Mostrando entradas con la etiqueta I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de mayo de 2017

UN PEQUENO RESUMO DA FEIRA DENDE ARES CARA O MUNDO. TODO UN ÉXITO!!!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo da I Feira Dende Ares cara ao Mundo. En breve poderedes dispoñer das fotografías que quitástedes no photocall. Foron tantos os que quixeron viaxar aos países dos stands, que tardaremos un chisquiño en rematar as montaxes, pero nos vos preocupedes...antes de rematar o curso teredes cada un a vosa. Grazas a todos e todas pola vosa participación.


             



            

Os alumnos de artes escénicas e comunicación oral, de 1º e 2º ESO, participaron con este fantástico dragón creado na aula de plástica. Os rapaces de 1º, movérono e bailaron con el "A danza da serpe de ouro" interpretada polos seus compañeiros de 2º ESO.



Os do grupo LOVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje), formado por alumnos de 4º ESO e 2ª de primaria, tamén participamos na Feira!!!!!



Con moita ilusión participamos na I feira dende Ares cara ao mundo. O noso stand, músicas do mundo, foi supervisado por algúns alumnos de 3º ESO. Ademáis os dous grupos de 3º ESO interpretaron para o público asistente á feira, dous temas, "When the saints go marching in" (Nova Orleans) e " Loch Lomond" (Escocia). A primeira non quedou gravada, pero si a segunda, e nesta montaxe de fotos vai o video.

RECADACIÓN NO STAND DE UNHA CURA PARA ADRI

O noso centro recada 601,97 € no stand que montou na I Feira Dende Ares Cara o Mundo para colaborar  con #UnhacuraparaAdri .
Gracias á profe Vanesa por montar e organizar as actividades realizadas no stand e a todas as rapazas que estiveron durante toda a xornada atendendo a toda esa xente riquiña que quixo visitar o stand e colaborar coa causa.


Gracias a tod@s pola vosa  solidariedade, sodes grandes!!!


martes, 23 de mayo de 2017

ÉXITO DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO

Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a I Feira “Dende Ares cara ao mundo”.
Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; ás profes de música e as titoras polas actuacións musicais; aos que organizaron o stand de Unha cura para Adri que ,dito sea de paso, foi un acerto co apadriñamento de pingüins e o photocall dos países; ao noso paisano Javier Cristobo que sempre está aí cando precisamos del e que pasou a xornada con nós dando dúas estupendas charlas sobre a Antártida e inaugurando a Feira xunto cos representantes do CEFORE e autoridades do concello e asociacións de Ares; ao Concello e a ANPA pola súa inestinable axuda; á dirección do centro por promover e apoiar todas as inciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias que hoxe nos acompañaron nesta xornada.
Nas seguintes fotos tedes unha pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na páxina web do centro o vídeo resumo da I Feira dende Ares cara ao mundo.

Grazas a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.



PRESENTACIÓN DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO

Durante o curso 2016-2017 o profesorado do CPI As Mirandas formou parte dun Plan de Formación (PFPP) iniciado o pasado curso baseado no Traballo por proxectos a través da Biblioteca, no que decidiuse elaborar un proxecto ao que denominamos: “Dende Ares cara ao mundo” . A idea consiste no estudo de diferentes países, elixidos polo alumnado de cada curso ou nivel educativo relacionado co alumnado estranxeiro que hai no centro.
 O emprego de novas formas de aprendizaxe integradas dentro do currículo escolar ten como resultado final a Primeira Feira do CPI As Mirandas “Dende Ares cara ao mundo”.
     Esta metodoloxía implica a participación activa do alumnado que tivo que investigar, planificar, cooperar, en definitiva, un novo xeito de aprender onde o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe, contando co profesorado como guía no seu proceso e coa colaboración tamén do persoal non docente do centro.

Unha primeira exposición deste proxecto tivo lugar en febreiro co Desfile do Entroido :


O produto final será esta Feira que contará cos seguintes STANDS e PAÍSES NO PAVILLÓN MUNICIPAL

  1.  ARES– CONCELLERÍA DE CULTURA E ANPA
  2.  ANTÁRTIDA–ESO
  3.  AUSTRALIA– 1ºEP                                                                                
  4.  BRASIL– 4ºEP
  5. CHINA-3ºEP
  6. ISRAEL-RELIXIÓN
  7.  XAPÓN-2º EPB
  8.  MARROCOS– 5º E 6º EP
  9.  PORTUGAL– 4ºEI
  10.  REINO UNIDO 6º EI E 6º EP
  11.  UCRAÍNA– 5º EI
  12.  MÚSICAS DO MUNDO-ESO
  13.  LÓVA/MAIL ART– 2ºEP- A
  14.  BIBLIOTECA/ROBÓTICA

Esta Feira contará coa presencia do aresán Javier Cristobo, Director do Centro Oceanogáfico de Gijón, experimentado investigador da Antártida. Javier inaugurará a Feira e impartirá 2 charlas sobre o Continente Antártico e as súas experiencias nel.
Tamén se expoñerán os traballos do PROXECTO LÓVA, proxecto innovador neste centro cuxo obxectivo final  é a Creación duha Ópera como Veículo de Aprendizaxe, e o proxecto de MailArt.
Dentro dos eventos que se levarán a termo durante todo o día colaboraremos cunha Actividade solidaria #unhacuraparaAdri
Na caseta da Antártida haberá unha mesa na que por 1 € poderás apadriñar un pingüín dunha das pingüineiras da Antártida.
Tamén no noso Photocall, terás a posibilidade de quitar unha foto na que poderás elixir o lugar onde queres aparecer, dentro dos países representados nas casetas. O importe da foto que será de 1€ tamén será doado á causa #unhacuraparaAdri.

O horario será:
 Mañá………..10:30- 14:30h. (alumnado EI e EP do centro)
 Tarde………..16:00- 18:30h. (alumnado ESO do centro e público en xeral.)

ACTIVIDADES PARALELAS AOS STANDS E OBRADOIROS:
Inauguración oficial da Feira coas autoridades…………...........11:45h
Actuacións musicais do alumnado da ESO ........................ 11:00/ 13:00/ 17:00h
Actuación do alumnado de 6º de Primaria............................11:30/ 13:30/17:30h
Actuacións dos alumnos de Ed. Infantil e 1º de Primaria..... 12:15h/14:00/18:00h

CONVIDAMOS E ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR NESTE GRAN EVENTO!
AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN XERAL,  Á ANPA, AO CONCELLEIRO DE TURSIMO DE ARES, AO CFR DE FERROL E ESPECIALMENTE A JAVIER CRISTOBO.