jueves, 20 de diciembre de 2012

ACTIVIDADES SOLIDARIAS NO NOSO CENTRO


Xuntos por un obxectivo común: que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades. Este é o lema co que o alumnado de secundaria do CPI Conde de Fenosa de Ares afrontou a II Maratón Solidaria que se realizou no noso centro.
Cada rapaz e rapaza abonou 1 € por inscribirse na carreira. Tamén buscaron patrocinadores entre os seus familiares e os comercios e empresas do concello. A recadación que ascendeu a 450 euros foi a parar  a través da ONG “Save the Children” aos nenos e nenas da rexión do Sahel (zona entre o deserto do Sáhara no norte e a sabana sudanesa no sur).
Os rapaces estiveron apoiados pola atleta aresana Paula Mayobre que, como na anterior edición,  acompañou aos rapaces/as neste evento.
Por outra banda o centro realizou por cuarto ano consecutivo a “Operación Quilo de Nadal” na que se recolleron 500 quilos de alimentos que foron levados onte, a dúas institucións benéfico sociais, Cociña Económica de Ferrol e Cáritas de Ares.
Agradecemos ao Concello a súa colaboración transportando os alimentos ás institucións sinaladas así como no transcurso da Maratón Solidaria controlando o tráfico e a carreira.

Aqui deixámosvos un avance da reportaxe que proximamente poderedes ver neste blogue.



miércoles, 19 de diciembre de 2012

TESMOITALINGUA NAS ONDAS

Xa está aqui o Nadal e con él estreamos o primeiro programa do canle "Tesmoitalingua nas ondas".  O alumnado de 2º da ESO realizou en riguroso directo un programa especial Nadal. Podedes escoitalo premendo debaixo. Esperamos que vos guste.


                                                    

sábado, 8 de diciembre de 2012

CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Neste ano 2012 cumpriuse o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, un dos nosos grandes poetas, persoa comprometida coa súa terra e co seu tempo e máximo exponente da poesía social.



Monólogo do vello traballador. Celso Emilio Ferreiro

Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.

Celso Emilio Ferreiro (1978) Longa noite de pedra en Obra completa, I (Madrid: Akal editor)
Para saber máis aqui tedes os seguintes enlaces






RECURSOS PARA TRABALLAR O NADAL NAS AULAS


A Coordinadora Galega de EDLG vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Neste monográfico especial podedes atopar  cancións, debuxos,  contos, propostas para agasallar en galego e unha morea de recursos máis.
Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.  
 Se picades no debuxo que tedes abaixo podedes entrar na páxina.