Moitas grazas a todas e todos os que colaborastes prestando roupa, maniquíes, etc.
Tamén queremos dar as grazas a Teresa, Elena , Emilio e José Ramón Camaño que viñeron desinteresadamente a tocar para nós na hora do recreo e acompañarnos así, nesta semana das Letras Galegas. Fixeronnos bailar e brincar como só os bos ghaiteiros saben facer.
Mostrando entradas con la etiqueta Letras galegas 2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras galegas 2014. Mostrar todas las entradas
viernes, 16 de mayo de 2014
CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
Un ano máis, achégase o Día das Letras; e para conmemoralo, ademáis do traballo adicado a Xosé María Díaz Castro, desde o EDLG propuxemos para Infantil e Primaria unha exposición sobre o traxe tradicional galego. Xa está montada e agardamos a vosa visita. Poderedes ver os traxes de home e muller, de cotío e de gala. Aquí vos deixamos algunhas fotos para ir facendo boca.
jueves, 8 de mayo de 2014
MONOGRÁFICO DÍAZ CASTRO, CGENDL
Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro. Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc. Dende a CGENDL pretendemos novamente facilitar o voso labor nas aulas; por iso, agardamos polos vosos traballos, propostas e experiencias para partillar co resto do profesorado e as familias: correo@coordinadoraendl.org.
Se premedes na imaxe poderedes acceder directamente á páxina da CGENDL que contén o monográfico sobre Xosé María Díaz Castro.
miércoles, 26 de marzo de 2014
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. LETRAS GALEGAS 2014
Acércase o Día das Letras e desde a AELG achégannos os contidos que sobre Xosé María Díaz Castro dispoñen na súa web:
Por unha banda, no Espazo didáctico hai dúas unidades didácticas, ambas da autoría do profesor e crítico literario Armando Requeixo, quen recentemente defendeu a súa tese doutoral A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: estudo e edición crítica. A continuación tedes os enlaces se premedes neles.
- Para a E.S.O.
-Para o Bacharelato.
Ademais, no Centro de Documentación da AELG, contamos co seguinte material que vos pode ser de utilidade:
Victorino Pérez Prieto
Armando Requeixo
Xoán Antón Cascudo
- Un estudo divulgativo, tamén da autoría de Armando Requeixo, que conta cunha breve antoloxía de textos de Xosé María Díaz Castro, coas súas traducións a castelán, inglés, alemán, francés e italiano.
- Unha análise do poema "Penélope", a cargo do escritor Lois Diéguez.
- O artigo de Armando Requeixo "Versos de Ítaca. Presenza de Díaz Castro", publicado no Faro da Cultura, suplemento do Faro de Vigo.
- O discurso de entrada de Manuel María como académico numerario da Real Academa Galega, titulado A Terra Chá: Poesía e Paisaxe.
- O estudo "Novoneyra e Díaz Castro", no monográfico Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (Escrita Contemporánea. Revista da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, núm. E, páxs. 27-32)
- O artigo "Galegos e cristiáns. "Deus fratresque Gallaeciae" - VI. Unha muller e outros poetas", de Victorino Pérez Prieto.
- Finalmente, vídeos coas lecturas de escritores socios da AELG que escolleron poemas de Xosé María Díaz Castro: (Premede neles parar acceder)
Victorino Pérez Prieto
Armando Requeixo
Xoán Antón Cascudo
Etiquetas:
Letras galegas 2014,
Xosé María Díaz Castro
martes, 18 de febrero de 2014
ESPAZO WEB SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
A Secretaría Xeral de Política Lingüística adiántase á celebración do centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado o Día das Letras Galegas 2014, mediante a apertura dun espazo web que pon á disposición dos centros educativos recursos elaborados por equipos de dinamización da lingua galega. Nesta mesma ligazón poderedes atopar tamén outros materiais de carácter xeral:
Ao longo das próximas semanas irase ampliando o dito espazo con novos materiais que, sen dúbida, servirán para coñecer mellor a vida e a obra deste autor.
Convidámosvos a que, se estades elaborando actividades relacionadas co poeta e queredes compartilas, as enviedes ao Gabinete Provincial de Normalización Lingüística para que poidan ser difundidas a través do web da SXPL.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


