FESTIVAL DE NADAL
Educación Infantil
Os Reis Magos nos acompañaron despois da nosa actuación...
Nadal de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria:
FESTIVAL DE NADAL
Educación Infantil
Os Reis Magos nos acompañaron despois da nosa actuación...
Nadal de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria:
Un ano máis quixemos felicitar ás persoas maiores usuarias do Centro de Día de Ares. A rapazada da ESO elaborou felicitacións personalizadas para cada unha delas cunha dedicatoria moi especial. Ademais agasallámolos cunha serie de xogos feitos no cole (un quebracabezas, un dominó, un tres en raia e un xogo de memoria) para que pasen algúns dos seus ratiños entreténdose con eles. Elas merecen o mellor e, sobre todo, que nos lembremos do moito que lles debemos.
Grazas a Felipe, o profe de tecnoloxía, por axudarnos na elaboración dos xogos e a todas as rapazas e
rapaces por esas postais tan fermosas.
Desexámoslles unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo
cardadiño de saúde e saudade para todas e para
o persoal que tan ben coida delas.
Hoxe entregamos os alimentos recollidos na Operación Quilo de Nadal.
Un ano máis a vosa solidariedade paliará as
necesidades das persoas que máis necesitan a axuda de todas e todos nós.
Graciñas familias, alumnado, profesorado e comunidade en xeral pola vosa
aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.
BO NADAL
Compartimos información sobre o Museo do Humor Xaquín Marín, museo de humor gráfico único en Galicia e un dos poucos que existen no mundo.
Folleto Museo Humor Xaquín Marín by veracruces on Scribd
O traballo por ambientes está baseado, sobre todo, en que o alumnado xogue e experimente con materiais que esperten a súa curiosidade respectando os ritmos de aprendizaxe de cada neno e nena. Este curso volvemos traballar cos ambientes durante a etapa de Educación Primaria. O seu eixe vertebral foi a realización de tres proxectos diferentes: o tempo atmosférico, os xogos olímpicos e a natureza, cada un dos ambientes con actividades e materiais relacionados co proxecto a traballar.
En cada proxecto tivemos a oportunidade de contar con persoas que nos ensinaron e se mostraron partícipes para levar a termo diferentes actividades, como é o caso de Roberto Brasero, co cal contamos para elaborar entre todos e todas un telexornal chamado “TELEMIRANDAS”.
Tivemos tamén a Álvaro Illobre para dar a coñecer o deporte para- olímpico, sempre é un pracer contar con el, así como con familiares como Pablo o tío de Manuela de 1º, quen tivo a gran fortuna de facer un tramo coa antorcha olímpica nas olimpíadas de Barcelona 92.
Comezamos este curso con moita choiva e borrascas!. Tanto vento fixo que ata os mapas do Brasero desapareceron…
Por suposto,todo o alumnado de primaria, decidimos axudalo investigando sobre o universo, o noso planeta e os fenómenos atmosféricos. O resultado foi o telexornal “Tele Mirandas”.
Desexamos que vos guste tanto como a nós facelo.
📷 Onte pola tarde, nunha cerimonia celebrada no salón da Alianza Aresana, anunciáronse os vencedores do VII Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares. O evento congregou aos participantes e aos seis finalistas cuxas obras adornarán o calendario municipal de 2024, presentado no mesmo acto.
📸 Os
premios repartíronse en dúas categorías, atendendo á idade dos participantes.
Na Categoría A (de 8 a 12 anos), os gañadores foron Carolina Pereira, Sara
Pereira e Martín Díaz. Doutra banda, na Categoría B (de 13 a 18 anos), os
recoñecementos recaeron en Cristian Campos, Noelia Navas e Candela Fonte.
📸 A
concelleira de Cultura, Alma Barrón, felicitou aos gañadores, e tamén estendeu
as súas felicitacións ao resto dos participantes, eloxiando a diversidade de
perspectivas reflectidas nas imaxes.
📸 Ademais,
a concelleira expresou o seu agradecemento ao xurado composto por Marcos López
Alonso e Yolanda Castro López, así como a toda a comunidade educativa do CPI As
Mirandas polo seu compromiso no certame. A concelleira destacou: "Este
concurso vai máis aló de premiar imaxes, é un reflexo da identidade e memoria
colectiva da nosa localidade".
📸 Os
exemplares do calendario municipal xa están dispoñibles para a veciñanza na
Biblioteca Municipal de Ares.
Neste “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero” no CPI As Mirandas o alumnado e profesorado da ESO reunímonos nun acto no que, alumnas e alumnos de 4º da ESO, deron lectura a dous manifestos a través dos cales quixemos arroxar luz e denunciar esta realidade, tantas veces escondida e silenciada como é a violencia de xénero, así como recordar que se debe seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos.
O xoves 23 de novembro, e con motivo do Día dos Dereitos da Infancia, parte do alumnado de 3º da ESO realizou unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de 1º de primaria.
A través do conto “Artai, O neno xigante” aprendemos
que os nenos e nenas deben ser protexidos contra toda forma de abandono, malos
tratos, crueldade e abusos. Non deberá permitirse aos nenos e nenas traballar
antes da idade mínima adecuada...' e non poden ser explotados.
O alumnado da ESO repartidos por parellas e en grupos,
explicáronlles aos máis pequenos/as o por qué da celebración desta data tan
importante, narraron o conto de “O neno xigante”, repartiron un pequeno
agasallo a todos os asistentes (uns marcapáxinas feitos por eles que contiñan
un dereito fundamental) e dinamizaron a actividade cun simpático xogo de
pasapalabra.
Foi unha actividade super chula. Aos pequenos/as
encantoulles e estiveron super atentos e participativos.
Grazas á rapazada de 3º ESO pola preparación e realización desta actividade. Fixéstelo xenial!
Hoxe o alumnado de 1° a 4° de primaria fomos de excursión á Casa das Ciencias. Pasámolo moi ben e gozamos dunha xornada soleada e chea de sorpresas.
Desexando volver a saír de excursión!!!
Hoxe celebramos o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs, lembrando e reivindicando os dereitos que cada neno e nena teñen polo simple feito de ser nenos. Debemos asegurarnos de que teñan unha infancia feliz, segura e chea de oportunidades para crecer e desenvolverse plenamente.
Neste día, non debemos esquecer que cada neno, nena ou adolescente é especial e único, e merece ser tratado con dignidade e respecto. É o deber de toda a sociedade asegurarnos de que se cumpran os seus dereitos e de traballar xuntos para construír un mundo máis xusto e equitativo para todos.
O alumnado da ESO reuniuse para conmemorar esta data e ler un manifesto a favor dos seus dereitos.
Tamén o alumnado de 3º de ESO visitou as clases de infantil e primaria para falarlles deste día tan especial e agasallalos cun cartel e uns marcapáxinas ilustrados con todos os dereitos, que fixeron para eles os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO.
Aquí vos deixamos un vídeo resumo do acto.
O pasado venres 10 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón no noso cole. O día amenceu nubrado e con chuviscas, pero iso non impediu que puidesemos gozar dunha bonita mañá xuntos.
Comezamos cunha serie de xogos para todo o alumnado nos que a castaña foi a protagonista. Fixemos procura de castañas, punterías, carreiras,... pero principalmente gozamos cos nosos compañeiros e compañeiras neste día de celebración.
Posteriormente, para repoñer forzas, comimos castañas e preparamos os nosos peóns e bailaretes para conmemorar o “Día do Peón” xa que, como indica o noso refraneiro popular… “Polo San Martiño, peóns ao camiño”.
O alumnado tivo a oportunidade de facer bailar os seus peóns e bailaretes de todo tipo, realizados por eles mesmos coa axuda das súas titoras e titores.
Foi unha mañá chea de bos e bonitos momentos. No seguinte vídeo podedes ver algúns deles. Agardamos que vos guste.
Onte tivemos na ESO unha xornada festiva e terrorífica para celebrar o Samaín. Non faltaron os disfraces para ambientar a celebración, a decoración de espazos e portas das aulas e o mellor... a xenial gincana de Samaín que realizamos ao longo da mañá e na que o alumnado implicouse de xeito espectacular.
No seguinte vídeo vos deixamos un resumo desta xornada.
Nos días previos á celebración do Samaín un ano máis o alumnado do CPI As Mirandas anímase a deixar voar a imaxinación e amosar a súa creatividade participando nunha actividade que xa ten unha longa traxectoria no noso cento educativo: Exposición de Cabazas.
Esta semana e a pasada convertimos a nósa biblioteca nun recuncho de lecturas de medo.
O alumnado de 5º e 6º de E.P. prestáronse voluntarios para facer lecturas de medo. Foi unha experiencia moi chula e terrorífica...
Un ano máis a Biblioteca Carabela quere contribuír á celebración do Samaín. Podedes visitar a exposición cunha arrepiante selección de contos e historias terroríficas, onde os libros conviven con meigas, cabazas, pantasmas, arañas e outros seres arrepiantes... E se sodes o suficientemente valentes, poderedes animarvos a ler unha selección de libros de literatura fantástica e contos de terror.... Que medo!!
(Esta actividade foi coordinada dende o noso centro polo Equipo de Dinamización Lingüística e o departamento de Lingua Galega e impulsada pola Concellería de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade.)
Aquí tedes o podcast “Somos un pobo de artistas”. Non deixedes de escoitalo.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu. Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación.
Categoría A: educación infantil e primaria
Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial
Convocatoria Concurso Exposicion Letras Galegas 2024 by veracruces on Scribd
📷 A
Concellaría de Cultura, a través da OMIX, convoca a que será a sétima edición
do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares.
📸 O prazo
de presentación das imaxes comeza este mércores, día 18, e permanecerá aberto
ata o sábado 📅 4 de
novembro. Durante este período, as persoas que desexen participar no certame
poderán facelo enviando as súas fotografías (sendo dúas o máximo establecido)
ao correo electrónico concursofotografia@concellodeares.com.
📷 As
modalidades do certame son, en primeiro lugar, de 8 a 12 anos (categoría A) e
unha segunda categoría para as idades comprendidas entres os 13 e os 18 anos
(categoría B). Todos eles deberán estar empadroados en Ares ou ser alumnos do
CPI As Mirandas.
📸 Coa
convocatoria preténdese convidar á xuventude a ollar na súa contorna aresá como
contexto para recoñecer a súa herdanza, a través de imaxes, despertando a
capacidade de observar todo o que lles
rodea e recoñecerse en pequeñas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu
vencellamento coa memoria colectiva do pobo de Ares. En concreto, convídase aos
participantes a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións da
súa contorna que consideren parte da súa identidade.
📸 As
fotografías enviadas ao correo electrónico deberán ter formato JPEG ou JPG, cun
tamaño de 6 a 12 megapíxeles.
📷 No mesmo
correo, os participantes terán que achegar obrigatoriamente os formularios de
participación e de identificación das fotografías cubertos e asinados que se
poderán descargar na páxina web do Concello www.concellodeares.gal .
📸 No caso
de que nas fotografías aparezan terceiras persoas deberán achegar tamén
escaneada a autorización de imaxe asinada por elas.
📷 Así
mesmo, as bases do concurso establecen que non serán admitidas imaxes obtidas
mediante fotocomposición nin manipulación dixital, nin aquelas que conteñan
imaxes violentas ou degradantes para individuos ou organizacións.
📸 As
fotografías deberán ser orixinais, non publicadas nin presentadas a ningún
concurso con anterioridade.
Segundo informou a Concellaría de Cultura, o
xurado seleccionará un total de seis fotos (tres por cada categoría) atendendo
a criterios de seguimento das bases, creatividade e orixinalidade da obra.
📷 As
fotografías gañadoras do certame pasarán a formar parte do calendario do
Concello para o ano 2024, identificando o nome dos autores. Ademais, os
gañadores recibirán un agasallo específico de cada categoría (unha cámara de
fotos ou tablet e un lote de libros).
👉 FORMULARIOS DE INSCRICIÓN:
O alumnado de 1º de ESO coa profe de tecnoloxía, Elisa, estiveron a deseñar e construír con material de refugallo un artefacto, armazón ou embalaxe que protexera un ovo nunha caída libre dende un primeiro piso. O reto consistiu en que o artefacto deseñado polo alumnado protexera o ovo e que este non rompera e resistise o impacto. A verdade é que a rapazada implicouse e , aínda que algún ovo rematou esnaquizado, o reto resultou xenial grazas a creatividade do alumnado. Parabéns!
Obxectivos:
· -Utilizar o método científico nos
experimentos e utilizalo para tomar decisións de deseño.
· - Explorar e utilizar as propiedades
dos materiais
· -Aprender sobre a suspensión
· -Aprender sobre a gravidade.
Con motivo do Día do Orgullo Neofalante, hoxe xoves 28, o alumnado de 1º de ESO levou a termo un obradoiro baixo o título “ Somos un pobo de artistas”. Esta actividade que se vai a desenvolver en varias fases ten como obxectivos:
·
Reflexionar
sobre a importancia da diversidade lingüística, as falantes e neofalantes de
linguas minorizadas e os seus propios usos lingüísticos.
·
Dar
a coñecer referentes da riqueza e diversidade da música galega contemporánea.
·
Fomentar
a curiosidade e o aprecio pola escena musical en galego.
· Elaborar
un pódcast onde recoller e espallar a experiencia e as aprendizaxes da
actividade.
Andrea Rico Adega, que pertence a asociación Rexenerando S.
Coop. Galega, foi a persoa encargada de impartir a formación.
Tras este primeiro obradoiro cada grupo, partindo dos
coñecementos previos e da unidade didáctica Cantámola en galego, realizará
un traballo de investigación onde afondará e visibilizará a enorme variedade da escena musical galega,
ofrecendo referentes actuais de diferentes estilos.
Cada grupo rematará o guión iniciado na primeira sesión e
escollerá unha ou varias representantes para locutalo rematando a actividade
coa gravación de pódcast.
Esta actividade foi coordinada dende o noso centro polo Equipo
de Dinamización Lingüística e o departamento de Lingua Galega e impulsada pola Concellería
de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da
Mancomunidade.