Mostrando entradas con la etiqueta 3º E.S.O.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º E.S.O.. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de abril de 2025

O ALUMNADO DE ESO VISITA A EXPOSICIÓN GALICIA EN FOCO

Hoxe, o alumnado de 4º e 3º de ESO tivemos a oportunidade de achegarnos á Casa da Xuventude para visitar a exposición "Galicia en Foco". Esta mostra fotográfica, que xa chega á súa 33ª edición, é un verdadeiro agasallo para os amantes do fotoxornalismo e da cultura galega. Ao entrar na sala, fomos recibidos por unha serie de imaxes que capturan a esencia da nosa terra. Cada fotografía é unha crónica visual que narra os grandes acontecementos que a sociedade galega viviu nos últimos tempos. Desde festivais tradicionais até momentos de cambio social, cada instantánea contaba unha historia que nos conectaba co noso entorno e a nosa historia. A través da óptica dos fotoxornalistas, puidemos apreciar o seu labor e profesionalidade, que se traduce en imaxes poderosas e cheas de significado. É impresionante ver como cada fotógrafo consegue capturar a esencia do momento, convertendo a súa mirada en testemuña da Galicia contemporánea. A verdade é que as fotografías nos impresionaron moito. Cada unha delas era un convite a mergullarnos na historia que contaban, e a todos nos gustou moito a exposición. Recomendamos a todo o mundo que se achegue a visitala, non vos deixará indiferentes.

 








lunes, 22 de abril de 2024

CINZA, A OBRA QUE AGROMOU PARA UNIR CÓMIC E LITERATURA


O venres, 19 de abril,  recibimos con gran expectación a Manel Cráneo e Xavier Alcalá, que se achegaron ao CPI As Mirandas para falarnos de literatura, cómic, arte, historia, e de moitas outras cousas.

Xavier Alcalá  é un dos escritores máis senlleiros do noso país, e a súa novela A nosa cinza, un libro de referencia para varias xeracións de lectores dende que se publicou en 1980.  Esta novela é das máis vendidas na Galiza, só superada por Memorias dun neno labregoA esmorga. Como curiosidade contada polo propio autor houbo hai décadas, incluso moitos exemplares que se venderon en edicións "piratas" que permitiron que unha persoa pouco escrupulosa, fixese durante un tempo un negocio.   N´A nosa cinza, o tempo descorre entre os días de escola, a adolescencia coas súas inseguridades e medos, o espertar dos sentimentos amorosos e a descuberta do valor da amizade. Unha novela especialmente indicada para o noso alumnado de 3º ESO.

A partir da semente d´A nosa cinza xorde unha nova obra de arte, unha obra de arte diferente que sae da imaxinación, do talento de Manel Cráneo: CINZA.  Un obra que agroma con poderío e un gran impacto visual ao lector. Cinza  é a adaptación ao cómic feito por Cráneo do “long-seller” de Alcalá. Alcalá versus Cráneo. Literatura e cómic conversando da man de “dúas mentes creativas e xenerosas”.

Un novo formato que permitirá adentrarse no mundo da literatura dunha forma gozosa, a novas fornadas de lectoras e lectores. Agradecemos a xenerosidade dos autores e a súa absoluta disposición para acercarse ata Ares e amosarnos unha milésima parte da súa arte e bo facer.

Para rematar, as verbas do propio Manel Cráneo, actualmente director do Salón Viñetas do Atlántico no prefacio da obra, “ un importante anaco das nosas vidas, que como a cinza que se perde no aire, son efémeras, pero as obras prevalecen, e esta que tes nas mans agora tamén é túa”. Manel Cráneo, debuxante ou poeta?


PRESENTACIÓN A CARGO DAS ALUMNAS DE 3º ESO






miércoles, 3 de abril de 2024

OS NOSOS MAGNÍFICOS CONTACONTOS

 Hoxe un grupiño de rapazas e rapaces de terceiro da ESO realizou, como  en outras ocasións, unha sesión de contacontos para os nenos e nenas de 1º de primaria. A través do conto “O mundo das cores” reflexionamos sobre o importante que somos cada un de nós a pesar das nosas diferenzas, porque somos Diversamente Iguais e imprescindibles para dar cor e luz ao mundo.

 Ao remate os pequenos levaron como agasallo unha pulseira co lema “Diversamente Iguais”.

Parabéns a esta rapazada que tan ben prepara e conta historias. Os pequenos xa están desexando volver!

 









viernes, 22 de marzo de 2024

VISITANDO O PATRIMONIO DA NOSA CONTORNA

  Esta semana, antes das vacacións de Semana Santa,   aproveitamos o fin dos exames e o bo tempo para visitar un dos lugares máis fermosos da nosa contorna, a Igrexa e o entorno de Lubre.

Fomos cos dous cursos de 2º da ESO, que este ano estudaron Arte Románica, para ver un exemplo perfecto deste estilo artístico. Pero, tanto con segundo  como con terceiro da ESO,  fomos moito máis atrás no tempo para lembrar o significado que tiñan os Lubres como lugares de culto, espazos máxicos, na época Castrexa. Foron da man os novos coñecementos, o asentamento de contidos vistos na aula, e tamén o desfrute de facelo ó aire libre, sempre máis agradable e lúdico. En resumo, foi un bo momento que compartimos e do que tamén queremos  facervos partícipes a vós.



  


sábado, 4 de mayo de 2013

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º E 4º DE ESO DO NOSO CENTRO PARTICIPARON NO II ENCONTRO DE ALUMNOS DE MÚSICA DE GALICIA EN VILAGARCÍA

O pasado día 26 de Abril, o alumnado de Música de 3º e 4º de ESO participou no II Encontro que tivo lugar no Auditorio de Vilagarcía, encontro organizado polo profesorado de Música de Secundaria e Bacharelato  de Galicia.
Asistiron alumnos de 15 institutos da comunidade galega, que actuaron representando temas de Luar na Lubre, Son de Seu, Milladoiro, Carlos Núñez. xa que a temática do encontro era relacionada coa música creada en Galicia, ..... e demostrando o aprendido neste curso.
Unha xornada moi divertida na que o noso alumnado ademáis de demostrar o seu saber instrumental, acompañaron a súa interpretación con fotografías de Ares, e tiveron a oportunidade de compartir experiencias con outros rapaces doutros centros enriquecendo así a súa cultura musical.
Os nosos parabéns, ao alumnado e á profesora Teresa Frieiro.
Déixovos unha breve mostra da experiencia:

sábado, 23 de junio de 2012

PREMIO "CONCURSO DE ELABORACIÓN DO XORNAL DE GALICIA"

Os alumnnos/as de 3º ESO A: Laura Ordóñez García, Roberto Rivas Couce e Miguel Rodríguez Castro gañaron o concurso da Fundación Barrié que consistíu en reproducir e crear unha serie de artigos periodísticos de "O Xornal Galicia". Como tod@s sabedes xa,  Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, foi director do mesmo desde ano 1922 ata o 1926.
Roberto Rivas Couce foi premiado por unha crónica periodística e Laura Ordóñez García e Miguel Rodríguez Castro por unha editorial do xornal. 
De parte da Comunidade Educativa, os nosos parabéns a todos eles.

 Os nos@s premiados xunto con Xoan, o seu profesor de galego.

jueves, 7 de junio de 2012

Primeiro Encontro de Alumnos de Música de Secundaria


O 24 de maio, os alumnos de 3º da ESO A e algúns de 4º, participaron no Primeiro Encontro de Alumnos de Música de Secundaria que se celebrou durante a mañá no auditorio de Narón.
Participaron un total de 12 centros de diferentes lugares de Galicia. Cada un tiña que interpretar dous temas relacionados coa música no cine. Os temas interpretados polos alumn@s do noso centro foron: “He´s a pirate", un dos temas principais dá película Piratas do Caribe (3º ESO) e o tema “Marcha do Coronel Boggey” da banda sonora dá película Ponte sobre o Río Kwai (4º ESO).
Parabens a todos os rapaces que participaron nesta experiencia de compartir os traballos realizados polos diferentes centros. Tocaron diante de preto de 400 persoas simplemente cos nosos instrumentos de aula e nun auditorio que é realmente grande. E... fixérono moi ben!

Alumnado participante no concerto


 Dous momentos da interpretación dos nosos alumn@s


jueves, 2 de febrero de 2012

CONTOS DA PAZ PARA OS PEQUERRECHOS DE 5 ANOS

Hoxe os nenos e nenas de 5 anos visitaron a aula de música no edificio de secundaria. Alí os alumnos e alumnas de 3º da ESO e mais o alumnado de 2º da ESO de “Reli” contáronlles aos pequerrechos dous contos sobre a paz titulados "Buscando a paz" e "A espada pacifista". Ao remate dos contos os rapaces e rapazas de 3º, dirixidos pola profe de música Teresa, interpretaron o Himno a Alegría. Os pequerrechos de infantil portáronse moi ben e foron agasallados con caramelos. Agardamos que volvan pronto a facernos unha visita.






lunes, 22 de noviembre de 2010

1º PREMIO NO III CONCURSO DE ROBÓTICA DE GALICIA

Parabéns aos nosos alumnos de 3º e 4º da ESO que este ano acadaron o 1º Premio no concurso organizado por IGACIENCIA na localidade lucense de Burela. Unha nova fantástica logo dunha xornada estupenda, na cal visitamos o barco boniteiro museo Reina del Carmen, onde aprendimos un pouco mais sobre o traballo dos mariñeiros, xantamos no mesón A Pedra, no que fomos maravillosamente atendidos polos donos, e os alumnos de 4º visitaron a planta de produción de Sargadelos.

Disfrutade do premio e esperemos ter a oportunidade de asistir o ano que ven!



Aquí vemos a Laura e Beatriz recollendo o premio en Burela, localidade á que se trasladaron para o acto.


                                

  Visita en Burela ó barco  boniteiro museo Reina del Carmen
                               

martes, 8 de junio de 2010

ÓPERA E GRAFFITIS

O dia 31 de maio os departamentos de Música e Educación Plástica organizamos unha saída á Coruña cos alumnos de 3º da ESO.
Durante a mañá fomos ao teatro Colón para ver e escoitar "A pequena frauta máxica", unha adaptación da ópera A frauta máxica de Mozart. A obra é unha producción do Liceo de Barcelona coa posta en escea e o vestiario de Els Comediants, o que é unha garantía de calidade.
Despois de comer no monte de Santa Margarita, voltamos ó Cantón para asistir á exposición "Postgraffiti: Xeometría e Abstracción" na fundación Caixa Galicia organizada polo Museo Urbano de Arte Urbano de A Coruña, MUAU ( clicade aquí http://www.muau.org/expo.php) . Alí despois da visita guiada, fixemos un obradoiro moi ben aproveitado.

Nas fotos podedes ver un resumo do noso día na Coruña. Fixádevos nos nosos graffiteiros!!!!!

Chegamos pola tarde, cansos pero satisfeitos.

No teatro Colón

Os nosos graffiterios en plena acción


O grupo coas profes Marisa e Teresa


                                       

martes, 12 de enero de 2010

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E AS NENAS

Con motivo do "Día Internacional dos Dereitos dos Nen@s", os alumnos e alumnas de 2º e 3º curso da E.S.O. realizaron un traballo  na aula de informática sobre este evento. A través del poideron reflexionar sobre as oportunidades, os dereitos e deberes que teñen todos os nenos e nenas do mundo.
A continuación podemos ver o resultado de tan fenomenal traballo.


dereitos do neno
View more presentations or Upload your own.

Tamén os alumnos/as de 1º da E.S.O. traballaron os dereitos dos nenos  elaborando un mural e aportando as suas reflexións e textos alusivos aos mesmos.






--------------------------------------------------------------------------------------
CONCERTO DIDÁCTICO PARA OS ALUMNOS DE PRIMARIA





lunes, 14 de diciembre de 2009

" A MAXIA DA ROBÓTICA"

Os alumnos de 3º curso da ESO asistiron o día 10 de novembro, logo dun bo madrugón, pois saímos ás sete e media da mañá, a un taller- concurso de programación de robots LEGO en Santiago de Compostela. A actividade promoveuse ao abeiro da Semana das Ciencias. Aínda que non conseguimos premio algún, os nosos alumnos acadaron unha boa puntuación no devandito concurso e, o mais importante, aproveitaron a oportunidade para aprender os fundamentos da robótica. Asemade, aproveitamos a viaxe para visitar o Museo de Ciencias Naturais "Luís Seoane" e coñecer así unha magnifica mostra da fauna galega e distintos tipos de minerais, entre outras cousas.






Os alumnos e alumnas de 3º E.S.O. as portas da facultade donde se atopa o
Museo de Ciencias Naturais "Luís Seoane"



-----------------------------------------------------------------
CELEBRACIÓN DO SAMAÍN







-----------------------------------------------------------------------------------------------------
OUTONO: EXPOSICIÓN DE SETAS E COGUMELOS