O luns 29 de abril as alumnas e alumnos de terceiro de ESO fomos de excursión a Lugo.
Subimos ao bus e saudamos o condutor, estivemos durante 1 hora e 50 minutos no bus para chegar a Lugo. Cando chegamos fomosvisitar o “Vello Cárcere”, un museo dedicado aos represariados durante a Guerra Civil e a Ditadura Franquista. Unha guía explicounos a exposición.
Chamounos moito a atención a estrutura do edificio, tamén as historias e as cartas das persoas que estiveron alí prisioneiras. O máis impresionante foi a cela cos nomes de todos os presos.
Cando rematou a visita ao cárcere dispersámonos por Lugo para xantar.
Pola tarde fomos ao Castro de Viladonga, gustounos a vista do Castro porque nos puidemos facer a idea de como era antigamente a vida nele como vivían os nosos ancestros.
Ao final, o mellor das excursiónsé gozar delas todos xuntos.
A Alianza Aresana acolleu este martes 23 de
abril, Día do Libro , o acto de entrega de premios do IV Concurso de
Escritura Creativa de microrrelatos, organizado polo CPI as Mirandas e o
Concello de Ares e que contou cunha participación de arredor
de 96 participantes, divididos en dúas categorías, a de “Primaria” (4º, 5º e
6º) e a de “ESO”.
Tras a deliberación do xurado este decidiu o xurado decidiu outorgar o
primeiro premio a Lara Vidal Díaz, polo seu microrrelato ‘O corredor’ dentro da
categoría de Primaria, e a Fuhao Zheng por ‘O dilema’, na clasificación da ESO.
Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook.
O primeiro premio, nas respectivas categorías,
foi para Lara Vidal Díaz,
polo seu microrrelato ‘O corredor’ dentro da categoría de Primaria, e para
Fuhao Zheng por ‘O dilema’, na categoría da ESO.Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook.
Tamén recibiron premios os segundos clasificados de
cada categoría, neste caso un lote de libros. Así o microrrelato ‘O asasino do soto’, de Natalia Filgueira
Kempa, conságrase coma finalista desta edición en Primaria e ‘Anxos e Demos’,
de Jorge Pena León, dentro da modalidade da ESO.
O xurado estivo formado por Rocío Pena, Conchi
Cambeiro, Yolanda Castro, docentes no CPI As Mirandas, e Alma Barrón, edil de
Cultura na localidade.
O Día do Libro nace hai case 100 anos coa idea
de homenaxear ao autor do Quixote, Miguel de Cervantes, ou como el asinaba,
Miguel de Cerbantes. Si, con B.
Aínda que ao principio comezouse celebrando a
súa figura na data do seu nacemento, os bailes de datas típicos dos doctos
investigadores que poñían en dúbida que fose o 7 de outubro (esa fora a data
orixinal), sumado ao mal tempo de comezos de outubro, fixo que a data se pasase
ao 23 de abril, pois unha coincidencia astral fixo que coincidisen nese día a
morte do xenial Cervantes coa do non menos xenial Shakespeare.
As datas bailan, os libros, no formato que
sexa, permanecen. Nos nosos andeis e nas nosas cabeciñas. Axúdannos a
moldearnos como persoas. Axúdannos a ser.
Por iso, na lingua que sexa, no idioma que
sexa, le! ¡Lee! Lis ! читай! Read! Leggi!
Cantos máis, mellor. En cantas máis linguas ou
fagas, aínda mellor.
Serás quen de pensar criticamente, de non ser
enganado, de sentir, de rir, de chorar, de ter ganas de ser máis ti, de ter
unha voz, de reflexionar e de ter ou teu espazo.
🌐 Entre o
venres pasado e este luns, 22 de abril, o alumnado de 1º e 2º da ESO do centro
educativo CPI As Mirandas recibiu varias charlas impartidas polo equipo docente
de Rural TIC Ares, o programa de divulgación de tecnoloxía que se está a
desenvolver até o 26 deste mesmo mes na vila, no marco da colaboración do
Concello co Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.
🌐 En
sesións diferenciadas, as docentes traballaron nas aulas coa rapazada para
reflexionar conxuntamente sobre os riscos da Internet, mais tamén dun bo manexo
das redes sociais e a importancia de ter en conta a pegada que se deixa na
contorna virtual, é dicir, toda a información e contidos sobre un mesmo que
fican accesibles nos buscadores.
🌐 Con
vídeos e unha metodoloxía interactiva, o programa Rural TIC achegou
coñecementos específicos para promover unha presenza virtual de maior calidade
e, sobre todo, moito máis segura!
O venres, 19 de abril, recibimos con
gran expectación a Manel Cráneo e Xavier Alcalá, que se achegaron ao CPI As
Mirandas para falarnos de literatura, cómic, arte, historia, e de moitas outras
cousas.
Xavier Alcalá é un dos escritores
máis senlleiros do noso país, e a súa novela A nosa cinza, un libro de referencia para varias xeracións de
lectores dende que se publicou en 1980.
Esta novela é das máis vendidas na Galiza, só superada por Memorias dunneno labrego e A esmorga. Como curiosidade contada polo
propio autor houbo hai décadas, incluso moitos exemplares que se venderon en
edicións "piratas" que permitiron que unha persoa pouco escrupulosa,
fixese durante un tempo un negocio. N´A nosa cinza, o tempo descorre entre os
días de escola, a adolescencia coas súas inseguridades e medos, o espertar dos
sentimentos amorosos e a descuberta do valor da amizade. Unha novela
especialmente indicada para o noso alumnado de 3º ESO.
A partir da semente d´A nosa cinza
xorde unha nova obra de arte, unha obra de arte diferente que sae da
imaxinación, do talento de Manel Cráneo: CINZA.
Un obra que agroma con poderío e un gran impacto visual ao lector. Cinza é a adaptación ao cómic feito por Cráneo do
“long-seller” de Alcalá. Alcalá versus Cráneo. Literatura e cómic conversando da
man de “dúas mentes creativas e xenerosas”.
Un novo formato que permitirá adentrarse no mundo da literatura dunha forma
gozosa, a novas fornadas de lectoras e lectores. Agradecemos a xenerosidade dos
autores e a súa absoluta disposición para acercarse ata Ares e amosarnos unha
milésima parte da súa arte e bo facer.
Para rematar, as verbas do propio Manel Cráneo, actualmente director do
Salón Viñetas do Atlántico no prefacio da obra, “ un importante anaco das nosas
vidas, que como a cinza que se perde no aire, son efémeras, pero as obras
prevalecen, e esta que tes nas mans agora tamén é túa”. Manel Cráneo, debuxante
ou poeta?
Hoxe, 18 de abril,celebramos un emocionante evento. A ocasión foi a inauguración oficial
do Reloxo Solar que loce na fachada do edificio do noso centro o CPI As
Mirandas, un agasallo xeneroso da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa
Catalina.
Despois de pospoñer a inauguración por mor da climatoloxía, os
astros finalmente aliñáronse e o sol brillou con esplendoriluminando o reloxo.
Na inauguración estiveron presentes: o director Tino Seco,
Blanca Cortizas (anterior directora), alumnado e profesorado do centro, o
Alcalde, Julio Iglesias Redondo, aconcelleira de Urbanismo Olimpia Blanco, o concelleiro de educación Luís
Cendán , o presidente da ANPA e os integrantes da Asociación de Amigos do
Mosteiro de Santa Catalina, Celsa Formoso (presidenta), Rogelio Pérez Varela,
Lorenzo Capllonch (artista que realizou o reloxo) e Carlos Galindo.
Despois das palabras de presentación e de agradecemento do
director Tino Seco, tomaron a palabra Celsa Formoso (presidenta da Asociación do Mosteiro de Santa Catalina), Blanca Cortizas (profesora que realizou o proxecto co alumnado) e Lorenzo
Caplloch (artista que realizou o reloxo), así como o alumnado implicado neste proxecto que explicou con
entusiasmo como funciona o reloxo solar e a súa relevancia na medición do tempo así como fixeron para atopar as palabras latinas que conforman o lema que vai
gravado no reloxo:“ Sol lucet omnibus”,
precioso lema quesignifica “ O sol loce
para todos”.
O Reloxo Solar que agora preside unha das fachadas do noso
centro escolar lémbranos a conexión entre o tempo, a natureza e a nosa
humanidade, e a súa sombra proxectada sobre a pedra convídanos a reflexionar
sobre a fugacidade dos momentos e a eternidade do coñecemento.
Mil grazas a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa
Catalina por este agasallo e pola súa dedicación incansable na preservación do
noso patrimonio cultural.
Os
alumnos de 2º de ESO fomos de excursión
a visitar Compostela coas profes Rocío e Yoli. O programa incluía unha visita guiada
ás cubertas da Catedral que incluía dous percorridos consecutivos: o do Palacio Arzobispal de Xelmírez e o ascenso aos tellados
da catedral.
Unha vez xa dentro comezamos a visita xunto ao
Palacio de Xelmírez, considerado unha das principais construcións civís do
románico en España, alí a guía explicounos a dificultade que tiveron para
construír a catedral de Santiago polo desnivel que tiña o terreo e tras unha
breve introdución pasamos a ascender os seus 105 chanzos ata chegar aos
tellados.
Tras ascender os chanzos e saír pola porta que
dá acceso ás cubertas obtemos unhas vistas privilexiadas da mesma catedral e da
cidade de Santiago.
Nesta foto podemos vera famosa Berenguela. A torre do reloxo da
catedral de Santiago chámase Berenguela por un arcebispo da Idade Media que
construíu a torre para defender a Catedral.
É por ese mesmo motivo polo cal o tellado da
catedral é graduado, para facilitar que se puidese ir camiñando para defender a
catedral e a cidade de Santiago de posible ataques.
Unha curiosidade sobre a Berenguela é que o
seu reloxo só ten unha agulla, tan só marca as horas. Na torre tamén se atopa a
campá que se chama igual que a torre e pesa nada menos que 6.433 quilos.
Este ceo de pedra ofreceunos a oportunidade única de entender as distintas etapas de construción da catedral, ter as súas torres, cúpulas e pináculos ao alcance da man e gozar de inmellorables perspectivas sobre as prazas monumentais. A case 300 metros de altitude, a 30 metros por encima da Praza do Obradoiro e cun campo de visión de 360 graos, a mirada deslízase polos tellados e pérdese nos montes circundantes nunha visión inesquecible.
Logo da visita polas cubertas comezou a
actividade sorpresa. Os rapaces, divididos en grupos aleatorios, tiñan que
buscar diferentes lugares no casco antigo de Compostela. Axudados pola
tecnoloxía realizamos unha busca de lugares. Cunha
aplicación de móbil onde, nun plano da cidade, se marcaban os diferentes puntos
que tiñan que atopar e dentro de cada punto información e pistas sobre o que
buscaban, os rapaces partiron cara a aventura. Tiñan que localizar os puntos da
cidade e, en cada un, facer un selfi onde saíran todos os integrantes do grupo.
Rematamos na Alameda
e chegou a hora de xantar. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e
xantaron na Alameda onde tiñan un lugar estupendo; outros optaron polo
equilibrado menú do Burguer ou unha pizza. Todos comemos a presa porque o tempo
fíxose pouco e xa tocaba volver a casa .
Obradoiros para aprender a manexar e manter
unha bicicleta
🚴♂️ ‘Rodas
escolares’ é o nome que recibe a última proposta da Concellaría de Deportes que
involucra á rapazada do CPI As Mirandas tanto de primaria coma secundaria: un
conxunto de actividades para coñecer unha bicicleta, manexala nunha contorna
natural e coñecer que se precisa para tela a punto.
🚴♀️ Onte
arrancou esta iniciativa cunha pequena charla práctica no pavillón
polideportivo de Ares, en colaboración co CafeKom. Ata alí foron os e as
estudantes do noso centro educativo As Mirandas e aprenderon como engrasar unha
cadea ou regular o freo, cal é o inflado adecuado, como sinalizar manobras ou
axustar o sillín e manillar á súa altura.
🚴Todo o coñecemento que adquiran poderán
poñelo en práctica a próxima semana, pois a proposta do Concello abrangue tamén
unha saída dende o CPI pola contorna aresán coas propias bicicletas, todas en
correcto estado de mantemento para o seu emprego.
🚴♂️ Rodas
escolares é unha iniciativa enmarcada dentro de Sporural, o proxecto do Erasmus
+ Deportivo no que se inscribe Ares, xunto con outras localidades de Hungría ou
Grecia.
Hoxe un grupiño de rapazas e rapaces de
terceiro da ESO realizou, como en outras
ocasións, unha sesión de contacontos para os nenos e nenas de 1º de primaria. A
través do conto “O mundo das cores” reflexionamos sobre o importante que somos
cada un de nós a pesar das nosas diferenzas, porque somos Diversamente Iguaise imprescindibles para dar cor e luz ao mundo.
Ao
remate os pequenos levaron como agasallo unha pulseira co lema “Diversamente
Iguais”.
Parabéns a esta rapazada que tan ben prepara e
conta historias. Os pequenos xa están desexando volver!
Dentro do programa Observa-Acción hoxe, 3 de abril, contamos coa visita no noso
centro de profesorado do CPI Castroverde de Lugo e dunha persoa asesora do CFR.
Esta visita forma parte da fase intercentros
"Acolle" do Programa Observa-Acción da Xunta de Galicia. Foi unha
xornada moi enriquecedora na que se produciu un intercambio de ideas e de
impresións que axudarán a mellorar as prácticas docentes en ambos centros
educativos.
Durante a xornada o profesorado visitou as
instalacións do colexio, realizaron observacións nas aulas, coñeceron os
proxectos máis destacados do noso centro e intercambiaron reflexións cos nosos
docentes. A través desta experiencia de
intercambio trataremos de descubrir elementos que sirvan para transferir na
nosa práctica docente e así mellorar a calidade do noso traballo para que
repercuta no conxunto da comunidade educativa.
O programa Observa-Acción ten como finalidade a
mellora da práctica docente.
Este programa esta deseñado para levarse a
cabo durante dous cursos académicos e
consta de catro fases (dúas en cada ano lectivo):
1. Observa_Acción. Fase Intracentros
(Comparte) entre docentes do mesmo centro educativo.
2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle)
dirixida a equipos de docentes de varios centros de todo o ámbito da comunidade.
3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta) colaboración entre diferentes comunidades
autónomas adheridas ao plan.
4. Observa_Acción. Fase Europea
(Internacionaliza) experiencia de
Observa_Acción visitando un centro educativo dun dos países socios europeos.