Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiro de radio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiro de radio. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de mayo de 2021

OBRADOIRO DE RADIO “ Activistas polo mundo que queremos”

Hoxe seguimos co noso proxecto “Activistas polo mundo que queremos” e tivemos un obradoiro de radio impartido por Rocío e María no que os cursos de 1º  e 2º da ESO gravaron os seus programas de radio.

Pero antes da gravación, Rocío nos deu algúns consellos e técnicas para preparar e mellorar as nosas voces, así como unha mini clase sobre o que tiñamos que saber para realizar o programa.  De seguido comezamos as gravacións.

Todos os grupos tiñan preparadas as súas reportaxes que estiveron realizando durante varias semanas.  A verdade é que estes rapaces e rapazas fixeron un magnífico traballo de investigación para realizar os seus guións de radio nos que incluíron entrevistas, testemuños, estatísticas ou comentarios reflexivos. Temas como o medio ambiente,  a igualdade, os microracismos,  os dereitos do colectivo LGTBI ou o activismo en xeral foron parte dos contidos que trataron. 

Nas entrevistas que realizaron para as  reportaxes contaron coas testemuñas e aportacións de persoas como Javier Cristobo (biólogo e científico), Paula Mayobre (atleta), Cristina Correa (activista e cooperante en Uganda), Jon Rodríguez (escritor, articulista e activista LGTBI), Conchi Ramil (vicepresidenta do Padroado Concepción Arenal -Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas e Exclusión Social de Ferrol), Celsa Formoso (Presidenta da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina) ou Juan Carlos Rey (mariñeiro de Ares). A todos eles lles damos as máis efusivas grazas por atender á chamada do noso alumnado e colaborar con eles sempre que os precisan.

En breve colgaremos os podcast de radio e poderedes gozar co seu traballo.

Ata entón... un pouco de suspense!!!