lunes, 26 de septiembre de 2022

1 DE OUTUBRO, DÍA DO ORGULLO NEOFALANTE

  Sen medo, sen complexos. Botar a lingua a pacer.

 

A Asociación Galega da Lingua (AGAL) promove a celebración do Día do Orgullo Neofalante.  A escolla da data débese ao aniversario do nacemento do cantautor  Andrés do Barro, designado hai varios anos por diferentes colectivos como símbolo das persoas neofalantes de galego. 

O noso centro a través do Equipo de Dinamización Lingüística e  en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, invita a celebrar esta data na que se anima ás persoas que por distintos motivos non usan o galego  (ou non o usan en determinados ámbitos) a comezar a usalo.


ACTIVIDADES DO 3 AO 7 DE OUTUBRO

👉1.-  INAUGURACIÓN  DA EXPOSICIÓN "CÁNTÁMOLA" NO NOSO CENTRO

  •  Do 3 ao 7 de outubro na planta baixa do edificio da ESO poderase visitar a exposición "Cantámola” formada por 14 paneis que afondan na creación musical de Galicia e en galego. Nela poderase ver un percorrido por unha ampla variedade de estilos da música en galego, dende o pop rock ao rap, a mestizaxe, a experimentación electrónica, as músicas urbanas...

👉2.- ACTUACIÓN DA CANTAUTORA MJ PÉREZ

    O martes 4 de outubro a cantautora MJ Pérez dará un concerto para o alumnado de 3º e 4º da ESO no salón de actos das Alianzas Aresanas.

    Hora do concerto: 11.30 horas

👉3.- PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL«BARULLO».

 ·        O profesorado que o desexe pode proxectar na  súa aula o documental “Barullo” no que participa o seu autor, Xosé Antón Bocixa, un dos veteranos do panorama musical galego, coñecido por ser o vocalista do grupo Zëndar e activista social na defensa do territorio, a cultura e lingua propia, ademais de artistas como Pepe Cunha, Xabier Díaz, Guadi Galego, Brais Morán, a Banda  da Loba, Antón Reixa, Tanxugueiras, The Vacas, Xurxo Souto e moitos máis. O documental achéganos á diversidade musical en lingua galega, con testemuñas e actuacións de grupos de pop, rock, tradicional, rap, canción de autor...

👉DOCUMENTAL BARULLO

sábado, 24 de septiembre de 2022

XIX CONCURSO DE CARTAS "DILLO A QUEN MALTRATA" 2022

O XIX Concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" 2022, organizado polo Concello de Lalín a través da Oficina de Igualdade, ten o obxectivo de promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural, vicaria..., así coma os efectos e consecuencias da mesma. O prazo de presentación estará aberto do 24 de setembro ata o 3 de novembro.


Díptico Concurso de Cartas Xix Dillo a Quen Maltrata 2022 by veracruces on Scribd

Bases Reguladoras Premios Xix Concurso de Cartas Dillo a Quen Maltrata 2022 Concello de Lalín by veracruces on Scribd

miércoles, 7 de septiembre de 2022