miércoles, 30 de octubre de 2019

EN VERTICAL. ESCALADA NO ROCÓDROMO DE RIAZOR


Grazas ao premio conseguido no Concurso Escolar ONCE os alumnos/as  de 2º de ESO puidemos realizar unha actividade super chula da man de AMI ( Asociación de Montañeiros Independentes). Así, o luns  28 fomos ao rocódromo de Riazor onde puidemos realizar escalada da man de Mariquiña, Jorge e Cristina.
Primeiro explicáronnos as distintas modalidades dos deportes de montaña e proxectáronnos un vídeo dunha expedición dun membro de AMI ao K2. Tamén déronnos nocións básicas de material e seguridade antes de comezar coa prática da escalada no rocódromo.
Foi unha actividade xenial e divertida tanto, que quedamos con gañas de volver a repetir a experiencia.

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.

domingo, 20 de octubre de 2019

PARTICIPAMOS NO PROGRAMA ONDAS DE ILUSIÓNS



Un ano máis participamos no programa Ondas de Ilusións, unha campaña de sensibilización escolar que ten como obxectivo o coñecemento do medio mariño, a contaminación dos plásticos no mar, o cambio climático e biodiversidade, a pesca sustentable e os recursos pesqueiros. Lévase a termo nas rías do Golfo Ártabro Norte, traballando nos municipios que teñen saída ao mar de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume.

Logo de ter suspendida a nosa excursión durante dous días por mor do mal tempo, o luns 7 de outubro a meteoroloxía deunos unha tregua e puidemos realizar a saída cun tempo fabuloso.  Fixemos unha viaxe polo río Eume en Kaiak e tamén un obradoiro de reciclaxe.
Pasámolo en grande e podemos dicir que foi unha moi boa experiencia!!!





Obradoiro de reciclaxe

AULAS ACTIVAS DE SEGURIDADE VIAL. OBRADOIRO PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA



O mércores 16 de outubro visitáronos  dúas monitoras de Stop accidentes para impartir un obradoiro sobre seguridade vial.
O obxectivo  das Aulas Activas de Seguridade Vial e a adquisición de actitudes e conductas viais responsables que propicien a toma de decisións adecuadas en diferentes situacións así como a de sensibilizar á poboación en xeral, a través dos nen@ e rapaces/as sobre as causas dos accidentes de tráfico e as súas  consecuencias.
Na actividade amosáronnos diferentes vídeos moi interesantes e recordáronos que debemos ser sempre respetuosos coas normas de seguridade vial, tanto se somos peóns como se somos pasaxeiros. Esa debe ser sempre a nosa  responsabilidade.
A nosa próxima meta é participar nun concurso, ben con un debuxo ou cunha carta dirixida aos maiores sobre estes perigos.
                                                                            Xa vos amosaremos os resultados!!




PARTICIPAMOS NO I FESTIVAL ESCOLAR DO CAMIÑO INGLÉS


     
    O venres 18 de outubro os alumnos e alumnas dos cursos de 3º a 6º de primaria participaron no  I Festival Escolar do Camiño Inglés, un proxecto impulsado pola Federación de Anpas de Ferrol e comarca (FANPA) e que forma parte de O teu Xacobeo e que reuniu a preto de 5000 escolares de centros de Ferrolterra.
Unha actividade que permite que os escolares teñan máis contacto e coñecemento sobre a Ruta Xacobea, converténdoos en expertos e promotores do Camiño, algo imprescindible para asegurar o mantemento dos itinerarios xacobeos e que o Camiño de Santiago poida ser tamén un tesouro para a Galicia do futuro.

Durante a xornada o alumnado visitou a carpa onde se desenvolveron diferentes actividades: obradoiros de cunchas, fhotocall de peregrinos, degustación da tarta de Santiago.... Tamén puideron ver en acción a diversos pintores realizando as súas obras.
Foi a primeira sesión, que completarán o 13 de novembro cun percorrido de 5Km para facer a nosa peregrinación dende o inicio do camiño inglés no porto de Ferrol ata a Capela de Caranza.





domingo, 13 de octubre de 2019

CAMPAÑA MOBILÍZATE POLA SELVA


No curso 2015-2016 a profe Bárbara, cos nenos e nenas da clase de valores que actualmente están no grupo de 6º A, iniciaron unha campaña de recollida de móbiles vellos para envialos a unha empresa que os recicla e envía parte dos beneficios obtidos ao Instituto Jane Goodall (IJG). Este instituto realiza unha importante labor social e medioambiental en todo o mundo e, concretamente, no Congo, onde existen graves conflitos derivados en gran medida do enorme consumismo da nosa sociedade: guerras polo coltán, a casiderita e outros minerais empregados na fabricación de aparatos electrónicos, a explotación infantil nas minas, os monocultivos de palma que acaban coa selva e que, xunto coa actividade dos furtivos, ameazan a supervivencia de moitas especies, etc.

Reuníronse 84 móbiles e, gracias a iso, como agradecemento, conseguimos unha subscrición anual ao Instituto Jane Goodall e o APRADIÑAMENTO DE 3 CHIMPANCÉS: ANZAC, LEMBA E KAUKA.
Este curso 2019-2020 retomamos esta estupenda iniciativa e, o alumnado de primaria xunto co da ESO, volveremos a recoller móviles usados para a campaña Mobilízate pola selva.
Esperamos a vosa colaboración e que fagades campaña de sensibilización entre os vosos familiares e amigos para que os móbiles non acaben no lixo.
    Así que só tedes que traer móbiles vellos ou estragados, sen cargador e sen tarxeta, pero con batería. Deixaranse na biblioteca ou na entrada de secundaria nunha caixa onde tamén atoparemos un folleto con información e fotos dos chimpancés e do Centro de Recuperación de Tchimpounga.

                    XA SABEDES, FACEDE CAMPAÑA E ANIMÁDEVOS A COLABORAR!!!!


Aquí vos deixamos varios vídeos informativos sobre o proxecto e de como chegaron ao Centro de Recuperación de chimpancés de TCHIMPOUNGA, no Congo.



MENSAXE DE JANE GOODALL.



Vídeo Campaña de sensibilización dos nen@s




jueves, 3 de octubre de 2019

VISITAMOS Á EXPOSICIÓN GALICIA EN FOCO, NA CASA DA XUVENTUDE

Durante estas semanas o alumnado do noso centro está a visitar na Casa da Xuventude a Exposición de Fotografía Galicia en Foco.
 A mostra fotográfica, serve de recompilación e crónica anual do acontecer e sentir do pobo galego, recollido nas súas diversas facetas e nos medios de comunicación. Tamén intenta espertar o interese do público pola obra dos nosos realizadores gráficos, que se coñezan os seus nomes, a súa profesionalidade e  identificación coa Galicia contemporánea que eles mesmos documentan. 

Os que non fostes aínda a vela, estades a tempo ata o 18 de outubro. Non vola perdades!