Mostrando entradas con la etiqueta Actividades no centro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades no centro. Mostrar todas las entradas
miércoles, 19 de diciembre de 2018
OPERACIÓN QUILO 2018
Hoxe fixemos entrega das doazóns feitas na Campaña Operación Quilo 2018.
Grazas a todos e todas, familias, alumnado, profesorado e comunidade educativa en xeral pola vosa aportación e apoio na Campaña de recollida de alimentos para axudar ás institucións de “Cáritas” e “Cociña Económica”.
sábado, 15 de junio de 2013
OS ALUMN@S DE 4ºDC ACHEGAN A CIENCIA E A TECNOLOXÍA AOS MÁIS PEQUENOS
Dirixidos polos profes Jorge (Física e química) e Daniel (tecnoloxía) os alumnos de 4º DC achegaron
aos máis pequerrechos a maxia da ciencia. Os pequenos puideron coñecer de
cerca como se analiza a auga da Xunqueira, como por arte de maxia cambia de cor...entre outros moitos experimentos. Tamén puideron manipular e xogar cos mecanismos que crearon en tecnoloxía os
alumnos maiores (coches, grúas,
elevadores...). Os pequerrechos pasárono moi ben, e os maiores, no seu papel de “docentes”
tamén. En hora boa a todos pola “clase maxistral” e aos peques por ser tan
receptivos.
Etiquetas:
Actividades no centro,
Ciencia para os pequerrechos
HAI UN AMIGO EN TI
O alumnado de 2º xunto coas profes Meli e Lara representaron a obra de teatro "Hai un amigo en min!. A verdade é que quedamos todos encantados coa producción da mesma. Non só prepararon os decorados, a interpretación musical, o vestiario... senon que ¡escribiron a obra!. Impresionante a labor desta "gran compañía teatral". E o resultado fantástico. Gustou tanto que os pequenos quedaron con ganas de máis. En hora boa a tod@s!!.
Etiquetas:
Actividades no centro,
teatro Hai un amigo en mi
sábado, 25 de mayo de 2013
PROGRAMA DE ASPANEPS "PONTE NO MEU LUGAR" PARA O ALUMNADO DE 6º PRIMARIA
Estivo tamén presente nunha das xornadas a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro. Nesta xornada, Aspaneps entregou á nosa directora, Blanca Cortizas, o diploma acreditativo da realización do programa levado a cabo.
Etiquetas:
Actividades no centro,
Aspaneps,
Primaria
jueves, 4 de abril de 2013
IMAXINA CANTARES…
Coincidindo
co Día de Rosalía e coa celebración do 150º aniversario da publicación de
Cantares Gallegos o alumnado de infantil 5 anos presentouse ao concurso Imaxina
Cantares!, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este concurso ten como obxectivo que os máis novos poidan gozar da
obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual. Con esta
iniciativa, o significado dos versos de Cantares Gallegos reinterpretanse nas
formas de expresión máis atractivas para os alumnos e alumnas de hoxe, sempre
sen perder a esencia que os consagrou como universais.
Así,
os pequerrechos de infantil de 5 anos dirixidos polas súas profesoras,
realizaron un mural sobre Rosalía e recitaron de forma explendida os seus poemas. Aquí tedes o fermoso resultado de tan bo traballo. En hora boa aos pequerrechos e a súa profe.
OBRADOIRO DE CANTO E BAILE A CARGO DE EMILIO MESÍAS FARÍAS
O EDL organizou
un "Obradoiro de iniciación ao canto e o baile” impartido por Emilio Mesías. Mediante o baile os alumnos tomaron
consciencia do espazo e das partes do seu corpo ademais de traballar e aprender
cancións infantís con rítmicas sinxelas acompañadas de bailes, movementos e
xogos. Desde aquí damos as grazas a Emilio pola colaboración desinteresada
na realización deste obradoiro.
Aquí tedes un pequeno
vídeo do que foi a actividade.
martes, 13 de noviembre de 2012
A QUE SABE A LÚA?
Como si de uns
grandes contacontos se tratara, os alumnos de 3º da ESO (Laura, Judith, Sara,
Ainhoa, Antonio, Felipe e Lucía) representaron para o alumnado de infantil unha
adaptación do conto A QUE SABE A LÚA? de Kalandraca, no que un grupo de animais
intentan chegar a lúa e arrincar un
chisquiño dela para saber a qué sabe. Despois de trepar uns enriba dos outros o
ratiño consegue acadar un anaco e, sabedes a que lles soubo?. Pois sóubolles
a aquilo que máis lles gustaba a cada un deles. A verdade é que os
pequerrechos de infantil xa tiñan moi claro a que lles sabía a lúa, por
unanimidade a lúa, para eles, sabe a queixo!!!.
lunes, 12 de noviembre de 2012
ESTES TÉÑENCHE MOITO CONTO
[...]
Se
salvas o lagarto, morrerá túa nai. Se matas o lagarto, morrerá a
túa noiva.
Ti que
farías? Umm...
Nesta
encrucillada puxeron aos alumnos de Secundaria a parella de
contadores que de novo nos visitou. As historias seguen a ser
sinxelas, inxenuas, tenras, pícaras, filosóficas, ... extraídas da
sabedoría popular de calquera parte do mundo, dende África á
Antártida.
O
estilo, espido de adornos
retóricos, conxuga as estratexias do conto popular de base
reiterativa, coa expresividade lingüística e xestual dos grandes
narradores orais. O ritmo vivo hipnotiza os espectadores á espera
dun remate sorprendente.
Todos
os alumnos dende o 3º ciclo de Primaria ata 4º de Secundaria
puideron gozar do poder da palabra destes narradores fantásticos. EN
ESTÉREO BILINGÜE.
sábado, 23 de junio de 2012
FALLADOS OS PREMIOS DO III CERTAME DE FOTOGRAFÍA ORGANIZADO POLA ANPA E O CPI CONDE DE FENOSA
O xurado do certame de fotografía elixíu a fotografía gañadora desta III Edición do concurso que foi a realizada pola alumna de 3º ESO Silvia García. A verdade é que os membros do xurado tivérono moi difícil debido á calidade dos traballos presentados.
Desde aquí queremos dar a en hora boa á gañadora e a todas e todos os participantes.
Se queredes votarlle unha ollada ás fotografías presentadas ao certame premede no seguinte enlace:III CERTAME DE FOTOGRAFÍA
Fotografía gañadora
jueves, 24 de mayo de 2012
CHARLA SOBRE OS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS
A
Semana pasada coincidindo cos actos do Día das Letras Galegas, O Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Música, organizaron unha
interesante charla sobre os instrumentos tradicionais galegos. A charla foi
impartida por José Mª Álvarez Marías, multiinstrumentista (gaiteiro,
zanfonista, frautista, guitarrista, etc.), foi fundador da “Escola de Gaitas de
Ortigueira” e do “Festival Internacional do Mundo Celta”; así mesmo, foi membro
da comisión xestora da “Asociación de Gaiteiros Galegos”. Profesor de gaita,
formou parte de varios cuartetos de gaitas e grupos de música folk.
Ademais
de aprender moitas cousas que non sabíamos sobre os instrumentos galegos, tamén
puidemos ver unha pequena exposición na que había gaitas, zanfonas,pandeiretas,
charrascos, pitos,tarrañolas...
Marías tamén nos deleitou con algunha peza á gaita e coa zanfona.
Aquí
vos deixamos un pequeno video .
Etiquetas:
Actividades no centro,
Letras galegas 2012
lunes, 16 de abril de 2012
ENCÁNTANOS CONTAR CONTOS!
Os rapaces de 3º de PDC, coa colaboración dalgúns alumnos de 3º B e 4º A, metéronse na pel dos personaxes dunha particular versión do conto da "Cincenta" -na que nin a protagonista nin o príncipe son o que parecen- e no pelo dos divertidos animais do conto "A casa da mosca chosca" -no que unha torta de amora fai estrago no bosque-.
Era un teatro para os máis pequenos, pero non está moi claro quen o pasou mellor, se eles ou nós!"
Aquí vos deixamos a representación
martes, 27 de marzo de 2012
ENTREGA DE PREMIOS DO PREGUNTÓN
Hoxe entregamos os premios da III Edición do Preguntón. Este ano, por primeira vez, a participación extendeuse ao alumnado de 6º de Primaria e, a verdade, é que o fixeron moi ben.
Desde o EDL e a Biblioteca queremos dar a en hora boa a todas e todos os participantes pola vosa implicación, polo voso interese e pola vosa curiosidade de “preguntóns”.
SECUNDARIA
Gañadores: Martín Pérez Sarmiento e Carlos Piñeiro Sarmiento
Aida Formoso Sánchez e Raquel Ibón FernándezFinalistas: Iago López Ramil e Cristina Fernández Carballeira
PRIMARIA
Gañadores: Clara López Leira e Clara Fernández Sordo
Finalistas: Raquel Santamariña Taboada, Sara Regueiro Martínez e María Fernández Martínez.
Martín e Carlos gañadores do Preguntón con Blanca, Luisa e Marina.
Raquel, Sara e María finalistas de primaria
Clara López e Clara Fernández gañadoras do preguntón
en primaria, xunto con Blanca a nosa directora, Conchi e Marina.
Tod@s os concursantes da III Edición do Preguntón
Clara López e Clara Fernández gañadoras do preguntón
en primaria, xunto con Blanca a nosa directora, Conchi e Marina.
Tod@s os concursantes da III Edición do Preguntón
Etiquetas:
Actividades no centro,
PREGUNTÓN 2012,
Premios
GAÑADORES NO XX RALLYE MATEMÁTICO
Os gañadores da vixésima edición do “Rallye Matemático sen Fronteiras”, organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas), son 13 alumnos de 3° de ESO do Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares.
Os 13 estudantes de 3° ESO-B do CPI Conde de Fenosa foron os gañadores do xa tradicional Rallye Matemático celebrado en Galicia e norte de Portugal.
A proba realizouse o pasado 19 de marzo e consistía en resolver de forma grupal durante 1 hora seis problemas matemáticos. O galardón o compartirán cun grupo de 4º ESO do CPI de Zas.
Como recompensa, a organización concederalles unha dotación económica de 3.000 euros doados pola Consellería de Educación e Educa Barrié para sufragar os gastos da viaxe a Toulouse, en Francia, onde se celebrará,o próximo 1 de xuño, a gran final, na que competirán contra estudantes doutros países. Con esta actividade Agapema pretende favorecer o traballo en equipo entre os estudantes de Secundaria, revalorizar a imaxinación e a creatividade destes xóvenes e facer vivir as matemáticas a través de situación orixinais.
En horaboa a tod@s e a súa profesora María Segura Torres.
Etiquetas:
Actividades no centro,
concursos,
Premios
jueves, 22 de marzo de 2012
CONMEMORACIÓN DO DIA DA ÁRBORE
Este mércores 21 de marzo conmemorouse o Día da Árbore. No noso cole celebrouse unha actividade organizada pola Anpa e o colexio en colaboración co Concello. Os nosos alumnos e alumnas de 1º de ESO e Diversificación achegáronse ata Pedrós para plantar 12 cerdeiras que recibiron nomes femininos todas elas, vinculados a Ares coma:Catalina, Olalla, Hermelinda, Ciscada, Alianza Aresá, Aurora , Mirandas, Bailadora, Redeira.. Ao remate da plantación cantaron, acompañados pola banda de gaitas de Ares, o Himno a Árbore.
Aquí vos deixamos unha reportaxe do evento.
Etiquetas:
Actividades Anpa,
Actividades no centro,
Día da árbore
jueves, 1 de marzo de 2012
O ALUMNADO DE PRIMARIA VISITA O MUSEO DO HUMOR
Os alumnos/as de primaria visitaron o Parque de Educación Viaria e o Museo do Humor de Fene. Ademais de visionar o documental "O humor e os dereitos da Infancia", participaron en diversos obradoiros
martes, 21 de febrero de 2012
DENDE A ANTÁRTIDA PARA O CPI CONDE DE FENOSA
Video realizado polo biólogo e investigador aresá Javier Cristobo para os alumn@s do colexio "Conde de Fenosa" de Ares. Cristobo atópase realizando a campaña científica Actiquim na que estudan o papel dos productos naturais de orixen mariño nos ecosistemas da Antártida para valorar cal é o seu potencial farmacolóxico.
jueves, 16 de febrero de 2012
ENTREGA DE PREMIOS " I SEMANA PROBLEMÁTICA"
Hoxe, 16 de febreiro, o Departamento de Matemáticas da ESO realizou a entrega de premios do concurso I Semana Problemática (30 xaneiro ao 3 de febreiro) coa prezenza da Directora do centro Blanca Cortizas.
A participación foi un éxito (96 alumnos) que aportaron respostas e un gran número delas correctas.
Os 5 gañadores foron:
- Roberto Rivas Couce de 3º ESO A
- Carlos Bello Pita de 2º ESO B
- Julián Sixto Sánchez de 3º ESO B
- Marcelo Couce Barbeito de 3º ESO B e
- Silvia Rodríguez Rodríguez de 3º ESO DC
viernes, 3 de febrero de 2012
VIDEO CONFERENCIA COA BAE NA ANTÁRTIDA "GABRIEL DE CASTILLA" E O NOSO CIENTÍFICO ARESAN JAVIER CRISTOBO
Esta semana tivemos a oportunidade de realizar unha video conferencia coa Base Antártica Española "Gabriel de Castilla". A verdade é que foi todo un luxo poder contactar en directo cos científicos da mesma. Graza ao noso amigo Javier Cristobo (aresán de pura cepa), que como todos sabedes é un dos científicos que está a traballar na Base Antártica, puidemos realizar esta actividade. En riguroso directo os membros do Proxecto Antártico explicáronnos en que consistía o seu labor e o traballo que estaban a facer, pero o máis importante foi que os rapaces e rapazas puideron falar con eles, facerlles preguntas e coñecer de cerca o proxecto que están a realizar.
A actividade non remata aquí, xa que Javier seguirá en contacto con nós, mandaranos videos e fotos e poderemos seguir de cerca os seus traballos.
Aquí vos deixamos un pequeno video da videoconferencia.
AIDA FORMOSO RECIBE O PREMIO DA FUNDACIÓN BARRIÉ
A nosa alumna Aida Formoso (2º ESO) recibíu onte o Premio que a acredita como gañadora do "Preguntoiro Científico", organizado pola Fundación Barrié de la Maza.
En hora boa, Aida, de toda a comunidade educativa.jueves, 2 de febrero de 2012
CONTOS DA PAZ PARA OS PEQUERRECHOS DE 5 ANOS
Hoxe os nenos e nenas de 5 anos visitaron a aula de música no edificio de secundaria. Alí os alumnos e alumnas de 3º da ESO e mais o alumnado de 2º da ESO de “Reli” contáronlles aos pequerrechos dous contos sobre a paz titulados "Buscando a paz" e "A espada pacifista". Ao remate dos contos os rapaces e rapazas de 3º, dirixidos pola profe de música Teresa, interpretaron o Himno a Alegría. Os pequerrechos de infantil portáronse moi ben e foron agasallados con caramelos. Agardamos que volvan pronto a facernos unha visita.
Etiquetas:
2º E.S.O.,
3º E.S.O.,
Actividades no centro,
Paz
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










