Hoxe os rapaces e rapazas da ESO volveron ao cole, con todas as medidas de
seguridade, para recoller as súas notas. Desde aquí queremos desexarvos un bo
verán con sentidiño, xa sabedes, e vémonos á volta.
Aos alumnos e alumnas de 4º que graduáchedes este ano, só desexarvos o
mellor na nova etapa que comezades e esperamos que volvades a facernos unha
visitiña de cando en vez.
Hoxe, nun emotivo acto virtual entre
melancólico e alborozado,despedimos aos nosos alumnos e alumnas de 4º de
ESO. Unha mestura de satisfacción polo deber cumprido por uns e por
outros, e de tristeza polo que supón de despedida entrañable tras tantos anos
de convivencia como membros do CPI As Mirandas. Tod@s nós quixeramos que este
acto de graduación fora máis cercano e puideramos abrazarnos, pero como dixo Richard
Bach, a amizade e o afecto non dependen
de cousas como o espazo e o tempo así que, aínda que lonxe fisicamente, sentímosvos
moi preto.
Moitos dos vosos profes que, ao longo de todos estes anos
vos acompañaron nesta vosa andaina educativa, tamén quixeron gravar unhas
cariñosas palabras de despedida que podedes ver no vídeo pendurado máis abaixo.
Para rematar querémosvos desexar de corazón toda a sorte
do mundo na nova etapa que comezades, e recordarvos que sempre teredes abertas
as portas deste, o voso cole.
Parabens e… moita sorte!!!
A continuación se premedes na imaxe, podedes ler o discurso de Jéssica Criado de 4º ESO B
Grazas ao
alumnadoe as familias do CPI AS
Mirandas de Ares por contribuir a espallar a nosa tradición das alfombras
florais máis aló das nosas fronterias a través do Proxecto ERASMUS+.
Parabéns pola
labor que fixéstedes esta fin de semana nas vosas casas elaborando esas
alfombras florais tan belas e creativas e sobre todo, por seguir mantendo vivas as nosas tradicións.
Este curso, por mor da crise sanitaria que estamos a
vivir, as xornadas de acollida para o alumnado de 6º de EP que comeza a ESO non
puideron ser presenciais, polo que o Departamento de Orientación preparou este
plan de acollida virtual. Grazas a Begoña á nosa orientadora e ás alumnas de 1º
de ESO Nagore, Antía e Alba que colaboraron na realización desta presentación.
AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación
Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal)
convocaron a quinta edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución
de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o
noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3º participou o 5 de marzo. Trátase
dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son
grupos-clase completos.
O noso alumnado de 3º estivo preparándose
con varios simulacros e puxeron moita ilusión e miolos para resolver os cinco
problemas cós que a organización os retou.Este grupo de 15 rapazas e rapaces estivo moi ben organizado
repartíndose o traballo durante a hora e media que durou a proba. Ese reconto
de triángulos levounos ao límite pero entregaron a tempo as solucións... As
vixilancias fanas profesorado que non imparte clase no centro que vai vixiar,
así que este ano Sindo, profesor do IES Fragas Do Eume estivo no CPI As Mirandas,
e Belén no IES Fragas Do Eume. O alumnado quere dar as grazas a Sindo polas
súas palabras de tranquilidade e pola súa cercanía, e tamén moitas grazas pola
acollida no Fragas Do Eume. Este ano a
publicación dos gañadores retrasouse pola situación provocada pola pandemia
pero por fin xa o sabemos... e o noso equipo de 3º Académicas proclamouse
gañador desta edición. Noraboa a todas as rapazas e rapaces polo ben que o
fixeron!!!!!Non poderán desfrutar do
premio de pasar unha fin de semana nunha cidade do norte de Portugal pola
situación que estamos a atravesar pero deben estar moi orgullosos por todo o
que fixeron, e saber que a vida porá nos seus camiños moitas oportunidades de
xogar coas Matemáticas. Esperamos xa con moitas ganas a VI Edición de Matemáticas
Na Raia.