miércoles, 23 de diciembre de 2015
BO NADAL
COS NOSOS TRABALLOS DE PLÁSTICA ,FEITOS CON MOITO CARIÑO, QUEREMOS DESEXAR QUE PASEDES UNHAS FELICES FESTAS.
ALUMNOS DE 5º e 6º
jueves, 17 de diciembre de 2015
lunes, 14 de diciembre de 2015
jueves, 10 de diciembre de 2015
SESIÓN DE CONTACONTOS NO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
Hoxe 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos, e para conmemorar
esta data tan importante os alumnos e alumnas da ESO realizaron unha actividade
de contacontos para os pequerrechos de infantil. Decir que este contacontos
retomarase á volta das vacacións para que todos os alumnos de primaria poidan
gozar desta historia que tan ben ilustraron, escribiron e contaron as
alumnas de 4º da ESO. (Ana Martínez, Mayolla Martínez, Paola Toribio, Alba
Teijeiro e Lara Rey)
A través do conto “Antón, o neno que
non quería ir á escola”, descubrimos
á importancia da educación, o que supón non saber ler nin escribir e a sorte
que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas.
Tamén nos axuda a comprender que debemos aproveitar a oportunidade que temos de ir á
escola e esforzarnos por aprender para ter un futuro mellor, non como Antón, o
protagonista do noso conto, que non tiña ningún interese en aprender ata que
descubríu o importante que era saber ler.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á
educación está ampliamente recoñecido en numerosas Convencións e
Tratados Internacionais, hay 57 millóns de nenos e nenas en todo o mundo que non van á escola
e outros tantos reciben unha educación
discontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o teñen.
Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos ao mesmo tempo o incumplimento do Dereito á
Educación que se está a dar en tantas partes do mundo.
A EDUCACIÓN CAMBIA O
MUNDO!!!
POLO DEREITO Á EDUCACIÓN DE
TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNDO
Grazas aos nenos e nenas de infantil que estiveron tan atentos coma sempre e que se foron super contentos co agasallo que levaron cada un deles: un precioso lápiz que os axudará no seu proceso de aprendizaxe.
Aquí vos deixamos o conto de Antón.
miércoles, 2 de diciembre de 2015
SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR OS DÍAS DOS DEREITOS HUMANOS E DEREITOS DOS NENOS.
Neste primeiro trimestre do ano hai dúas datas de suma
importancia nas que se conmemoran, por un lado “O Día dos dereitos dos
nenos” (20 de novembro) e por outro, o “Día dos Dereitos Humanos” (10
decembro). Por iso o alumnado da ESO convida a todos os nenos e nenas de Educación Primaria e Infantil á
representación do conto “Antón: o neno que non quería ir á escola”.
O conto ilustrado integramente por Ana Martínez Fernández
coa colaboración de Paola Toribio e adaptado ao galego por Mayolla Martínez Dragó é unha historia para
reflexionar sobre a importancia da educación. Este dereito é un dereito fundamental que
todos os nenos e nenas do mundo deben ter, xa que lles permite adquirir
coñecementos e alcanzar así unha vida social plena. Ademais o dereito á
educación é vital para o desenvolvemento económico, social e cultural de todas
as sociedades. Sen embargo continúa sendo inaccesible para milleiros de nenos e
nenas do mundo.
A través do conto de Antón descubriredes á importancia deste
dereito: un dereito fundamental e universal.
Esperámosvos!!!
As sesións realizaranse na sala de usos múltiples de
secundaria.
Organizan e colaboran: Departamento de EDLG, Departamento de
Reli, Departamento de Lingua Galega.
OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN ORAL: PRESENTÁMONOS COA MÚSICA
Os nenos e nenas de 4º de primaria dánsenos a coñecer empregando a música e a súa creatividade. Escoitade que ben o fan!!!!
Etiquetas:
Obradoiro de comunicacion oral. 4º primaria
A PALABRA XUSTA: UNHA DEFENSA APAIXOADA DO OFICIO DE MESTRE
Hoxe queremos compartir con vós o trailer do documental A Palabra Xusta. Unha película na que
Antía Cal fai unha defensa apaixoada do oficio de mestre. Nas palabras desta
muller de 92 anos está a sabedoría dos que se enfrontan todos os días á
educación e á formación dos nenos e mozos.
Vale a pena ver a súa testemuña!!!
Picade na imaxe para velo.
V CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE
Polos dereitos da
infancia
Un ano máis o noso centro
organiza a V Carreira Quilómetros de
Solidariedade. Esta carreira, enmarcada dentro das actividades solidarias
do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda,
espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as
inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra
banda, recadar fondos en colaboración coa ONG
“Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que
se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria, o alumnado aboará 1 € por inscribirse na
carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo
de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente”
queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá
facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a
recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de
desenvolvemento e emerxencia que esta ONG
leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis
empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula
Mayobre estará connosco e apoiará
esta causa coa súa presenza,
participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.
ORGANIZACIÓN
ESO: Saída as 10:30 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo,
Paseo marítimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio polo
muelle.
Primaria: Saída do colexio as 11:30 horas. As carreiras faranse por
categorías no paseo marítimo dirección nautico a partir das 11:45 horas.
Infantil: A carreira terá lugar as 13:00 horas no pavillón do
colexio.
Agradecemos a todo o alumnado a súa
participación e solidariedade e
invitamos a todos os pais e nais a que o xoves 17 de decembro, saian a rúa a
apoiar aos nosos corredores solidarios.
OPERACION QUILO DE NADAL
Estimadas familias:
Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis solicitamos a vosa colaboración para levar a termo a OPERACIÓN QUILO DE NADAL. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento, ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa.
Estamos ante unha época na que diversas institucións como Cáritas ou a Cociña Económica seguen demandando a colaboración de toda a sociedade, e estamos ante unha ocasión marabillosa para aportar o noso gran de area.
Así pois, alumnado, profesorado e familias poderán contribuír de maneira voluntaria aportando calquera alimento non perecedeiro, dende novembro ata o 11 de decembro. A partir desta data os alimentos serán levados á Cáritas de Ares e á Cociña Económica de Ferrol.
Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)