Mostrando entradas con la etiqueta Entroido 2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido 2012. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de febrero de 2012

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Despois de toda unha semana de mandados e adornos varios, este venres , por fin, celebramos o entroido no noso cole.  Este ano o tema foi “O circo”: polas rúas de Ares circularon domador@s , elefantes, leóns, tigres, cebras, pallasos, forzudos, mag@s, majorettes...Todo un desfile circense!!!
Logo deron boa conta das orellas de entroido que, de seguro, estaban moi boas.

 FOI UNHA XORNADA MOI EMOCIONANTE E DIVERTIDA!

Aqui vos deixamos unha pequena mostra do que foi a xornada.

                           


miércoles, 15 de febrero de 2012

XA ESTÁ AQUI O ENTROIDO

Ola amig@s xa está aquí o entroido e xa sei que estades a preparar como todos os anos os vosos disfraces. Díxome un paxariño que vos están quedando superchulis os disfraces de feras do circo (elefantes, tigres, cebras e leóns...). Tamén me colei no blog dos pequerrechos e xa vin que guapos están todos de pallasos.
Ben, eu vou a seguir buscando polo faiado para ver si encontro algo co que disfrazarme o venres. Pero antes deixovos unha serie de enlaces nos que encontraredes xogos, plantillas de máscaras e antifaces e moitas máis cousas relacionadas co entroido.

Premede nas imaxes para entrar neles.