ANIMÁDEVOS
A PARTICIPAR!!!!!!
Xa temos aquí a IV Edición do
Concurso de Fotografía Xuvenil que o Concello de Ares en colaboración
tamén co noso cole organiza cada ano. Como sabedes, deste concurso sairán as fotografías que se
incorporarán ao calendario municipal do ano 2021 e que se distribúe entre toda
a veciñanza e comarca.
A que che gustaría que a túa fotografía formase parte do
calendario deste ano?. Pois xa sabes o
que tes que facer, colle o teu móbil ou cámara de fotos e anímate a fotografiar
espazos, lugares, obxectos, actos ou situacións da nosa contorna que consideres
parte da túa, da nosa identidade.
CATEGORÍA A: De
8 a 12 anos
CATEGORÍA B:
De 13 a 18 anos
Poderanse enviar un máximo de dúas fotografías en
formato dixital e sen retocar ao enderezo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com. Xunto ás fotografías remitirase o formulario de
solicitude de participación e de identificación das fotografías cubertos e
asinados.
Nos seguintes enlaces tedes as bases do concurso así
como os formularios para descargar. Premede neles e poderedes acceder a eles.
Prazo de entrega: O prazo de entrega remata o 21 de
outubro.
Super Premios:
As fotografías gañadoras pasarán a formar
parte do calendario do Concello para o ano 2021 que se reparte por todo o
municipio, identificando aos autores delas.
Categoría A :
·
1º PREMIO: Unha TABLET
·
2º e 3º PREMIO: Un lote de libros
Categoría B:
·
1º PREMIO: Unha Cámara de fotos
·
2º PREMIO: Unha TABLET
·
3º PREMIO: Un lote de libros
Preparados.... Cámara e acción!!!