jueves, 31 de marzo de 2022

GAÑANORES PROVINCIAIS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE!!!

Carta Felicitación Gañadore... by yolick20003194




Estamos de en hora boa!!!  O grupo de alumn@s  de 1º de ESO formado por  Sofía, Martina, Álvaro, Leo, Bega, Carlos, Antonio, Hugo, Lucas, Sara, Paula, Malena, Adrián e Mario quedaron gañadores provinciais do Concurso Escolar Once co seu vídeo “A accesibilidade universal é un camiño cara a inclusión”.

Este ano baixo o lema “ O camiño que nos fai iguais” os nosos alumn@s  quixeron transmitir que cando unha persoa con discapacidade  atopa barreiras para vivir na súa contorna, estáselle privando da súa liberdade e dos seus dereitos e que tod@s  comezando polos poderes públicos  deben traballar pola accesibilidade en todos los ámbitos de la vida.

Non queremos deixar de felicitar aos outros grupos de  rapaces e rapazas de 1º, 2º , 3º e 4º da ESO que aínda que non gañaron, fixeron uns  traballos impresionantes. Grazas a todos polo voso esforzo, entusiasmo, creatividade e conciencia.



AXUDA HUMANITARIA Á INFANCIA DE UCRAÍNA. CPI AS MIRANDAS

Como sabedes o noso colexio, o CPI As Mirandas, é centro embaixador de Save the Children. Levamos unha década axudando a través desta ONG á infancia máis desfavorecida en distintos lugares do mundo no que hai conflitos. Neste momento a guerra en Ucraína estase cebando cos máis vulnerables, entre os que se atopan as nenas e os  nenos. Por elo, o alumnado de ESO propuxo unha acción solidaria destinada a recadar fondos para a infancia de Ucraína.

                     Pero mellor que vexades este vídeo onde explican a súa proposta.


Todo o recadado irá, a través de Save the Children, íntegramente destinado a axuda humanitaria para as nenas e nenos en Ucraína. Esto inclúe apoio no seu acceso á educación, apoio psicosocial, distribución de kits de inverno e de hixiene e entrega de pequenas aportacións en efectivo ás familias para que poidan satisfacer as súas necesidades básicas (alimentos e medicamentos).

Tamén as rapazas e rapaces de 1º de ESO quixeron poñer voz ao seguinte manifesto que foi escrito,  polas nenas e nenos  de Mali, Sudán, Colombia, Yemen e Siria, países en conflito. Nel se expresa o que pensan das guerras e fan un chamamento aos dirixentes para que tomen medidas XA, porque todas as guerras son guerras contra a infancia.


jueves, 10 de marzo de 2022

ACTO NA RÚA NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Dentro dos actos que se están a levar a termo co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o CPI As Mirandas xunto co Centro de Información á Muller (CIM), a Concellería de Igualdade e Benestar e a veciñanza realizamos hoxe unha marcha reivindicativa  para expoñer a importancia da igualdade entre homes e mulleres e a necesidade de visibilizar e eliminar a violencia machista na nosa sociedade.

 A marcha partiu ás 14.00 horas do colexio  e percorreu o núcleo da vila para finalizar na Praza da Constitución coa lectura, por parte do alumnado, dun manifesto  a prol da participación activa e igualitaria da muller no tecido social.

As mozas e mozos alzaron a voz cun manifesto consensuado e achegaron as súas visións e críticas en materia de igualdade de xénero.

 José Luis Castro, psicólogo do CIM de Ares, expuso tamén a idea dunha igualdade de xénero aínda por obter na nosa época. “Aínda seguen existindo obstáculos para acabar cos desequilibrios históricos nos que fai pé a discriminación”, segundo as palabras de Castro, ao mesmo tempo que defendeu o papel do “fogar e a escola coma espazos básicos para transformar a nosa sociedade e traballar a prol dunha igualdade real”.

 A marcha concluíu coa mirada posta na actual situación internacional, especificamente no conflito bélico que se está a producir en Ucraína salientando que a idea de que “a violencia nunca é o camiño para conseguir nada. Non podemos ser impasibles ante a dor das mulleres e nais que foxen coas súas fillas e fillos da guerra. Dende aquí gritamos con rotundidade Non á guerra.

martes, 8 de marzo de 2022

MOCHILAS VIBRATORIAS

 Fai uns días tivemos unha visita moi especial no noso centro, Miriam Aller veu dende o Concello de Nigrán para explicarnos o funcionamento das mochilas vibratorias. Dende o ano 2019, o Concello de Nigrán apostou por unha cultura accesible para as persoas xordas coa adquisición de 5 mochilas vibratorias para todo tipo de eventos, festivais, concertos, teatro... As mochilas transmiten a música mediante vibracións facilitando así que as persoas xordas podan vibrar nos concertos tamén.

O alumnado de 6º de infantil, 2º e 4º da ESO ademáis de poder gozar das explicacións de Miriam (técnico especialista), puideron probar as mochilas e coñecer máis de cerca o seu funcionamento. Moitos deles quedaron gratamente sorprendidos!!!

Temos que dar as grazas o Concello de Nigrán por permitirnos probar as mochilas e sobre todo, a Miriam pola súa amabilidade e polo amenas que fixo as sesións.

Aquí vos deixamos unhas imaxes da actividade!!!





viernes, 4 de marzo de 2022

8 M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

 


O 8M permitirá que a nosa comunidade educativa  o Concello e a veciñanza de Ares participen conxuntamente en múltiples actividades a prol dunha sociedade xusta e libre de violencia machista.

Dende o ente municipal promoveranse dúas marchas, un total de 28 charlas dentro do proxecto Control Off e, no eido cultural, o monólogo de educación afectivo-sexual levado a cabo por Patty Diphusa.

A primeira das marchas reivindicativas organizarase o próximo xoves, 10 de marzo, ás 14.00 horas, e conectará a tódolos cursos do CPI As Mirandas, ás asociacións de Amas de Casa de Ares e Concepción Arenal e ao Concello. Percorrerá o núcleo urbano da vila dende o colexio ata a Praza da Constitución, con lectura dun manifesto por parte do alumnado, e suporá a terceira edición desta iniciativa.

A esta marcha súmase a xa planificada para o sábado, 12 de marzo, “Móvete pola Igualdade”, que permitirá á veciñanza defender a inclusión da muller na sociedade a través da práctica deportiva. Non obstante, no evento poderán participar todas as persoas que o desexen, homes e mulleres, sempre e cando sexan maiores de 12 anos.

A maiores destes eventos, o Centro de Información á Muller (CIM) e o CPI desenvolverán un amplo proxecto de obradoiros para previr a violencia de xénero dende este mes de marzo, co gallo do 8M, ata final do curso académico. Os obradoiros Control Off chegarán á localidade financiados entre o Concello e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero e axudarán ao alumnado da ESO a aproximarse ás relacións afectivas saudables; a definir e identificar a violencia de xénero ou a establecer mecanismos de prevención desta violencia na contorna dixital, sempre dende unha metodoloxía participativa e aberta ó debate.

#ConcellodeAres #CPIAsMirandas#CIMAres#DíaInternacionaldaMuller #8M #DíadaMuller #ConcellariaBenestarIgualdadeAres #ConcellariaCulturaAres  

5 APPS QUE CHE AXUDARÁN A REDUCIR A TÚA PEGADA DE CARBONO


 Para  ninguén  é un segredo que o cambio climático está a afectar ao mundo enteiro, e a principal causa diso é o uso de combustibles fósiles para xerar enerxía, electricidade, e mesmo para poder transportarnos.

 Unha das formas para lograr reducir a túa pegada de carbono e o teu consumo enerxético, é empezar con accións pequenas que axuden a reducir este impacto. As pequenas accións poden comezar, desde escoller, cun  comparador de luz, o mellor provedor de enerxía sostible, ata eliminar correos da túa bandexa de entrada e así reducir o teu impacto ambiental.

A continuación, encontrarás os 5 recursos dixitais para reducir a túa pegada  de carbono:

Cleanfox  https://www.cleanfox.io/es-ES/

É unha ferramenta dispoñible para o teu celular, que che permite diminuír a túa pegada de carbono, con tan só limpar a túa bandexa de entrada, eliminando correos que non necesitas e que poden estar a ocupar espazo no teu  email, sen ningún sentido. “Unha mensaxe de correo electrónico xera ao redor de 10 gramos de CO2 ao ano” ( Cleanfox), é por este motivo que ao facer unha limpeza do teu correo electrónico, de maneira continúa, permitirás reducir o teu impacto ao medio ambiente.

The Planet App   https://theplanetapp.com/

Este  aplicativo está dispoñible para os dispositivos Android e  iOS, e defínese como unha guía de sustentabilidade, tomando en conta as áreas das nosas emisións tales como, o uso de enerxía eléctrica, gas, transporte, entre outros. Grazas a esta aplicación poderás coñecer a túa pegada de carbono exacta, o teu consumo enerxético e como poder diminuílo de maneira efectiva mediante un plan elaborado pola aplicación, que che permitirá darlle seguimento a estes obxectivos durante o día.

Ecosia    https://www.ecosia.org/?c=es

É un motor de busca en internet que ten como obxectivo plantar árbores ao redor do mundo por cada búsqueda feita no seu servidor. Como é posible que unha busca axude a plantar unha árbore? Pois, é moi simple, unha gran cantidade dos ingresos xerados por publicidade en  Ecosia, son investidos para este gran propósito.

Slack  https://slack.com/intl/es-es/

Reducir o uso de correos electrónicos con plataformas de mensaxería instantánea como  Slack, tamén é unha boa opción para reducir o teu impacto ao medio ambiente, debido a que consomen menos enerxía deixando de usar o correo electrónico de maneira excesiva. Empresas como  Uber,  Netflix e  Papernest utilizan este recurso para a comunicación entre os seus empregados e reduciron en 30% aproximadamente a cantidade de correos electrónicos que producen a diario.

Comparador de Luz

  O comparador de luz é unha ferramenta en liña que che permite atopar a mellor opción para  ti, en canto a prezo, sustentabilidade e servizo no mercado de enerxía. Así poderás comparar aos distintos provedores desde unha soa plataforma e serache de moita utilidade para poder identificar os provedores de enerxías sostibles e así darte de alta a luz co que mellor se adapte ao teu peto.