miércoles, 21 de diciembre de 2016

OPERACIÓN QUILO DE NADAL

Graciñas a todo o alumnado, familias e profesorado do CPI As Mirandas de Ares pola vosa solidariedade e colaboración na Operación quilo de nadal. Hoxe entregamos o recollido a Caritas de Ares e a Cociña Económica de Ferrol. Sin vós non sería posible.


jueves, 15 de diciembre de 2016

XA ESTÁ AQUI A CARREIRA SOLIDARIA!!!

Un ano máis o noso centro organiza a VI Carreira Quilómetros de Solidariedade. Enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria,  o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG  leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre  estará connosco  e  apoiará esta causa coa súa presenza,  participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.

ORGANIZACIÓN

ESO: Saída as 10:15 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo, Paseo marítimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio pola Avda de Mugardos.

Infantil e Primaria:  A carreira terá lugar no pavillón do colexio.

 Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que veñan a apoiar aos nosos corredores solidarios.

Agradecemos a colaboración de Supermercados Claudio e GADIS, Floristería Real, Frutas Mari, Protección Civil e Policía local de Ares.


viernes, 2 de diciembre de 2016

BO TRABALLO!!!

O CPI As Mirandas de Ares Premiado nos Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2016 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos no curso escolar 2015/2016. Noraboa A TOD@S!!!!


viernes, 25 de noviembre de 2016

LUZ PARA COMBATER A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES



A  violencia contra a muller supón a manifestación máis extrema da desigualdade de xénero e a máis grave violación dos dereitos humanos das mulleres que padece calquera sociedade. Hoxe, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, queremos arroxar luz e denunciar esta realidade, tantas veces escondida e silenciada. Infórmate: http://bit.ly/erradicacionviolenciamujer.





martes, 15 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016

No noso colexio continuamos a recuperar as nosas tradicións e o noso patrimonio inmaterial e así  quixemos dedicar unha xornada para a celebración do Magosto. Primeiro preparamos cucuruchos, caixas, cestiños... para recoller as castañas; logo degustamos as saborosas castañas asadas e para axudar á dixestión, xogos populares no pavillón:  letras corporais para formar a palabra Magosto, baile da castaña, carreiras con castañas en culleres e volta coa castaña entre as pernas, baile da vasoira, etc. UNHA XORNADA XENIAL!!!!













sábado, 29 de octubre de 2016

CHEGA O SAMAÍN

Un ano máis, chega a primeira festa do curso, unha festa que nos atrapa a todos polo misterio e a fantasía que a acompañan: 
 O Samaín!!! 
 E outro ano máis deixastes voar de novo o voso maxín á hora de decorar as cabazas e adornar portas e corredores.




E para mostra aquí tedes uns videos feitos polas profes Chicha e Carmen
onde podedes ver todos os traballos realizados


        
       
       
   
Aqui tedes tamén os traballos feitos polos alumnos e alumnas de  de 5º e 6º de EP


miércoles, 26 de octubre de 2016

VII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Este ano, a bioloxía fala galego


Este curso no Campus de Lugo imos conmemorar o Día da Ciencia en Galego con este acto:
 

RECURSOS PARA TRABALLAR O SAMAÍN


lunes, 17 de octubre de 2016

RECOÑECEMENTO DO NOSO CONCELLO A VERÓNICA RODRÍGUEZ

Hoxe no salón de actos das Alianzas aresáns, a nosa alumna e compañeira Verónica Rodríguez Martínez, recibíu por parte do Concello unha emotiva homenaxe en  recoñecemento aos seus méritos  acadados ao seren  a gañadora Nacional da 56 edición do Concurso Coca–Cola Jóvenes Talentos de Relato Corto.  Ao acto presidido polo alcalde Julio Iglesias  asistíu tamén Gema Rodríguez do departamento de comunicación de Coca-Cola, así como o concelleiro de cultura  e representantes das distintas áreas do concello,   profesores, alumnos e familiares de Verónica.
Tras as palabras do alcalde e da representante de Coca-Cola, Verónica leu o relato co que resultou gañadora e relatounos a súa experiencia  na viaxe cultural que realizou a Madrid e Londres tras o premio. Logo deixou a súa pegada no libro de ouro do Concello e recibíu varios agasallos por parte do Concello e de Coca-Cola.
Os nosos parabéns a Verónica













jueves, 13 de octubre de 2016

O TEMPO FALA GALEGO: PROXECTO METEOESCOLAS

Un ano máis continuamos  co programa Meteoescolas no CPI AS MIRANDAS. Despois de acadar  o 1º Premio Meteoescolas e este curso o diploma á EXCELENCIA,continuamos a traballar no programa dende todas as frontes e dende todos os cursos como podedes ver no documento que tedes a continuación:



Tamén seguiremos coas nosas previsións cara a fin de semana realizadas polos alumnos/as do noso centro. No seguinte enlace tedes o canle de youtube onde están as nosas previsións meteorolóxicas de cara a fin de semana.

https://youtu.be/qS4mMJjlYWA?list=PLUa6yN9ejmoY9aVLBZ5IFwfMlBB3j0oWC


Acordádevos que na pestana deste blog titulada "Predición meteorolóxica", podedes ver os partes meteorolóxicos e, na nosa app Aresmeteo, podedes acceder a todos os datos que recolle a nosa estación meteorolóxica dixital.


miércoles, 5 de octubre de 2016

Tradutor Gaio

O Gaio é un tradutor automático da Xunta de Galicia que te pode sacar dun apuro se precisas unha comprensión rápida de textos breves.
Preme na imaxe


A Lingua de Signos Galega (LSG)

O Himno en LSG. As persoas xordas tamén falan galego


lunes, 12 de septiembre de 2016

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2016-2017

Xa estamos de volta, abrimos as portas e as fiestras a este novo curso, para que entre  con aire puro e renovado, como cantan os versos de Celso Emilio Ferreiro:



O aire puro da mañá proclama
o seu dereito a entrar en cada casa.
Ábrelle as portas, patria!
Dálle os teus seos, alma!
Deixa ese tufo acedo que te abafa,
esquece estas mortallas,
estiña as túas bágoas,
fala,
canta.



Así pois, poñámonos a falar, cantar, e continuar a abrirlle as Portas á lingua, sendo portadores do galego para agora e para o futuro.


Desde o EDLG do CPI As Mirandas,  feliz volta ao cole!!!!




martes, 28 de junio de 2016

LECTURAS NO MAR E NA MONTAÑA

"Nunca é cedo para compartir un libro cos nenos. Se agardamos a que saiban ler para facelo é coma se esperásemos a que souberan falar para falarlles" Penélope Leach.
Aquí tedes algúns libros que vos poden resultar interesantes para este verán, aínda que están agrupados por idades trátase dun criterio flexible, se che apetece ler un libro para máis pequenos, faino, e se es quen de ler un para nenos maiores... por que non proporlle aos teus pais que o lean contigo?
Disfruta lendo e disfruta do verán.

viernes, 24 de junio de 2016

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS DE ARES

Este curso, os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron unha boa recolleita de xogos populares e tradicionais de Ares, preguntándolle ás súas familias e veciños a que xogaban cando eran pequenos. E aquí tedes algúns dos xogos que máis lles gustaron.


 

Tamén quixeron ser partícipes desa transmisión da tradición, ensinándolles eses xogos aos máis pequenos/as de primaria.


miércoles, 15 de junio de 2016

ABRAIO, UNHA CURTA FEITA NO NOSO COLE PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

ABRAIO, que é Abraio?. É un intento de amosar as nosas capacidades, independientemente das diferentes características que nos forman como persoas. O obxectivo desta curta é precisamente mostrar esas igualdades e diferenzas que poden existir no día a día de dúas persoas: identidade, cultura, tradicións, valores…

Quizáis non seredes quen de ver tódolos pequenos detalles que aparecen en ABRAIO por iso, as veces… é necesario volver a empezar. Estade atentos que COMEZAMOS!


domingo, 12 de junio de 2016

jueves, 9 de junio de 2016

QUE GOZADA A SINFÓNICA DE GALICIA!!!

O pasado 3 de xuño a sociedade filarmónica de Ferrol, cedeunos dez entradas gratis para asistir a un concerto ofrecido pola orquestrra sinfónica de Galicia no auditorio de Ferrol. Disfrutamos de obras tan coñecidas como a 5ª sinfonía de Beethoven ou a suite Peer Gynt.

A próxima vez, animámosvos a que non o perdades!


jueves, 2 de junio de 2016

GAÑADORES PREGUNTÓN

Xa temos gañadores/as da edición do Preguntón deste curso académico. Parabéns a todos eles e por suposto a todos e todas os/as que participáchedes nesta nova edición. En breve daremos a data da entrega de premios.

RESPOSTAS DA 5ª SEMANA DO PRTEGUNTÓN

AQUÍ TEDES AS RESPOSTAS DESTA ÚLTIMA SEMANA

domingo, 29 de mayo de 2016

NA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS OLLOBOI 2016


Onte asistimos á Gala de premios do Festival audiovisual Olloboi. 234 foron os traballos presentados este ano. Nós quedamos finalistas en dúas categorías.  Aínda que non gañamos, viñemos moi contentas cos nosos dous diplomas de finalistas e ledas por compartir unha xornada na que puidemos asistir nos Asteleiros Triñanes ao visionado da película Crebinsky  e ter ocasión de charlar co seu protagonista , Miguel de Lira e co seu  director, Enrique Otero.  A continuación asistimos á Gala  de entrega de premios conducida por  Xoán Antonio Touriñán, Federico Pérez y Sabela Arán, gala que gañou por goleada á final da Champions League.  
Para o ano máis!!!!





martes, 24 de mayo de 2016

FINALISTAS CONCURSO " DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE"

Como establecían as bases do concurso, a comisión seleccionadora reuniuse esta mañá para elixir as 3 propostas finalistas. Mañá mércores 25 de maio poderedes votar durante a mañá en horario escolar  os rapaces e persoal do centro e pola tarde de 16:30 a 18:00 os pais e nais.  
Aquí tendes as 3 opcións coas súas correspondentes explicacións para que poidades examinalas e elixir a vosa favorita.
Queremos agradecer ao alumnado, ás súas familias e ao profesorado a participación neste certame ao que se presentaron 24 propostas, ¡¡ todo un éxito ¡¡

Agora só queda elixir o que será a imaxe corporativa do noso cole así que .... ESPERÁMOSVOS O MÉRCORES ¡¡

LOGO 1
"Tipografía limpa, firme e moderna que, en conxunto coa será que sostén os papeis e lápiz como simboloxía da educación apuntan unha imaxe de progresión e alto nivel educativo e mestura os valores tradicionais coa innovación do mundo actual, Asi mesmo, a cola e o corpo da serea forman o inicio da palabra " Mirandas ". Correspóndese así coa lenda."

LOGO 2

" O logo está formado por 2 círculos. Escollinos porque un círculo non ten principio nin fin, polo que representa o eterno, o infinito. No interior do círculo pequeño, debuxei As Mirandas, a Miranda grande e a Miranda pequena. Sobrevoándoas hai unha gaivota, habitante privilexiada destas rochas. De fondo puxen unha posta de Sol acompañada dunha suave brisa que levanta unas pequeñas ondas. Todos estes elementos naturais impregnan o logo cunha sensación de tranquilidade e paz que nos animan a afrontar un novo día, un novo reto"


LOGO 3

"Representa un sol cunha onda, coma se fose a Praia"

lunes, 23 de mayo de 2016

INTERPRETANDO NA CLASE DE MÚSICA DA ESO

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO presentannos dúas obras interpretadas na clase de música coa súa profe Teresa Frieiro unha titulada "O outono en Ares" e outra  "Cantando a Rosalía". Aquí volas deixamos. Esperamos que vos gusten.


                                    


         

SEMANA 5. ÚLTIMA SEMANA DE PREGUNTÓN

Ola a tod@s. Entramos xa na última semana de preguntas do noso concurso "O Preguntón".  Animádevos, xa sabedes que cada puntiño conta para ser o gañador.

jueves, 19 de mayo de 2016

PUBLICADO NO DOG CAMBIO DE NOME DO CENTRO.

Xá é oficial o cambio de nome do noso centro. A partir de agora chamarase CPI "AS MIRANDAS".
 

lunes, 16 de mayo de 2016

SOMOS FINALISTAS DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI !!!!!

Parabens a tod@s!!! . Somos finalistas no Festival Audiovisual Olloboi
en dúas categorías, na sección DOC co audiovisual "O mercado municipal de Ares" dos nenos e nenas que hoxe están en 4º de primaria e na sección Olloboi Online co "Libdup Vilasoñares".




sábado, 14 de mayo de 2016

OBRAS CHEAS DE GALICIA. LETRAS GALEGAS 2016

Este ano concorren tres situacións culturais interrelacionadas e á vez independentes. Conmemórase o centenario da creación das Irmandades da Fala, que aló polo 1916 botaron a andar nos Cantóns coruñeses; choramos a morte de Neira Vilas, reporteiro do rural; e homenaxeamos a Manuel María, creador da poesía da Terra.

E para dar constancia delo dende o noso centro o CPI Conde de Fenosa realizamos o documental  “Obras cheas de Galicia”, idea de Ana Martínez  alumna de 4º de ESO, en colaboración cos alumnos de 4º que poñen voz a unha escolma de poemas dos autores,  o EDLG e o departamento de lingua galega.   
Aquí tendes o documental. esperamos que vos guste.

lunes, 9 de mayo de 2016

PREGUNTÓN SEMANA 4

Veña que só faltan dúas semanas para rematar!!!

RESPOSTAS PREGUNTÓN SEMANA 3

jueves, 5 de mayo de 2016

EMOCIONARIO. VARIACIÓNS SOBRE O GRITO DE MUNCH. POLOS NENOS E NENAS DE 1º A DE EP.

PREVISIÓN DO TEMPO CARA A FIN DE SEMANA

Miarian e Gimena preséntannos a previsión do tempo de cara a esta fin de semana. Aínda que estes últimos días tivemos un tempo con altas temperaturas, estas baixarán de novo, así que non hai que confiarse...xa sabedes o que di o refrán: "ata o 40 de maio a vella non quita o saio".


              

miércoles, 4 de mayo de 2016

EXCURSIÓN Á HISTORIA DA NOSA CONTORNA

Onte os alumnos de 3º e 4º de primaria, xunto coas súas profes, realizaron unha visita a Chanteiro, Montefaro e Lubre, lugares do noso concello onde se atopan algúns dos monumentos históricos do noso patrimonio. Comezaron o seu percorrido visitando a Igrexa da Mercé de Chanteiro, onde se celebra o tradicional Voto de Chanteiro ; subiron ata Montefaro onde puideron facer un percorrido polo Mosteiro (con baile medieval incluído) e remataron en Lubre onde se atopa a Igrexa románica de Santa Olaia. Unha visita a través da cal puideron ollar moitas cousas das que aprenderon no seu proxecto da Idade Media. O sol nos acompañou e a excursión resultou xenial. 
Grazas desde aquí a Celsa e ao pai da nosa profe Bárbara por abrirnos as portas do mosteiro e acompañarnos na nosa visita. 
Aquí tedes o vídeo da xornada.


                               

lunes, 2 de mayo de 2016

PREGUNTÓN SEMANA 3

PREMEDE NA FOTO PARA VELA EN GRANDE


RESPOSTAS PREGUNTÓN SEMANA 2

PREMEDE NA FOTO PARA VELA EN GRANDE.


LECTURA DE "EL QUIJOTE" NO DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro, neste curso 2015-2016, e coincidindo co 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes, os integrantes da comunidade educativa fixemos unha lectura continuada do "Quijote"

viernes, 29 de abril de 2016

A VIDA DAS PERSOAS NA IDADE MEDIA


Presentamos o último vídeo sobre o proxecto da idade media no que os nenos e nenas de 3º A  fálannos de como era a vida das persoas nese etapa da historia.  Esperamos que aprendades moitas cousas, como eles fixeron tras a elaboración deste traballo.

  Parabéns para todos eles e elas.


        

jueves, 28 de abril de 2016

A ESCOLA PROTÉXENOS: SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN NO CPI CONDE DE FENOSA

Esta semana no CPI Conde de Fenosa alumnos/as e profes unímonos á campaña da SAME, Semana de Acción Mundial pola Educación, baixo o lema "A escola protéxenos". O paraugas do mural que fixemos, simboliza a protección que nos está a ofrecer a escola.Pódese decir máis alto pero non máis claro #A educación protéxenos#, por iso hai que #protexer o seu financiamento#.
É necesario que os representantes políticos se comprometan co Dereito á Educación no mundo e que sintan que a sociedade á que representan así o quere.  Por iso movilizámonos  no noso cole en apoio a esta demanda.