miércoles, 29 de septiembre de 2021

SÚBETE AO GALEGO. 1 DE OUTUBRO, "DÍA DO ORGULLO NEOFALANTE"


Dende o ano 2014 Galicia celebra o Día do Orgullo Neofalante co  obxectivo de dinamizar o uso da lingua galega entre aquelas persoas que non o falan de xeito habitual.

A conmemoración coincide, ademais, coa data do nacemento dunha das voces máis icónicas do panorama musical galego e da comarca, Andrés Dobarro (nado o propio o 1 de outubro de 1947) e que levou o galego aos grandes éxitos, demostrando así o valor da universalidade, utilidade e vitalidade da lingua.

Por primeira vez en Ferrolterra, agruparanse esforzos dende o eido institucional para impulsar o documental “Barullo”, promovendo o seu uso nos centros de ensino, asociacións e diversas entidades coa intención de difundir o momento que está a vivir na actualidade a música galega, un motor de dinamización do emprego do galego moi desenvolto.

A primeira proxección do documental organizarase no Concello de Neda, coa intervención de Xosé Antón Bocixa e Pepe Cunha, o próximo xoves, 30 de setembro ás 19:00 horas.

 

BARULLO: Documental acerca da diversidade musical en lingua galega, con testemuñas e actuacións de grupos de pop, rock, tradicional, rap, canción de autor....Un filme de interese para público xeral, aínda que creado especialmente para aulas de escolas e institutos.

martes, 28 de septiembre de 2021

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA

Hoxe no noso colexio, a través da Concellería de Cultura, o alumnado de 4º ESO tivo un obradoiro impartido polo fotógrafo Xoel Rodríguez. Nel os rapaces e rapazas puideron aprender técnicas e conceptos básicos así como ferramentas para facer fotos profesionais e poñer ás a súa creatividade. 

O obradoiro continuou cunha saída fotográfica pola nosa vila na que nos acompañou Xoel. Os rapaces e rapazas puideron poñer en práctica o aprendido no obradoiro e facer fotografías que presentarán ao Concurso de Fotografía Xuvenil do Concello de Ares.

Grazas á concelleira Alma Barrón e Xoel Rodríguez pola organización deste obradoiro.













V CONCURSO DE FOOTOGRAFÍA XUVENIL


Un a no máis o Concello organiza o V Concurso de Fotografía Xuvenil. Unha iniciativa que pon o acento na poboación máis nova da localidade para vinculala coa súa contorna. A herdanza e a memoria colectiva cobran especial relevancia nos obxectivos do concurso, ao convidar á xuventude a recoñecer e atopar ambos conceptos no seu contexto, nas paisaxes aresáns ou nos espazos e obxectos que forman parte das súas identidades persoais. Así, a xente nova de entre 8 a 18 anos empadroada en Ares ou que sexa alumnado do CPI As Mirandas poderá presentar as súas obras entre o próximo luns, 27 de setembro e o 18 de outubro ás 20.00h, vía correo electrónico (concursofotografia@concellodeares.com), incluíndo os formularios de participación e de identificación xa cubertos. Segundo se recolle nas bases, haberá un máximo de dúas fotografías por participante, as instantáneas non poderán ser editadas ou melloradas e terán que ser orixinais (tomadas ao longo do 2021 e non publicadas con anterioridade), entre outros requisitos. ▶️ No certame, estableceranse dúas categorías de participación, unha de 8 a 12 anos e outra de 13 a 18, e seleccionaranse 3 fotografías por cada unha delas. En ambas haberá un primeiro premio de carácter tecnolóxico (un IPad ou cámara de fotos) e un segundo e terceiro premios con lotes de libros. De igual maneira, as fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario de 2022 do Concello, repartido por todo o municipio, sempre identificadas coas súas autorías. ▶️ Toda a información sobre o concurso, incluídas as bases detalladas e os formularios de participación e de identificación das fotografías, atópanse accesibles na páxina web municipal (www.concellodeares.com) A maiores, está dispoñible o número ☎️ 981 448 057 para solventar as posibles dúbidas.
 👉 DÍPTICO en pdf:



lunes, 13 de septiembre de 2021

BENVID@S A UN NOVO CURSO (2021-22)

Xa estamos en setembro. 
Tras un verán, no que desexamos que cargarades pilas e gozarades del, comeza un novo curso escolar.
 Un mes cuxo significado transcende máis aló do fin de verán. Un mes no que predominan os novos proxectos, propósitos e ilusións; case como un inicio de ano onde tras un merecido descanso, renóvase a enerxía e sénteste capaz de todo. Sexa como sexa este curso escolar non nos vai deixar indiferentes a ninguén. 

Desde aquí moito ánimo a todos e...Feliz volta ao cole!!!