jueves, 27 de febrero de 2014

LEMBRANDO A ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía co gallo da conmemoración do seu nacemento e para lembrar a súa obra,os alumnos e alumnas de primaria realizaron unha lectura dos seus poemas. Aquí tedes o magnífico resultado.


Tamén realizaron un precioso mural que decora o corredor das aulas.

miércoles, 26 de febrero de 2014

O ENTROIDO NO COLE

Un ano mais está aquí o Entroido e coma sempre chega cos seus mandados:
  • O martes  o mandado foi que pintáramos todos a cara, cada un como quixera.
  • O Mércores 26, olvidámonos da pintura da cara e colocamos adornos na nosa vestimenta.
  • O Xoves 27, imos poñer algo amarelo para pedir ao sol-solete que o venres non se olvide  que imos desfilar polas rúas e queremos un bo día.
  • O Venres 28 celebraremos a  gran FESTA:

            En  INFANTIL e PRIMARIA.
A festa comezará cun pasarrúas pola vila. Saída do colexio aproximadamente ás 10:30h. continuando por:
  •   Avenida de Mugardos
  •   Rúa Real
  •   Praza da igrexa
  •   Avda Saavedra Meneses.

A continuación os nenos/as de Infantil regresarán ao colexio e os de Primaria continuarán polas rúas.
As 12:15h, xa no colexio, os nenos/as degustarán doces típicos do Entroido. Solicitamos a colaboración das familias para que cada alumno traia un doce típico desta época do ano nun envase que se poida tirar (papel, bolsa…) O colexio correrá cos gastos das bebidas. Todos os alumnos recibirán un paquete de caramelos doados polo Concello.
No caso de que chovera  suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile faríase na pista do colexio (11:00h) ao que poderían asistir as familias

En SECUNDARIA

 A partir das 11:20h. comezará no Pabillón Polideportivo a exhibición de diferentes  coreografías e bailes de disfraces.
 Aproveitarase o evento para entregar os premios da III Semana Problemática, organizada polo Departamento de Matemáticas, aos gañadores de cada día.       
 A saída  será á 13:30h (ás 13:25h en infantil). Non haberá comedor.                                  


FELIZ ENTROIDO A TODOS!!!

RECURSOS DO ENTROIDO


A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) infórmavos de que están á disposición dos centros educativos e dos equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido. O enlace éo seguinte:  http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2014.

 Aproveitamos tamén para comunicarvos que a SXPL vén de resolver o Concurso-Exposición Letras Galegas 2014. Poderedes saber cales son os centros gañadores nas distintas categorías consultando o web da dita Secretaría. Por outra banda, lembrade que o Museo do Pobo Galego organiza a IX Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas. Esta iniciativa, dirixida aos centros educativos de Galicia, baséase na realización dun programa de investigación sobre o patrimonio etnográfico, lingüístico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato dos centros.

martes, 25 de febrero de 2014

A PREDICIÓN DO TEMPO NO NOSO CPI

No CPI Conde de Fenosa, desde o ano 2010, participamos nos programas Globe e MeteoEscolas coa medida de distintas variables meteorolóxicas e a posterior análise e introdución dos datos rexistrados nas respectivas páxinas web dos programas.
Ademais consideramos importante a exposición pública destes datos obtidos polos nenos. Así, elaboramos diariamente un informe onde se recollen a temperatura no momento de medir, a máxima e a mínima do día anterior, a cantidade de chuvia recollida e a cobertura do ceo e o tipo de nubes.
Este informe exponse, en primeiro lugar, no propio centro, onde os datos se mostran na porta do edificio de primaria, do de secundaria e tamén na porta onde os pais recollen os nenos de infantil. Tamén en distintos lugares da vila, como a biblioteca ou a casa do concello. Isto, por unha banda, permite dar difusión entre os habitantes da vila a un traballo que se está desenvolvendo no centro e que doutro xeito quedaría oculto nel e, por outra, permítelle ao alumnado sentirse máis protagonista da súa labor. 
Por último, tamén publicamos os datos obtidos, para unha consulta máis directa, na nosa páxina web e na páxina web do Concello de Ares, onde pode accederse aos datos meteorolóxicos renovados cada 10 minutos.
Este curso, como novidade, o alumnado de secundaria dará a previsión do tempo para a fin de semana nun pequeno video que poderedes consultar na pestana que se encontra arriba do blogue co título de: Predición meteorolóxica .

Aquí vos deixamos a predición  para a  fin de semana do  22-23 de febrero.

        

lunes, 24 de febrero de 2014

VISITA DO ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO

A semana pasada visitounos o ilustrador Abraham Carreiro. O alumnado de 4º de E.P.dsisfrutou dun obradoiro de animación no que nos explicou entre outras cousas, cómo se fan os debuxos animados.
Aprenderon a facer debuxos animados en dúas dimensións (taumátropo).
Pasamos case dúas horas moi agradables na súa compaña e aprendemos algunhas curiosidades sobre a animación.
Gracias Abraham.


ABRAHAM CARREIRO - diapositivas

jueves, 20 de febrero de 2014

MUNCYT

O día 12 de febreiro os alumnos do 3º ciclo, fixemos unha excursión a Coruña. Ademáis de asistir ao concerto da Bela Adormecida, fomos visitar o MUNCYT por primeira vez. Ao remate do concerto viaxamos cara o Muncyt.onde xantamos todos xuntos nunha xornada de convivencia,para algúns foi a súa primeira comida cos compañeiros. Todos disfrutamos dese momento. Despois de xantar viñeron uns monitores, que nos dividiron en tres grupos para facer a visita e explicarnos un montón de cousas. Logo tivemos que resolver varias preguntas buscando coas pistas que elas nos daban. Estivemos nunha sala onde había dous robots (Marilú e Pepe Xan) que nos falaban,se movian e as súas caras cambiaban de cor.Entusiasmáronnos. Visitamos a sala do século XX, onde había inventos de ese século. Na sala Ibería subimos a cabina dun avión, que trasladou o Guernica de Picasso, por eso tiña unha réplica que podedes ver nunha diapositiva. Por un momento sentímonos pasaxeiros. En resumo este día pasámolo moi ben.



miércoles, 19 de febrero de 2014

A bela adormecida.

O mércores 12 de febreiro os alumnos do 3º ciclo fixemos unha viaxe a Coruña. Fomos o Palacio da Ópera para asistir a obra " A Bela Adormecida" , representada por movementos de ballet, acompañados da música da Orquestra Sinfónica. Gustounos moito porque ademáis no grupo de ballet había tamén nenos pequenos. Poucas veces temos a sorte de ver este tipo de espectáculos .


martes, 18 de febrero de 2014

TODOS CON ROSALÍA

"Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva".

Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dunha segunda parte do vídeo colectivo Todas con Rosalía, cuxa primeira parte pode verse en:https://www.youtube.com/watch?v=g_tEH...
Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.

               
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto ou Pilar García Negro

ESPAZO WEB SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


A Secretaría Xeral de Política Lingüística adiántase á celebración do centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado o Día das Letras Galegas 2014, mediante a apertura dun espazo web que pon á disposición dos centros educativos recursos elaborados por equipos de dinamización da lingua galega. Nesta mesma ligazón poderedes atopar tamén outros materiais de carácter xeral:
Ao longo das próximas semanas irase ampliando o dito espazo con novos materiais que, sen dúbida, servirán para coñecer mellor a vida e a obra deste autor. Convidámosvos a que, se estades elaborando actividades relacionadas co poeta e queredes compartilas, as enviedes ao Gabinete Provincial de Normalización Lingüística para que poidan ser difundidas a través do web da SXPL.

lunes, 17 de febrero de 2014

CONCURSO PORTADA DE LIBROS


O equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca Escolar (Carabela) do noso centro  organizan un concurso de "Portada de libros" para fomentar a lectura en galego e a capacidade creativa do noso alumnado. Aquí tedes as bases. Veña animádevos a crear!!!!!.



DEBATE DO PARLAMENTO XOVE

O 7 de febreiro tivo lugar o inicio da 5ª Edición dos DEBATES DO PARLAMENTO XOVE .
 O CPI Conde de Fenosa de Ares volveu participar nesta competición que organiza a Secretaria Xeral de Xuventude. Do mesmo xeito ca o ano anterior, un grupo de catro alumnos do segundo ciclo da ESO, Clara Morado, Alba Brage, Noelia Calvo e Carlos Bello, acodiron ao Pazo de Mariñán en Bergondo (A Coruña), onde se levou a cabo o torneo dialéctico. Nesta convocatoria o tema de discusión xirou sobre a perda de valores da xuventude, concretamente se se considera que sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais.
Durante a xornada do sábado levaronse a cabo as confrontacións, que permitiron seleccionar os dous equipos que disputarán un debate final no Parlamento de Galicia. O número total de grupos inscritos na presente edición a nivel de Galicia é de dezaseis. 
 Dende a Dirección agradecemos a colaboración do profesor, Xoan Barrio  e o traballo do alumnado nomeado anteriormente, desexándolles que queden seleccionados para a final e que disfruten como merecen da experiencia.


sábado, 8 de febrero de 2014

OBRADOIRO DE ATLETISMO CON PAULA MAYOBRE

A ex-alumna e atleta Paula Mayobre, que ano tras  ano colabora desinteresadamente con nós  na Carreira Quilómetros de Solidariedade, presentou a Escola de Atletismo  “Paula Mayobre” no noso centro. Os alumnos quedaron encantados co obradoiro que impartiu no pabillón do cole. E…para mostra o vídeo que vos deixamos  a continuación. Grazas Paula.