➡️ A Concellería de Deportes do Concello de Ares, en colaboración co CPI As Mirandas, o Club Marítimo de Redes (sección kaiak) e a empresa de turismo activo Kapitrek, desenvolveu onte dunha actividade deportiva na natureza deseñada especificamente para os estudantes de 3º de ESO.
➡️ Esta iniciativa
inscríbese no proxecto Erasmus deportivo coñecido como SPORURAL, que está baixo
o liderado do Concello de Ares. SPORURAL é un proxecto que ten como obxectivo
fusionar tres elementos fundamentais: o deporte ao aire libre, a conciencia
ambiental e a innovación tecnolóxica en contextos rurais en toda Europa.
▶️ Ademais do
Concello de Ares, SPORURAL conta coa colaboración de tres entidades
internacionais destacadas: a asociación cultural INNOdxt, tamén con sede na provincia
da Coruña; o club húngaro de actividades na natureza centrado no BTT,
Crosskovacsi Sport; e a entidade de atletismo de Mykonos, en Grecia, EAS
CYCLADES.
▶️ A misión
principal de SPORURAL é promover prácticas deportivas sostibles en contornas
naturais rurais en toda Europa. Este proxecto apoiado pola Unión Europea, busca democratizar
e difundir actividades deportivas que combinen a paixón polo deporte ao aire
libre, a conservación do medio ambiente e a aplicación de tecnoloxías
accesibles.
▶️ O alumnado de 3º
de ESO participou en dúas actividades diferenciadas. Por unha banda, na
actividade de kaiak e contribución ambiental, os estudantes embarcáronse en
kaiaks xunto ao monitor do Club Marítimo de Redes Kayak Redes e navegaron ata a
praia de Area Morta. Durante este traxecto o alumnado involucrouse activamente
na conservación da contorna mariña, recollendo plásticos e outros residuos
flotantes na auga. Ademais, levaron a cabo unha exhaustiva inspección visual da
praia de Area Morta, identificando e rexistrando os residuos presentes na zona.
▶️ Doutra banda, a outra metade do grupo participou nunha actividade de orientación individual e preservación ambiental, organizada por Kapitrek. Utilizando aplicacións móbiles previamente descargadas, embarcáronse na procura de letras ocultas no plano de Redes, co propósito de formar a palabra "SPORURAL". Ademais da súa tarefa de orientación, recolleron residuos durante o seu percorrido, promovendo activamente a conciencia ambiental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario