jueves, 25 de marzo de 2021

O BIÓLOGO JAVIER CRISTOBO CO ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 1º de primaria non deixan de aprender cos seu proxectos de aula. Neste segundo trimestre quixeron investigar sobre a Antártida e aprenderon moitísimas cousas pero…que mellor remate para o seu proxecto que contar coa presencia, aínda que virtual, do biólogo aresán Javier Cristobo. Quen mellor ca el para falarlles da Antártida e responder ás súas preguntas e inquedanzas.

Gracias Javier por compartir, unha vez máis, o teu tempo cos nosos alumnxs.

 


lunes, 8 de marzo de 2021

MULLERES DA NOSA VILA. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Os alumnos e alumnas de 1º de primaria quixeron traballar o Día Internacional da Muller dando visibilidade a algunas das mulleres da nosa vila que traballan en distintos campos. Os nenos e nenas elaboraron e lles fixeron chegar unha batería de preguntas a Paula Mayobre, Aida Carro, Carla Vilasánchez, Conchi Ramil e Elena Fuentes, que elas, moi amablemente, contestaron a través dos seguintes vídeos. Agradecemos enormemente á sua colaboración neste traballo e transmitirlles os nosos parabéns polo seu bo facer. Estamos moi orgullosxs por contar na nosa vila con mulleres como elas.



 



As nenas e nenos de primeiro redactaron as preguntas que logo enviaron ás  nosas protagonistas.



Tamén, coa axuda das súas profes Lucía e Paula,  fixeron un tríptico no que colocaron ao lado da fotografía de cada unha das protagonistas o código QR onde estaba aloxado o vídeo que nos reenviaron.




Na clase todos e todas viron e comentaron os vídeos que Paula, Carla, Conchi,Aida e Elena lles enviaron. 







 PARABÉNS, QUE GRANDES REPORTEIROS  QUE SODES!!!!

domingo, 7 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

Neste Día Internacional da Muller, desde o CPI As Mirandas de Ares e o CPIP Virxe da Cela de Monfero,  vai o noso recoñecemento a todas as mulleres e o noso desexo dun futuro en igualdade en tódolos ámbitos da vida. Grazas a todas por saber  escribir a historia con tinta indeleble e por deixar a vosa pegada  nas nosas vidas.


sábado, 6 de marzo de 2021

XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO " UN DEBUXO PARA ROSALÍA "

Mil grazas aos 70 alumnxs participantes e a Víctor Rodríguez (profesor de Ed. Artística do centro) por aceptar a difícil tarefa de decidir os debuxos gañadores.

GAÑADORES:

Educación infantil : Lucas Martínez Rouco

Educación Primaria : Valentina Costas Cortés

Educación Secundaria : Ángel Fernández Hermida