jueves, 26 de abril de 2018

EN ARES, TODOS A TEMPO: PROXECTO METEOESCOLAS

Traballo realizado polo alumado de 2º ESO na materia de lingua galega, ao abeiro do proxecto Meteoescolas, procurando, ao tempo, normalizar o uso da nosa lingua así como implicar aos nosos alumnos/as no coñecemento do seu contorno.

 

II OBRADOIRO “FÁLAME DA EMIGRACIÓN: DIÁLOGO INTERXENERACIONAL COS NOSOS MAIORES”




Hoxe xoves 26 de abril, tivemos o segundo encontro do Proxecto Fálame da emigración (AFUNDACIÓN)
Neste obradoiro os mozos e mozas de 2º de ESO, tras investigar sobre a historia das súas propias familias, relataron as súas relacións coa emigración e xuntos reflexionaron sobre as diferentes motivacións para emigrar, as dificultades e os aspectos positivos ou negativos da mesma así como as diferenzas da emigración que se está a dar no noso país na actualidade con respecto á que viviron os nosos convidados.


Desde aquí queremos dar as grazas a Ezequiel, Carmen e Sara pola súa testemuña de vida e a Tere, que coordina tan ben este proxecto, e que achega aos Centros de Ensino o valor da experiencia dos nosos maiores en diálogo cos rapaces e rapazas de hoxe en día.

        

lunes, 23 de abril de 2018

PREGUNTÓN SEMANA 3

Ola queridos "preguntóns", chegamos xa á terceira e última semana do noso concurso. Este ano, por mor do pouco tempo do que dispoñemos, o noso concurso só durará 3 semanas, polo que esta é a última, así que xa sabedes, aplicádevos ben para rabuñar os últimos puntos do concurso.
Aquí vos deixamos as preguntas desta terceira e última semana. Moita sorte!!!

SOLUCIÓNS PREGUNTÓN SEMANA 2


23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro para recoñecer a súa importancia como ferramenta cultural.
Todo, todo está nos libros. Todo o que é. E todo o que non é, pero podería ser. Tamén o que nunca foi nin será, nin podería selo.
 A vida toda está nos libros: a historia da humanidade... o que sentimos as persoas... o que soñamos ou simplemente imaxinamos...
   E por qué lemos?
-  En primeiro lugar porque alguén nos aprendeu a facelo,
-   porque outras persoas nos acompañaron nas nosas primeiras lecturas,
-   porque leron para nós ata que fumos capaces de facelo por nós mesmos
-  porque desfrutamos coa lectura compartida no camiño de descubrir o placer de mergullarnos sós nun libro.
Isto é o que queremos homenaxear no Día do Libro: as persoas que foron abrindo camiños para nós; esas persoas que, lendo, axudáronos a medrar como lector@s. E a nós mesmos que apamadriñamos a outros nenos e outras nenas que veñen detrás.
                         E aos libros que lemos; por riba de todo aos nosos favoritos.

TALLER DE MARCAPÁXINAS:

 Durante a semana do dío do libro desenrrolamos na biblioteca un taller de marcapáxinas, todo un éxito:


jueves, 19 de abril de 2018

MAREA DE MULLERES, RECOÑECIDO POLA "RED ESPAÑOLA DE MUJERES EN EL SECTOR PESQUERO"


No último boletín publicado pola Red Española de Mujeres en el Sector Pesquero danlle visibilidade ao gran traballo realizado polo alumnado de 4º da ESO do C.P.I As Mirandas de Ares, dentro do proxecto desenvolvido polo #GALP, dentro das súas actividades de animación e divulgación 2017, e que contou co financiamento do Programa #FEMP 2014-2020: #VidasMariñeiras.
O alumnado do noso centro escolar, gravou o documental "Marea de Mulleres", que conta a historia de varias traballadoras que dedicaron a súa vida ao mar, traballando nas fábricas de salgadura, cosendo redes, preparando o pescado....traballos duros, esenciais, pero pouco recoñecidos....

                                           https://www.youtube.com/watch?v=QHBYos7Gnf0

domingo, 15 de abril de 2018

PREGUNTÓN SEMANA 2

Aquí vos deixamos as preguntas desta segunda semana do Preguntón Meteoescolas. Ánimo!!!


PREGUNTÓN SOLUCIÓNS SEMANA 1

Aquí tedes as solucións das preguntas da primeira semana. Seguro que acertáchedes moitas!!!.


#rodandodiversidadenlaigualdad.

Unímonos á iniciativa solidaria da Escola de Ombre #rodandodiversidadenlaigualdad.
Pola igualdade de todos os nenos e nenas do mundo!!!
#rodandodiversidadenlaigualdad
#rollingdiversityinequality
#internationalwomensday
#ombre#pontedeume#galicia#españa#spain

Instagram:cuentos_3rs


sábado, 14 de abril de 2018

NO CPI AS MIRANDAS ,DEIXAMOS A NOSA PEGADA!. SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN (SAME 2018). 23-29 ABRIL

               
Este ano baixo o lema “A educación o camiño cara á paz. Deixa a túa pegada!”, queremos visibilizar a situación da educación en contextos de conflito e emerxencia, destacando o papel fundamental da educación como a única forma de acabar coa intolerancia e a violencia tanto nas contornas educativas como no conxunto da sociedade, e como ferramenta imprescindible para favorecer unha resolución pacífica dos conflitos e promover unha cultura de paz.
Nos últimos anos observamos un incremento masivo dos desprazamentos forzosos de persoas, principalmente por mor de graves situacións de conflito, como o caso de Siria, pero tamén por culpa de desastres naturais derivados do cambio climático, a situación económica dos seus países de orixe ou por razóns de persecución política e relixiosa. Estes desprazamentos forzosos chegaron a un récord mundial  alcanzando os 65,6 millóns de persoas, privadas de moitos dos seus dereitos, entre eles o dereito á educación, e afectando especialmente a menores,que representan o 51% da poboación refuxiada do mundo.
A educación, unha ferramenta para a construción de paz
A paz empeza por rexeitar a violencia como mecanismo de resolución de conflitos. É fundamental que as persoas se eduquen nunha serie de valores que promovan a resolución non violenta dos conflitos: xustiza, liberdade, cooperación, respecto, solidariedade, a actitude crítica, o compromiso, a autonomía, o diálogo e a participación. No caso das sociedades afectadas por situacións de conflito e post-conflito, o dereito á educación é esencial para: a construción de paz e a promoción de sociedades máis cohesionadas, a protección da infancia, a normalización da vida e a efectiva reconstrución das zonas afectadas por conflitos.
No caso de España, a educación é fundamental para que os menores sexan conscientes das realidades que vive a infancia noutros contextos, para que recoñezan e eviten actitudes como o racismo e a xenofobia e recoñezan o valor da diversidade mediante a comprensión e o coñecemento.  En definitiva, o acceso á educación constitúe unha poderosa ferramenta para construír sociedades capaces de resolver os seus conflitos de maneira pacífica, tanto naqueles países que xa ven afectados por este tipo de situacións como nos que, como España, convértense en lugares de acollida. 

Prepárate para ser activista!  Deixa A túa Pegada!
Aquí  podes atopar as unidades didácticas para traballar a Campaña deste ano.
file:///C:/Users/Yolick/Desktop/SAME%202018/Unidade%20Did%C3%A1ctica%20en%20Galego.pdf

martes, 3 de abril de 2018

XA PODEDES VOTAR O NOME DA NOSA MASCOTA DE METEOESCOLAS!

Xa de volta das vacacións podemos dicirvos que xa podedes votar o nome da nsoa mascota de entre os tres que quedaron finalistas. Para fecelo podedes premer na imaxe de abaixo e entraredes no enlace onde elixiredes o nome que máis vos guste.