En primaria seguimos traballando por ambientes e dentro do proxecto “Xogos Olímpicos” tivemos o pracer de contar co gran deportista aresán Álvaro Illobre que achegou ao alumnado o deporte adaptado.
Contounos como foron os seus comezos deportivos na pista do cole ata chegar
a participar en dúas paraolimpiadas!
Grazas Álvaro! por facernos entender que con esforzo e paixón podemos alcanzar e loitar polos nosos soños!










