Premede nelas se as queredes ver mais grandes
lunes, 31 de marzo de 2014
PREGUNTAS 2ª SEMANA PREGUNTÓN
Aquí vos deixamos as preguntas desta segunda semana de Preguntón. Recordade que tamén están expostas no taboleiro do Preguntón. Animo!!!
Premede nelas se as queredes ver mais grandes
Premede nelas se as queredes ver mais grandes
jueves, 27 de marzo de 2014
“II CONCURSO DE RELATO CURTO - CONCELLO DE ARES”
O Concello de Ares convoca o II Concurso de Relato Curto. A quí vos deixamos as bases.
miércoles, 26 de marzo de 2014
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. LETRAS GALEGAS 2014
Acércase o Día das Letras e desde a AELG achégannos os contidos que sobre Xosé María Díaz Castro dispoñen na súa web:
Por unha banda, no Espazo didáctico hai dúas unidades didácticas, ambas da autoría do profesor e crítico literario Armando Requeixo, quen recentemente defendeu a súa tese doutoral A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: estudo e edición crítica. A continuación tedes os enlaces se premedes neles.
- Para a E.S.O.
-Para o Bacharelato.
Ademais, no Centro de Documentación da AELG, contamos co seguinte material que vos pode ser de utilidade:
Victorino Pérez Prieto
Armando Requeixo
Xoán Antón Cascudo
- Un estudo divulgativo, tamén da autoría de Armando Requeixo, que conta cunha breve antoloxía de textos de Xosé María Díaz Castro, coas súas traducións a castelán, inglés, alemán, francés e italiano.
- Unha análise do poema "Penélope", a cargo do escritor Lois Diéguez.
- O artigo de Armando Requeixo "Versos de Ítaca. Presenza de Díaz Castro", publicado no Faro da Cultura, suplemento do Faro de Vigo.
- O discurso de entrada de Manuel María como académico numerario da Real Academa Galega, titulado A Terra Chá: Poesía e Paisaxe.
- O estudo "Novoneyra e Díaz Castro", no monográfico Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (Escrita Contemporánea. Revista da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, núm. E, páxs. 27-32)
- O artigo "Galegos e cristiáns. "Deus fratresque Gallaeciae" - VI. Unha muller e outros poetas", de Victorino Pérez Prieto.
- Finalmente, vídeos coas lecturas de escritores socios da AELG que escolleron poemas de Xosé María Díaz Castro: (Premede neles parar acceder)
Victorino Pérez Prieto
Armando Requeixo
Xoán Antón Cascudo
Etiquetas:
Letras galegas 2014,
Xosé María Díaz Castro
lunes, 24 de marzo de 2014
COMEZAMOS "O PREGUNTÓN"
Ola amigos e
amigas "preguntóns", xa estamos de novo co noso lexendario concurso.
Sei que este ano estades máis que preparados e motivados para contestar a todos
os retos que vos vaiamos propoñendo. Xa sabedes que cada martes colgaremos 4
cuestións que poden ser preguntas, adiviñas, un xogo...para resolver e depositar
antes do martes seguinte na furna que estará colocada no corredor. Ollo!!!, non
se recollerán as respostas que sexan entregadas fora de prazo.
Aquí vos deixamos as primeiras preguntas correspondentes a este martes 25 de marzo. Xa vedes que
son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que haberá sorpresas.
Vamos...
preparados, listos, xaaaaaa!!!!!
(Para ver mellor as preguntas, premede enriba delas)
CUESTIÓNS DO
MARTES 25 DEMARZO
domingo, 23 de marzo de 2014
miércoles, 19 de marzo de 2014
"O DÍA DA ILUSIÓN". 30 CONCURSO ESCOLAR ONCE
Como ven sendo habitual a ONCE
convocou o 30 Concurso Escolar ONCE . Este ano co lema de "O Día da ilusión”, invítasenos a
reflexionar sobre ela como motor da sociedade que nos empurra a superarnos, a
perseguir as nosas metas, proxectos e soños.
Para elo se nos pedíu que desenvolvéramos un spot publicitario que mostre
por que é tan importante protexela e difundila. E os alumnos e alumnas da ESO
puxeronse mans a obra. Aquí tedes os traballos que realizaron e que foron presentados ao concurso. Xa veredes que
chulos!!!.
4º ESO
3º ESO
2º ESO
1º ESO B
1º ESO
lunes, 17 de marzo de 2014
viernes, 7 de marzo de 2014
POR FIN UN ANTICICLÓN!!!!
Ainhoa nos presenta o tempo para esta fin de semana e por fin daranos boas novas xa que o sol e as altas presións volven a acompañarnos por uns días. Mirade, mirade!!!.
XORNADA DE BIBLIOTECA AO SOL
Despois de meses sen ulir o sol, por fín deixouse ver por estes lares e para celebralo, nós e os nosos libros saímos ao patio a ler baixo a luz e as raiolas do solete Don Lorenzo.
ENTROIDO NO COLE
O entroido deste ano estivo impregnado de artistas : pintores, piratas, músicos, cociñeiros.....toda unha explosión de cor. Aqui deixamos unha mostra fotográfica para que desfrutedes con ela.
domingo, 2 de marzo de 2014
PREDICIÓN METEOROLÓXICA PARA O ENTROIDO
Aquí vos deixamos a predición meteorolóxica para estes días de entroido. Como adianto direivos que seguiremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións pero... mellor que vexades o vídeo que nos presentan os nosos metereólogos desta semana que son nada mais e nada menos que Pablo Cartelle, Luísa Corredoira e Xacobo de Toro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)