domingo, 28 de febrero de 2010

ENTROIDO EN PRIMARIA

As flores, son o tema que escollemos para este entroido









TORNEO HOCKEY

Primeiro Torneo de Hockey "Conde de Fenosa".

No torneo de hockey realizado antes do Nadal participou perto do 85% do alumnado do noso centro, e se non fora polas lesións de última hora e as ausencias do último día de clase, esa porcentaxe estaría perto do 95%. ¡¡Esperamos que o pasárades moi bien, que de eso se trataba!!

 Agradecer desde aquí  a colaboración dos árbitros: Martín (1º B), Benjamín (4º) e Diego (3º A), que  pasaron toda a mañá controlando os partidos; unha tarefa que non sempre resulta doada.

Aquí vos deixamos a clasificación, as fotos dos mellores momentos do torneo e un pequeno vídeo dos mesmos.


 




                      


                   

jueves, 25 de febrero de 2010

CONCURSO DE CALIGRAMAS

O grupo de biblioteca do IES Castro da uz –As Pontes-, convoca o 4º concurso de caligramas.


     

miércoles, 24 de febrero de 2010

Orgullos@s do noso, Orgullos@s do galego

       Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego, é unha campaña posta en marcha pola CGENDL, que pretende transmitir no seo da comunidade educativa, e no conxunto da sociedade, un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía, o credo ou a idade de cadaquén. A lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo.
Como se pode participar dende os centros escolares?

a. Envío de vídeos e textos “orgullosos”:

Ao igual que un grupo de personalidades da cultura galega expresan o seu orgullo e a utilidade do galego nos dous vídeos de lanzamento, animámosvos a gravar vídeos e redactar textos nos que se exprese ese orgullo de contarmos co galego. E animámosvos a enviárnolos para seren compartidos na web. Isto non é un concurso, isto é unha campaña colaborativa feita entre todos e todas, unha pequena gran obra colectiva, o importante é participar, traballar co alumnado e lanzar esa mensaxe orgullosa. A creatividade está na comunidade educativa e as dificultades técnicas están aí para lles facer fronte: cunha cámara, un móbil ou calquera dispositivo audiovisual podedes elaborar o voso traballo.

b. Difusión do material gráfico da campaña:

Na web da CGENDL ponse á disposición de todos os ENDL e do profesorado un material gráfico (camisetas, chapas, carteis, adhesivos, etc.) que se pode descargar de balde para a súa distribución.


          

         

DÍA DA LINGUA MATERNA


Que é o Día Internacional da Lingua Materna?. É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

Que son as linguas?. Segundo sinala a ONU, "as linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da nosa herdanza cultural". Deste xeito, toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá para incentivar a diversidade lingüística e "crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e mais inspirar a solidariedade baseada no entendemento, na tolerancia e no diálogo".

Que é unha lingua materna?. Por lingua materna adoita entenderse aquela na que un suxeito adquire a linguaxe; é dicir, aquela na que aprende a falar. Normalmente, o que caracteriza a lingua materna é a súa adquisición espóntanea, fronte á aprendizaxe dunha segunda que normalmente se aprende dunha maneira máis formal. Actualmente, na terminoloxía da sociolingüística óptase con maior frecuencia polo termo lingua inicial (lingua primeira- L1), pois este é máis neutro e evita certos nesgos como o de presupoñer a transmisión por vía materna (nai). As linguas que se adquiren con posterioridade á lingua primeira coñécense habitualmente como segunda lingua (L2).

Que determina a lingua materna?. O factor máis importante é a lingua que empregan os axentes de socialización do neno durante as etapas iniciais do seu desenvolvemento. Nas sociedades avanzadas, este papel compárteno a familia e outros axentes externos, como as escolas infantís e mesmo os medios de comunicación audiovisuais.

Que importancia futura ten para as persoas a lingua materna?
A lingua inicial ten unha grande importancia para as persoas por múltiples cuestións, entre outras, na adquisición como lingua primeira danse naturalmente os supostos da aprendizaxe precoz e da motivación comunicativa, favorecedoras do logro da aprendizaxe.

Propostas para o Día Internacional da Lingua Materna

1. Educa no respecto a todas as linguas

2. Transmite o valor da diversidade

3. Cultiva as linguas con menos falantes

4. Fomenta a aprendizaxe de linguas

5. Perde o medo a equivocarte

6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa


7. Acolle as outras linguas que te rodean


8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua


9. Practica o ecoturismo lingüístico


10. Fala tamén para os que están preto

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O pasado venres celebramos o Entroido no noso colexio. Os alumnos de infantil e primaria sairon a percorrer as rúas de Ares cos seus fermosos disfraces feitos por eles na clase, mentres que os alumnos de secundaria fixeron un festival no centro. Logo deron boa conta das orellas de entroido que, por certo estaban moi boas, para finalizar coa queima do mesmo.



                                

miércoles, 10 de febrero de 2010

XA NON FALTA NADA PARA O ENTROIDO

Pois si, aínda non acabamos de comer todos os turróns que temos na casa e xa está aquí o Entroido. Xa vos puxestes a revolver no faiado a ver que encontrades para vos disfrazar este ano. Lareto xa atopou algo por aí e está a facer as súas probas. Que vos parecen?.
Se queredes coñecer máis sobre as orixes do Entroido en Galicia podedes picar neste enlace "Galicia espallada".

Aquí vos deixo a Lareto cos seus disfraces. Que, cal vos gusta máis...?



martes, 9 de febrero de 2010

BEN FALADO


Acaba de chegar ao noso centro o DVD Ben Falado!, dirixido por Xesús Ferro Ruibal e emitido na Televisión de Galicia (antoloxía dos capítulos emitidos 21-7-2008 ao 6-7-2009). Estará á disposición da comunidade educativa na Biblioteca Escolar.

Ben falado! foi un microespazo creado e dirixido por Xesús Ferro Ruibal e realizado pola productora Pórtico para a Secretaría xeral de Política Lingüística. Emitiuse de luns a venres en horario de máxima audiencia a través de tódalas canles da TVG entre xullo 2008 e xullo 2009. Dos 250 capituliños os 50 primeiros tiveron unha duración de cinco minutos e os 200 restantes duraron tres minutos aproximadamente.

Ben falado! quixo ofrecer unha visión nova da lingua galega que se caracteriza por ofrecer sempre unha pinga de luz e outra pinga de mel. E moitos brevísimos textos levan a sinatura de expertos nesa especialidade lingüística.

lunes, 8 de febrero de 2010

A NOSA MASCOTA

Ola a tod@s. Xa temos mascota!. Entre todos os debuxos presentados, a mascota elexida no concurso foi o bichiño verde, como moitos de vós lle chamades. A súa creadora é Aldara  Vilar de 4º da E.S.O.  á que damos dende aquí as máis efusivas felicitacións polo seu magnífico traballo.
 E aqui volo presentamos:

Ola, son o bichiño verde, Lareto, ou Lari para todos vós. O meu é “largar” e “largar” porque teño moita língua. E se a teño, quero usala. Ollo!, do particular e privado, nada de nada. Ti fai coma min, dalle á palleta!.