martes, 29 de marzo de 2011

Preguntón do martes 29 de marzo

1ª Pregunta

2ª Pregunta: Dous Super Tiranosauriuspuntos 
   
    

viernes, 25 de marzo de 2011

PREGUNTÓN DO VENRES 25 DE MARZO

Pregunta 1


Pregunta 2.  Tres super puntos

                                           
 

O MAR DA FIN DO MUNDO: O reino dos cefalóposos

Desde política lingüística mándannos un material para traballar en galego a área de ciencias.
O documental é unha interesante produción audiovisual que permite abordar en galego, e contextualizados en galicia, os contidos curriculares propios do ámbito científico. Se estades interesados podedes acceder ao  DVD a través da biblioteca. 

martes, 22 de marzo de 2011

O ALUMNADO DO NOSO COLE CELEBRA O DÍA DA ÁRBORE

Ares recupera  a tradición  de que os escolares planten árbores o  "Día da árbore "como nos enseñou  D. Federico... O amigo das árbores... Un home bo e xeneroso...
Esta actividade feita pola Anpa, coa colaboración do Concello e do colexio contou coa participación dos alumnos e alumnas de 3º, 5º e 6º de primaria.  Estes desplazaronse ata o  Parque Rosalía de Castro onde plantaron e apadriñaron diversas árbores que recibiron  nomes de  escritores gallegos: Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Ánxel Fole, Camilo José Cela, Curros Enríquez, Castelao ou Eduardo Pondal entre outros.




                           


lunes, 21 de marzo de 2011

Preguntón do martes 21 de marzo





DESCARGA GRATUITA DE CALENDARIOS

Se queredes descargar calendarios para anotar os vosos exames, as datas de interese ou ir tachando os días que pasan para que cheguen as próximas vacacións, so tedes que picar nos enlaces seguintes e descargalos.

                                     Calendario de xaneiro a xuño ( Para anotar os exames)

                                     Caledario do curso 2010-2011 (Datas importantes)


viernes, 18 de marzo de 2011

martes, 15 de marzo de 2011

VISITOUNOS ANXO FARIÑA

Xa vedes, retrasámonos "algo" en comentarmos a visita de Anxo Fariña do día 22.
O obradoiro que este ilustrador presentou enmárcase, como el mesmo vos lembrou, no programa Bocaberta e titúlase Ti creas a historia. Para impartir este obradoiro-conferencia, o ilustrador baseouse na lectura do primeiro libro dos Megatoxos: Os Megatoxos e o aprendiz de druída. Todos e todas vós lestes este libro, e algúns, os outros dous títulos desta colección que están publicados.
Lembrades que nos aprendeu? Aprendeunos a crear os elementos dunha historia, especialmente os personaxes, e animouvos a enviarlle as vosas ideas sobre lugares, personaxes, obxectos máxicos, etc., que poida utilizar na próxima entrega.
O proceso de achega de materiais poderédelo seguir no blog www.megatoxos.com e rematará coa creación dunha historieta baseada nas ideas recollidas entre os rapaces e rapazas de todos os centros que Anxo Fariña visite.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, tiñades boas ideas. Se queredes participar, só tedes que achegar o material que elaboredes ao enderezo que aparece arriba.
Foi unha actividade divertida e deixounos impresionados coa súa facilidade para debuxar un personaxe cun par de liñas.




lunes, 14 de marzo de 2011

Preguntón do martes 15 de marzo

ABRAHAAM CARREIRO, O ILUSTRADOR

O 3º CICLO DE E.P. VIVIMOS O XOVES 10 DE MARZO UNS MOMENTOS MÁXICOS .
VISITOUNOS O ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO.
DEIXOUNOS A TODOS BOCABERTOS VENDO O RÁPIDO E O BEN QUE NOS DEBUXABA DIVERSOS PERSONAXES . CREO QUE TODOS, INCLUÍDOS OS MESTRES SENTIMOS UNHA POUCA DE ENVEXA (SÁ,POR CERTO).
EXPLICOUNOS TAMÉN COMO TEMOS QUE COLOREAR, CANDO USAR CORES FRÍAS OU CÁLIDAS.
                

                

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Hai uns días tivemos unhas charlas interactivas para animarnos a incluír o peixe na nosa alimentación (mediente a Deputación ). Foi moi divertido.
Tamén nos trouxeron menús para degustar, a base de peixe, para o comedor escolar.
Faláronnos de distintas especies e o que nos aporta cada unha delas.

jueves, 10 de marzo de 2011

PREGUNTÓN DO VENRES 11 DE MARZO

Pregunta 1. Un pouco de lóxica



Pregunta 2.   Vai de ecuacións

lunes, 7 de marzo de 2011

PREGUNTAS DO MARTES 8 DE MARZO

Olaaa... aqui vos deixamos as preguntas deste martes.

jueves, 3 de marzo de 2011

PREGUNTAS DO VENRES 4 DE MARZO

Ola, queridos preguntóns...aquí tedes as preguntas do venres. Veña, que son moi sinxelas.