jueves, 31 de enero de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ NO CPI AS MIRANDAS




Programa de radio realizado polo alumnado de 4º de ESO no 
Día Escolar da Paz e a non Violencia.

martes, 29 de enero de 2019

OLLOBOI 2019

   

 Xa estamos en condicións de anunciarvos o 9ª Festival audiovisual escolar Olloboi, que este ano terá lugar o venres 10 de maio. 
    Podedes concursar con calquera traballo de videacreación que proceda do mundo escolar, con temática libre e duración preferiblemente inferior ós 20 minutos.
       Aceptaranse un máximo de 8 pezas por centro. Tedes as bases con toda a información na nosa web olloboi.com 
    O día do Encontro Olloboi comezarán os actos no Centro Social de Boiro ás 10:00h coa Muchachada Matiné. Acolleremos alumnado de toda Galicia e asignarémoslles, por grupos, unha parella de artistas do noso cine, quen lles axudarán a facer unha micropeza baseada na cultura de Boiro. 
      Para participar tedes que inscribirvos na nosa web. Procederemos por orde de inscrición e terán prioridade os centros que presenten pezas a concurso. 
      Pola tarde trasladarémonos ós Asteleiros Triñanes, onde coñeceremos diferentes traballos cos que andan a voltas os e as nosas cineastas, e logo faremos a entrega de premios, nunha gala con música en directo e sorpresas. 
     Temos 9 categorías: Olloboi peque, Olloboi Plus 18 e Olloboi Xeral (con recoñecementos á mellor imaxe, música, guión, interpretación, arte e reportaxe). Ademáis, a organización entregará o premio máximo Olloboi Zamburrioi. 
   Como sempre, contaremos cun marabilloso elenco de Ollocómplices: intérpretes, guionistas e cineastas moi presentes no panorama actual. Eles e elas colaborarán na Muchachada Matiné, no xurado e na presentación da gala de entrega de premios. Equipo Olloboi

viernes, 25 de enero de 2019

DEFENDEMOS A EDUCACIÓN, SOSTEMOS O MUNDO

Preparados para a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2019?. Este ano baixo o lema "Defendemos a educación, sostemos o mundo" celebrarase do 1 ao 7 de abril destacando o papel fundamental da educación na loita contra a degradación medioambiental e a transformación cara un modelo social e medioambiental sostible. O futuro do noso Planeta depende de que seamos capaces de transformar o noso modelo económico e os sistemas de produción e consumo. A educación pode salvar o Planeta. Por iso é necesario formar a unha cidadanía consciente das causas e consecuencias do cambio climático e outros problemas medioambientais, e dotala de coñecementos, competencias e actitudes necesarios para buscar solucións, cambiar os seus patróns de consumo e transformar a sociedade.

Preme nesta imaxe e visita a páxina web SAME 2019



miércoles, 23 de enero de 2019

DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO NO CPI AS MIRANDAS

Hoxe  no noso centro conmemoramos o Día Internacional das vitimas do Holocausto nun emotivo acto no que estivemos acompañados polos membros da Asociación Democrática da Memoria Histórica así como representantes do Concello e a comunidade educativa.
Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO, acompañados pola música de Jaime e Jéssica, acenderon 6 velas para lembrar aos millóns de persoas asasinadas no holocausto.
Rematamos o acto coa Canción “Sólo le pido a Dios” de León Gieco, cuxa letra achéganos a tomar conciencia das inxustizas sociais  e dos abusos do poder establecido:

“Que a  dor non me sexa indiferente, que a guerra non me sexa indiferente, que o inxusto non me sexa indiferente, que o futuro non me sexa indiferente…”
Todos nós estamos chamados a saír da indiferenza porque a indiferenza fainos cómplices de tódalas inxustizas do mundo. Quen esquece a historia está condenado a repetila.


          

martes, 15 de enero de 2019

PROXECTO ECOACTIVE. ERASMUS+. A NOSA EXPERIENCIA

En novembro, Ticket2Europe xunto co CPI “As Mirandas” mandaron 5 estudantes de Ares a Daruvar en Croacia cun proxecto europeo Erasmus + de intercambio xuvenil, chamado “EcoActive”. Durante unha semana, 30 alumnos e alumnas de España, Croacia, Georgia, Portugal e mais Servia, conviviron compartindo experiencias xuntos para aprender sobre a sustentabilidade do medio e o activismo social. Os nosos alumnos e alumnas aprenderon sobre a súa pegada de carbono, sobre como ser máis ecolóxicos, sobre como organizar eventos para ter unha maior conciencia con respecto ao medio e moito máis. Por suposto, a lingua de comunicación foi o inglés, e os estudantes fixeron novas amizades e estreitaron lazos desenvolvendo as súas habilidades en lingua inglesa.

Aquí tenéis un vídeo del proyecto


Aquí deixamos as reflexións dos nosos alumnos/as sobre a súa experiencia.








miércoles, 9 de enero de 2019

XINCANA DE NADAL

Aquí tedes o resumo da Xincana de Nadal que realizamos no noso cole, na que todos os departamentos da ESO organizaron actividades lúdico-culturais.  Ciencias, arte,robótica, literatura, música,orientación, educación física...unha morea de probas que fixéstedes maxistralmente. Unha estupenda e divertida xornada como remate deste primeiro trimestre.
Xa estamos preparados para a próxima!!!!!