Mostrando entradas con la etiqueta videos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta videos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de febrero de 2015

FESTIVAL DE CLIPMETRAXES

O alumnado de 4º ESO do cole de Ares está a concursar no Festival de Clipmetraxes sobre a pobreza e o cambio climático. Como hai un premio ao clipmetraxe máis votado, pediríavos que si queredes, piquedes na foto, o vexades e nos regaledes un voto.



  GRACIÑAS. POR UN MUNDO MÁIS HUMANO E SOSTIBLE!!!

miércoles, 4 de febrero de 2015

MINI DOCUMENTAL: AS ONGD´S COLECTIVOS DE ACCIÓNS SOLIDARIAS

O alumnado de 1º ESO estivo a traballar sobre o papel que xogan as ONGD´s no desenvolvemento humano dos pobos. A partir da información que foron recompilando gravaron este vídeo documental no que se inclúen algunhas das ONGD´s máis importantes e as actuacións que están a realizar, encamiñadas ao desenvolvemento de colectivos excluídos ou en risco de exclusión, así como a países ou comunidades necesitados de axuda e ao  desenvolvemento humano e sostible do noso planeta.
Con esta actividade preténdese potenciar o uso oral e escrito do noso idioma así como fomentar os “Proxectos documentais” que integran as Tic e o Proxecto Lector.
Aquí vos deixamos o vídeo. Esperamos que vos guste.

sábado, 8 de noviembre de 2014

SE QUEREMOS QUE PASE ALGO, TEMOS QUE SOÑALO.

Se ben é certo que encontrarse con publicidade que che atrape de principio a fin é todo un reto nestes días, debemos recoñecer que os publicistas de Gadisa o lograron. Non só atrapando a nosa atención; senón tamén realizando unha chamada á reflexión, apelando a que a percepción do mundo depende dos ollos cos que se mire, e transmitindo unha mensaxe de optimismo, facendo un chamamento aos soños como ese motor de facer que as cousas sucedan: "se queremos que pase algo, temos que soñalo! ". Introducindo ademais o concepto de que hai que volver a nacer (como metáfora de reinventarse para saír desta nova situación que vivimos, á que seguimos chamando crise).
No spot que vos deixamos a continuación, os protagonistas son os avós. Eles son os que transmiten a sabedoría aos máis novos a través da experiencia, narrando diferentes situacións e reflectindo a forma “en que as afrontamos os galegos”; todo contado con ese ton nostálxico e tenro con que os maiores contan aos máis novos a súa visión das cousas.

               

jueves, 23 de octubre de 2014

"Ghalegho", fenómeno viral.

Un grupo de mozas e mozos reivindican o uso da "gheada" e do "seseo" nun vídeo nas redes sociais.


            

sábado, 18 de mayo de 2013

INFORMATIVO TV "TESMOITALINGUA"

Programa dos servizos informativos do canle "Tesmoitalingua" sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.

martes, 21 de febrero de 2012

DENDE A ANTÁRTIDA PARA O CPI CONDE DE FENOSA

Video realizado polo biólogo e investigador aresá Javier Cristobo para os alumn@s do colexio "Conde de Fenosa" de Ares. Cristobo atópase realizando a campaña científica Actiquim  na que estudan o papel dos productos naturais de orixen mariño nos ecosistemas da Antártida para valorar cal é o seu potencial farmacolóxico.

               

viernes, 13 de enero de 2012

OS MEDIOS EN GALEGO IMPORTAN. Ensaio sobre a retranca

Nun ano no que vimos desaparecer A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, A Peneira... (seguro que me queda algún), rir un pouco (aínda que sexa de nós mesmos) non nos vén mal. Iso é o que temos que facer logo de ver e escoitar a este auténtico showman chamado Carlos Blanco, usando un dos nosos recursos máis característicos: a retranca. A ver se a súa reivindicación serve de algo.


domingo, 4 de diciembre de 2011

A LINGUA SABE A PAN

Deixámosvos  aquí este vídeo (Lipdub) que fixeron no CPI Virxe da Saleta, de Cea. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, elaboraron a letra de A Lingua Sabe a Pan; a música sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega.
A nosa noraboa!


A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.