martes, 30 de noviembre de 2010
lunes, 22 de noviembre de 2010
1º PREMIO NO III CONCURSO DE ROBÓTICA DE GALICIA
Parabéns aos nosos alumnos de 3º e 4º da ESO que este ano acadaron o 1º Premio no concurso organizado por IGACIENCIA na localidade lucense de Burela. Unha nova fantástica logo dunha xornada estupenda, na cal visitamos o barco boniteiro museo Reina del Carmen, onde aprendimos un pouco mais sobre o traballo dos mariñeiros, xantamos no mesón A Pedra, no que fomos maravillosamente atendidos polos donos, e os alumnos de 4º visitaron a planta de produción de Sargadelos.
Disfrutade do premio e esperemos ter a oportunidade de asistir o ano que ven!
Aquí vemos a Laura e Beatriz recollendo o premio en Burela, localidade á que se trasladaron para o acto.
Visita en Burela ó barco boniteiro museo Reina del Carmen
martes, 16 de noviembre de 2010
ELABORACIÓN DE MARCADORES
Con motivo da inauguración da biblioteca, propuxemos a elaboración de marcadores co número de carné de cada neno.
Este, é un exemplo das obras de arte que fixeron os nenos do noso cole.
CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO NOSO COLE
O día 5 de novembro celebramos o MAGOSTO no colexio, fixemos adornos e os nen@s de infantil elaboraron cestos para botar as castañas.
Todo o alumnado do centro dou boa conta das castañas asadas, que por certo estaban ben ricas.
A continuación tedes unha reportaxe da celebración.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)