Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía 2023. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía 2023. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de abril de 2023

A ROSA INCANDESCENTE.

 Esta terceira feira, 25 de abril, homenaxeamos a Rosalía de Castro por partida dobre.

Primeiro coa actuación estelar de Sofía e Antonio de 2º de ESO. Nunha breve peza teatral dramatizaron os momentos máis senlleiros  da vida  de Rosalía e Manuel Murguía percorrendo o seu álbum familiar. Parabéns!

A continuación proxectamos a curtametraxe A rosa incandescente e ao rematar a súa guionista e produtora Anxos García Fonte engaiolounos cunha clase maxistral sobre Rosalía e desvelou algúns segredos sobre a súa experiencia na rodaxe da curta.

 Obrigadas Anxos!

 

 

 

 


 

domingo, 26 de febrero de 2023

ROSALÍA DE CASTRO A TRAVÉS DOS NOSOS MURAIS

 As nenas e nenos de infantil sumáronse  á conmemoración do Día de Rosalía facendo este fermoso mural inspirado  na frase de Rosalía de Castro:

 “ Galicia florida, cal ela ningunha de frores cuberta, cuberta de espuma». 

Que preciosidade!

 Tamén o alumnado de 3º e 4º da ESO, realizou na materia de Relixión un vistoso mural. Seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que utiliza este ano o lema #cumpriuseaxustiza, o collage denuncia as inxustizas do mundo, plantexando a pregunta... "Que diría Rosalía"?.

A rapazada buscou na prensa imaxes de conflitos bélicos de hoxe, da inmigración no mundo, da explotación no traballo, os prezos da vivenda... e plasmouno no mural ilustrando as imaxes con palabras que nos deben facer reflexionar, e que ben poderían ser ditas por Rosalía, hoxe en día:  xustiza social, loita, lei, aldraxe, desigualdade, inxustizas, dignidade, solidariedade, conciencia, moral...

 


 
 

 




DESCUBRINDO A ROSALÍA DE CASTRO

 Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria  gozaron  do contacontos “A miña historia”, unha revisión da vida de Rosalía de Castro a través dos seus propios textos, representación que correu a cargo da compañía Trémola.

Todos e todas puideron coñecer, a través do personaxe de Andrea, as anécdotas e  a historia da nosa poetisa máis universal, muller pioneira no seu tempo e que hoxe en día cobra máis sentido ca nunca.

Esta actividade enmárcase  dentro dos actos organizados polo Concello, da man do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, para homenaxear a Rosalía de Castro.

A verdade e que nenas e nenos o pasaron , XENIAL!.

 





 

jueves, 23 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA NO CPI AS MIRANDAS

Hoxe nun fermoso acto homenaxeamos á nosa escritora máis universal, Rosalía de Castro. O lema escollido para este 2023 foi: #cumpriuseaxustiza#. Un lema que a escritora Carme Adán fai seu a modo de pregunta e interrogante no manifesto que escribiu para este día e que alumnado e profesorado, leron no noso centro.

E como a música e a poesía están moi preto a unha da outra, cantamos e recitamos o poema de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes".
 

Como broche final rematamos co “Concerto a Rosalía” a cargo da “Mini big band” do noso cole. Un luxo ter a esta rapazada sempre disposta. Grazas mil.

 O himno galego puxo fin ao acto.