Bos días a todos e todas. Como ben sabedes,
hoxe é o Día das Letras Galegas e, aínda que este curso non puidemos celebralas
como quixeramos, o noso ilustre escritor e poetaD. Ricardo Carballo Calero, homenaxeado este
ano 2020, quixo lernos e dedicarnos algúns dos seus poemas.
Achégase o día das letras galegas e este curso non poderemos
celebralo como quereriamos. As nosas aulas seguenvaleiras pero, Alberto, o noso conserxe,
segue ao pé do canón facendo as súas tarefas e,ademais, enchendo de galegos ilustres os nosos espazos. Grazas a el,
Castelao xa fica nas nosas paredes.
Escribía Carvalho
Calero na súa obra “Escritos sobre Castelao” que parte da vitalidade e o
sentimento que tiña dentro del, debíase en gran parte a galegos ilustres como
Risco, Otero e especialmente Castelao, cuxa obra e vida son unha permanente
homenaxe aGalicia. Penso que tamén Alberto
ten esa vitalidade que Carvalho Calero sentía dentro del.
GrazasAlberto por
compartir a túa arte co noso cole, co teu cole.
Este ano teremos
que esperar a outubro para celebrar a nosa gran festa... pero ben podemos ir
tendo presente a Carballo Calero, o autor ao que están dedicadas as Letras Galegas este
ano, non si?
Pois ben, se
premedes nas seguintes imaxes poderedes acceder
a diversas actividades interactivas para coñecer un pouco máis sobre o autor
ferrolán homenaxeado .
Picade nas imaxes.
E SE QUEREDES ACTIVIDADES OU DEBUXOS PARA DESCARGAR PREMEDE NA SEGUINTE IMAXE
AQUÍ TEDES UNHA MOREA DE ACTIVIDADES SUPER DIVERTIDAS
COAS QUE APRENDEREDES MOITAS COUSAS DE DON RICARDO Para comezar a xogar so tes que premer no megáfono que se atopa ao lado do 2
AS PITAS BAIXO A CHOIVA: O CONTO , A MÚSICA E MOITO MÁIS.... Preme na imaxe