Hoxe, 24 de febreiro, homenaxeamos á nosa escritora e poetisa máis universal recitando algúns dos seus poemas.
Os nenos e nenas de infantil e primaria interpretan "Cantarte hei, Galicia" de Cantares Gallegos.
Hoxe, 24 de febreiro, homenaxeamos á nosa escritora e poetisa máis universal recitando algúns dos seus poemas.
Os nenos e nenas de infantil e primaria interpretan "Cantarte hei, Galicia" de Cantares Gallegos.
Como xa sabedes, o día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Este ano é un pouco especial por mor das restricións sanitarias, pero iso non vai ser un atranco para que lembremos, como todos os anos a Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal (lembrade que ata unha estrela leva o seu nome e a compañía noruega Norwegian Airlines puxo a súa imaxe a un dos seus Boeing 737-800).
Por iso imos poñernos mans a obra. Xa sei que nos distintos
cursos estanse a facer moitas cousiñas: vídeos, recitado de poemas, murais....
Desde aquí animámosvos tamén a que fagades os vosos debuxos
sobre Rosalía e a súa obra para presentar ao concurso “Un debuxo para
Rosalía", que convoca o Concello de Ares a través da concellería de
Cultura e no que colabora o noso centro.
Aquí deixamos o cartel coas bases. Chegado o día, faremos a difusión de todos os
traballos realizados no cole para lembrar á nosa Rosalía.
Aínda que a situación actual sanitaria privounos de gozar dun entroido como quereriamos, e botamos de menos ese percorrido cheo de cor e fantasía que todos os anos facíamos polas rúas da nosa vila, no noso cole nunca perdemos a ledicia que nos caracteriza porque somos uns super heroes e heroínas e por iso, decidimos disfrazar as nosas facianas diso mesmo, do que somos, grandes heroes e heroínas.
Aquí tedes a montaxe fotográfica da xornada que queremos compartir con todos/as vós e por suposto cos nosos coles colaboradores do Proxecto Erasmus +.
Esperemos que o próximo curso poidamos desfilar pola nosa vila e que volva esa tan ansiada normalidade.
Ata entón, coidádevos moito e....
QUE VIVA O ENTROIDO!!!
Xa esta aquí o tempo de Entroido
e, aínda que este curso é un pouco raro
por mor desta pandemia, hoxe puidemos falar un chisquiño coa nosa querida Vero
Rilo que tivo a deferencia de conectarse con nós de forma online para contarnos
algunhas cousiñas sobre o Entroido, os doces típicos desta datas_ filloas, orellas,
rosquillas, freixós_ e… o Papón!!! que
papa todo ser vivinte que atopa a man. Bueno…ata que descubriu as filloas con
mel!!!
Grazas Vero por compartir con nós
un chisquiño do teu tempo. Esperemos que a próxima vez poidamos verte máis
tempo en vivo e en directo e darche unha aperta.
E xa sabedes, peques, tedes que
debuxar o Papón que tedes no voso maxín para enviarlle algún dos debuxos a
Vero, seguro que lle gostarán moito!.
“Imaxinas o que pasaría se Einstein nacese muller? Pois que probablemente hoxe non saberiamos quen é Einstein”. Así comeza o vídeo da campaña “Non máis Matildas”, impulsada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT). Esta iniciativa ten por obxectivo recuperar as historias de mulleres científicas que ao longo da historia ficaron no anonimato, ou ocultadas polos méritos atribuídos aos seus compañeiros homes, para fomentar de cara ao futuro a aposta das nenas e mozas polas chamadas carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, polas súas siglas en inglés).
A campaña “Non máis Matildas” xira arredor do coñecido como Efecto Matilda. Este fenómeno colle o nome de Matilda Joslyn Gage, unha activista estadounidense que describiu e identificou as situacións nas que as mulleres científicas reciben menos crédito e recoñecemento polo seu traballo científico que o que lles correspondería dun exame obxectivo do seu traballo.
Un dos exemplos máis habituais desta ocultación é o feito que se produce cando nas aulas, ou na sociedade en xeral, se pregunta por un nome de muller científica: a resposta adoita ser Marie Curie, a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas (Física e Química). Esta situación garda directa relación coa desigualdade observada nos libros de texto sobre ciencias: só unha pequena parte dos nomes que aparecen son mulleres.
No marco desta campaña, AMIT impulsou uns anexos para os libros de texto (tamén dispoñibles en galego) nos que se contan as historias de Barbara Mcclintock, Rosalind Franklin, Henrietta Swan Leavitt, Inge Lehmann, Mary Anning, Margarita Salas, Dorothy Crowfoot Hodgkin, Emmy Noether, Lise Meitner, Mary Leakey, Hildegarda de Bingen, Marie Anne Pierrette Paulze de Lavoisier, Marie Tharp, Hedy Lamarr, Ángela Ruiz Robles, Ada Lovelace, Grace Murray Hopper ou Katherine Johnson.
Todas elas foron figuras moi relevantes nos seus eidos de coñecemento, polo que esta iniciativa pretende incluílas nos materiais educativos e, deste xeito, “inspirar nenos e nenas para lembrarnos que a ciencia debería ser cousa de todas e todos”.
Ademais, o portal web da campaña recolle tres contos protagonizados por Matilda Einstein, Matilda Fleming e Matilda Schrödinge, e que fabula con como sería a vida de Albert, Alexander e Erwin se nacesen mulleres.
Baixo o lema "ConexiON-AdicciOFF, isto non é un xogo", o alumnado da ESO realizou nas materias de Relixión+Valores Éticos as súas propostas de aula: nesta 37 edición do Concurso Escolar ONCE trátase de MUPIS (carteis de publicidade de mobiliario urbán), sensibilizando á mocidade dos riscos dun uso incontrolado e abusivo das novas tecnoloxías.
O 30 de xaneiro conmemórase, como todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. E por iso no CPI As Mirandas , onde convivimos e estudamos, onde nos divertimos e formámonos como persoas, quixemos celebrar este día facendo unha morea de actividades para deixar constancia de que temos que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e en paz.
O alumnado enteiro do cole desde
os máis pequerrechos ata os máis maiores
participamos nas diferentes actividades facendo murais, vídeos, debuxos.... Aquí
vos deixamos unha mostra do noso traballo.
Grazas a todo o alumnado e aos
profes que a pesares de ter que lidiar con esta situación de pandemia que
estamos a padecer, seguen traballando e adaptandose as circunstancias sen
perder a motivación e a alegría. Desexamos que para o ano que ven, poidamos
volver a xuntármonos todxs como en anos anteriores e así poder celebrar xuntxs, cunha gran aperta
este Día Escolar da Paz e a non Violencia.
VÍDEO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 1ºA
AUDIOVISUAIS REALIZADOS POLO DÍA DA PAZ NO PROXECTO ERASMUS (ARTWORKS FROM EUROPEAN FESTIVITIES AND TRADITIONS)
https://erasmusplusasmirandas.blogspot.com/2021/01/peace-day.html