Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DO LIBRO 2020. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DO LIBRO 2020. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020 NO PI AS MIRANDAS

        Hoxe 23 de abril conmemoramos o Día do Libro.
 En condicións normais estariamos ao celebrar no noso cole con diversidade de actividades desde o noso Equipo de Dinamización Lingüística e a nosa Biblioteca  Carabela, pero a pesares da  ausencia sabemos que nas vosas  marabillosas mentes foron aflorando ideas para facer máis amena a estancia na casa. Nestes tempos de confinamento, a mellor opción é apostar polos libros que nos convidan a viaxar, a embarcarse en historias incribles, a saír das nosas casas e mergullarnos en universos alternativos. A través deles viaxamos por este mundo e polas estrelas, vivimos aventuras formidables, sentimos emocións extraordinarias, facemos amizades literarias, vencemos inimigos imaxinarios, compartimos vivencias  intensísimas e sentímonos máis vivos e libres.  
Sei que moitos de vós  tedes sentido na vosa propia pel esta terapia formidable da lectura, como así o  reflectides en tódalas fotos que nos estivéchedes enviando durante esta etapa de confinamento.
Con todas elas quixemos facer este vídeo, non só para conmemorar o Día do Libro senón tamén para render unha merecida homenaxe a todos vós queridos  alumnxs, ás vosas familias, aos  profes e a todo o persoal da nosa magnífica comunidade educativa do CPI  As  Mirandas.
Moito ánimo, apertas a  moreas e....  vémonos pronto, no o dubidedes.  
                                                           Querémosvos. Bicos mil

             

miércoles, 15 de abril de 2020

CPI AS MIRANDAS. 23 ABRIL. DÍA DO LIBRO

AUTORRETRATOS CON LIBROS. 

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Carabela do CPI As Mirandas propoñémosvos participar nunha actividade de fotografía pensada para celebrar o "Día do Libro", o vindeiro 23 de abril:


  • Dirixido a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias... 

  •  A actividade ten por obxecto a creación dunha foto na que aparezades retratados xunto ca portada dun libro. Debido as actuais circunstancias, e pensando que nas casas non temos tantas posibilidades como na biblioteca do cole, ampliamos a revistas, periódicos, discos e CDs. Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior.
  • Na imaxe final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e a persoa retratada:  continuidade do que vemos na portada, relación directa co título do libro, alusión ao contido do libro....En calquera caso ten que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía. Podédesvos disfrazar dos personaxes do libro se queredes...

  •      Poden colaborar con vos para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un “selfie”.
  •  Poderanse presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden ser imaxes directas ou retocadas.
  •    As fotos deben ser enviadas ao correo electrónico do EDLG: tesmoitalingua@gmail.com  ou por washap ao nº 686766856
  •  A data límite de entrega é ata o mércores, 22 de abril de 2020.
  •  Exposición: As fotos presentadas serán subidas aos blogs do EDLG e  biblioteca e á páxina web do cole.
Aquí tedes algúns exemplos: