Mostrando entradas con la etiqueta vIDAS MARIÑEIRAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vIDAS MARIÑEIRAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de enero de 2018

PRESENTACIÓN DAS CURTAMETRAXES DE VIDAS MARIÑEIRAS NOS CINES DUPLEX

O 21 de decembro os rapaces de 4º ESO do CPI As Mirandas, xunto cos de Pontedeume e Fene, presentaron nos cines Duplex de Ferrol as curtametraxes realizadas dentro do proxecto Vidas Mariñeiras. Un traballo feito integramente por eles coa dirección dos cineastas Marcos Flórez e Xacio Baño.

Os traballos foron realmente emocionantes e foi estupendo ver aos alumnos presentando a súa curta, dando importancia a súa obra e a todo o traballo realizado.

Grazas a todos os que vos achegáchedes á estrea: pais, nais, profes, xentiña en xeral... e ,en especial, ás protagonistas de “Marea de Mulleres”, unha curtametraxe que os rapaces quixeron adicar a todas aquelas que co seu traballo loitaron polos nosos dereitos e liberdades.






           Enlace páxina web
                                                          http://vidasmarineiras.gal/peliculas

sábado, 14 de octubre de 2017

SELECCIONADOS PARA O PROXECTO VIDAS MARIÑEIRAS


CPI As Mirandas (Ares) , O CPI A Xunqueira (Fene), o e o IES Breamo (Pontedeume) son os tres centros de ensino público cuxos proxectos audiovisuais inaugurarán o programa formativo Vidas Mariñeiras 2017, que dá comezo este mesmo mes de outubro coordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte.
En «De corazón, mariñeiro» atoparemos a Vituco, experimentado científico e submarinista que se considera a si mesmo un mariñeiro máis. Percorreremos o curso do Eume até a súa desembocadura no océano Atlántico, atentos a como as augas configuran a paisaxe e os nosos propios hábitos («Entre dúas augas: o Eume e o mar»). Haberá tempo tamén para a reflexión histórica sobre o rol das mulleres na vila mariñeira de Ares ao longo do século XX («Marea de mulleres»). Esta é unha pequena e suxerente mostra do que nos deparan os proxectos que veñen de presentar os alumnas e alumnas dos centros seleccionados para participar en Vidas Mariñeiras 2017, que entre os meses de outubro e decembro deste ano achegará ás aulas un programa de formación audiovisual que dará como resultado senllas curtametraxes realizadas polo alumnado.
O programa foi recibido con moito interese polos centros de ensino da contorna do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte, e moitos deles coordinaron grupos de alumnas e alumnos para presentar un proxecto ao concurso publicado nesta mesma web o pasado mes de setembro. Porén, nesta primeira edición os coordinadores do programa limitáronse a tres proxectos para garantir unha formación de calidade e personalizada de cada grupo participante.

O alumnado recibirá unha formación práctica e teórica básica que lle permitirá desenvolver con autonomía todas as fases de produción dun filme, desde a primeira escaleta até as correccións de cor e masterizado das pezas resultantes. Estas tres curtametraxes, ademais, poderán verse no mes de decembro nun pase aberto ao público nos Cines Duplex de Ferrol, e xa en xaneiro de 2018 na filmoteca galega, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI, A Coruña).