectivo LGTBI. 


Programa 4 realizado polo alumnado de 1º B.  Neste programa falamos das cousas que facemos os humanos e que impiden o desenvolvemento e a reprodución das especies, do racismo no fútbol, da discriminación do colectivo LGTBI e de violencia de xénero.

Programa 5 realizado polo alumnado de 2º A.  Neste programa temos con nós a Cristina Correa profe do noso cole e cooperante que nos falará da súa experiencia como activista en Uganda, falaremos de microrracismos, de conciencia medio ambiental e  de igualdade co colectivo LGTBI como fondo.

2º DÍA DE GRAVACIÓNS. ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Hoxe tivemos os segundo día de gravacións dos programas de radio que estamos a facer dentro do Proxecto “Activistas polo mundo que queremos”.

A próxima semana poderedes escoitar os 5 podcast de radio realizados polxs  alumnxs de 1º e 2º de ESO. Mentres tanto unhas cantas fotos da sesión de hoxe.

viernes, 14 de mayo de 2021

OBRADOIRO DE RADIO “ Activistas polo mundo que queremos”

Hoxe seguimos co noso proxecto “Activistas polo mundo que queremos” e tivemos un obradoiro de radio impartido por Rocío e María no que os cursos de 1º  e 2º da ESO gravaron os seus programas de radio.

Pero antes da gravación, Rocío nos deu algúns consellos e técnicas para preparar e mellorar as nosas voces, así como unha mini clase sobre o que tiñamos que saber para realizar o programa.  De seguido comezamos as gravacións.

Todos os grupos tiñan preparadas as súas reportaxes que estiveron realizando durante varias semanas.  A verdade é que estes rapaces e rapazas fixeron un magnífico traballo de investigación para realizar os seus guións de radio nos que incluíron entrevistas, testemuños, estatísticas ou comentarios reflexivos. Temas como o medio ambiente,  a igualdade, os microracismos,  os dereitos do colectivo LGTBI ou o activismo en xeral foron parte dos contidos que trataron. 

Nas entrevistas que realizaron para as  reportaxes contaron coas testemuñas e aportacións de persoas como Javier Cristobo (biólogo e científico), Paula Mayobre (atleta), Cristina Correa (activista e cooperante en Uganda), Jon Rodríguez (escritor, articulista e activista LGTBI), Conchi Ramil (vicepresidenta do Padroado Concepción Arenal -Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas e Exclusión Social de Ferrol), Celsa Formoso (Presidenta da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina) ou Juan Carlos Rey (mariñeiro de Ares). A todos eles lles damos as máis efusivas grazas por atender á chamada do noso alumnado e colaborar con eles sempre que os precisan.

En breve colgaremos os podcast de radio e poderedes gozar co seu traballo.

Ata entón... un pouco de suspense!!!




jueves, 13 de mayo de 2021

GAÑADORES DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS

 Xa temos os gañadorxs do Concurso de portada de Libros.  Un magnífico traballo coma sempre. Parabéns a todas e todos!!!

ESO:

1º- Cristiam Campos

2º- Mateo Martínez

3º- Iria Filgueira

5º e 6º de E.P.:

1º -Yaiza Silvent e Claudia Mosquera

2º- Bega Fernández

3º- Luís Miguel Rañales

3º e 4º de E.P.:

1º- Roque Rodríguez

2º Gelena Aquino

3º- Jorge Pena

1º e 2º de E.P.

1º- Martina Mayobre

2º- Sabela Miguel.

3º- Mara Cartelle

Educación Infantil:

Premio a toda a aula de 6º A