Mostrando entradas con la etiqueta SPORURAL. Concello de Ares. Deporte inclusivo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SPORURAL. Concello de Ares. Deporte inclusivo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de febrero de 2024

SPORURAL. EN CONTACTO CO DEPORTE INCLUSIVO

A Concellería de Deportes do Concello de Ares, en colaboración co CPI As Mirandas e no marco da iniciativa europea SPORURAL ERASMUS +, xunto coa colaboración do aresán Álvaro Illobre e a Asociación ADM Ferrol, adicada á inclusión de persoas con discapacidade na práctica de actividades físicas e deportivas , puxeron en marcha  unha xornada de deporte inclusivo.

 A rapazada de 4º da ESO do CPI As Mirandas  entrou en contacto directo co deporte inclusivo realizando actividades como é desprazarse en cadeira de rodas, xusto como ten que facer calquera compañeiro ou compañeria con mobilidade reducida no seú día a día.

 Como é o desprazamento nunha cadeira de rodas? Que problemas inesperados se afrontan e que obstáculos aparecen no día a día? Son algunhas das preguntas que os mozos e mozas de 4º da ESO respostaron vivíndoo directamente na contorna do Porto.

Os rapaces e rapazas subíronse a unha cadeira de rodas e comprobaron de primeira man como é esa experiencia.  Todo isto cun obxectivo claro: fomentar a empatía e a comprensión das dificultades dunha persoa con mobilidade reducida, aprendendo a mirar a súa contorna doutro xeito máis inclusivo e aberto.