miércoles, 30 de noviembre de 2022

ENTREGA DOS PREMIOS DA VI EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Esta tarde no salón de actos da Alianza Aresana,  e coa presenza das concelleiras Alma Barrón e Olimpia Marcos así como do fotógrafo Marcos Alonso e Yolanda Castro en representación do noso colexio, foron entregados os premios da VI edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares.

O xurado tivo a difícil tarefa de elixir entre as case 80 fotografías presentadas, as que ilustrarán o  calendario do Concello para este próximo ano 2023, calendario que se presentou no acto.

Parabéns a Lis, Yaiza, Alejandra, Ariadna, Aila e Héctor autores/as das fotos gañadoras e ao resto das  e dos participantes!










jueves, 24 de noviembre de 2022

# 25N . DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra hoxe 25 de novembro, rapazas e rapaces de 3º ESO do noso cole realizaron este vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral, sobre esta data.

 Desde o noso centro adherímonos a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e na convivencia que todas e todos queremos.

 Durante a xornada proxectarase nas clases o vídeo feito polo alumnado e realizarase un minuto de silencio. 

 


lunes, 21 de noviembre de 2022

20 Novembro. DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENXS. CPI AS MIRANDAS

O 20 de novembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs. Desde o CPI As Mirandas queremos chamar a atención sobre os millóns de nenos e nenas que seguen sen ter acceso aos dereitos máis básicos como a educación, a sanidade, un fogar...e que teñen que abandonar os seus soños. E facemos tamén un chamamento aos gobernos para que cumpran os seus compromisos de realizar plenamente os dereitos da infancia. Hai que traballar para que todxs, independentemente do lugar ou as condicións nas que nazan, teñan un futuro mellor!

Con este vídeo reivindicamos os dereitos para todos os nenos e nenas do mundo!


domingo, 20 de noviembre de 2022

RECIBIMOS A CARTA DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CÁDIZ

Despois de varios días de espera por fin nos chegou a carta das compañeiras/os do cole de Cádiz. Puxémonos moi contentos/as cando a recibimos e estabamos moi ansiosos/as por abrila. 

 Pero mellor que vexades o vídeo!.Premede na seguinte imaxe para velo

sábado, 12 de noviembre de 2022

FESTA DO MAGOSTO NO CPI AS MIRANDAS

Onte celebramos o Magosto e o día do peón. Pasamos unha fermosa xornada acompañada de degustación de castañas asadas que saborearon os nenos e nenas xunto coas súas familias, logo de que todos e todas demostraran as súas habilidades bailando os peóns.

 Que ben o pasamos!😊👏


jueves, 3 de noviembre de 2022

SAMAÍN 2022

  CHEGOU O TEMPO DO SAMAÍN, E TAMÉN DAS CABAZAS. GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS E DAS NENAS E NENOS, DECORAMOS O NOSO COLE E QUEDOU XENIAL!!!


miércoles, 2 de noviembre de 2022

XA CHEGOU A CARTA A CÁDIZ

 As nenas e nenos de 1º e 2º de primaria seguimos co noso proxecto na procura do misterio das especias atopadas no cofre mergullado na ría de Ares. Como sabedes, enviamos unha carta aos compañeiros e compañeiras do cole de Cádiz e xa a recibiron. Agora esperamos impacientes a súa resposta...

Mentres tanto nós, non paramos de facer cousas e recibimos no noso cole a visita dun experimentado mariño que nos ensinou moitas curiosidades dos barcos.

Ao mesmo tempo seguimos experimentando, descubrindo, creando e xogando nos nosos ambientes de aprendizaxe. Pasámolo xenial!!