lunes, 30 de abril de 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE.LETRAS GALEGAS 2012



Este ano Valentín Paz Andrade é o autor elixido pola Real Academia para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Andrade naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril de 1898. Realizou os estudos de bacharelato na cidade de Pontevedra e, xa de mozo, estudou para avogado na Universidade de Santiago de Compostela. Dende moi novo dedicouse a escribir en xornais e revistas e chegou a dirixir, durante cinco anos, o xornal «Galicia», aínda que seguiu colaborando noutros xornais e revistas galegas e madrileñas.
Traballou como avogado de varias empresas pesqueiras e escribiu moitos libros sobre os problemas da pesca en Galicia e no mundo. Fundou, xunto con outras persoas, a empresa Pescanova, dedicada á pesca en mares moi afastados de Galicia.
Escribiu tamén poesía. O seu primeiro libro está adicado ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao, e leva por título Pranto Matricial. Máis tarde escribiu Sementeira do vento e Cen chaves de sombra.
Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega das Ciencias e galardoado co Pedrón de Ouro, a medalla Castelao e numerosos premios máis, polo seu traballo a prol de Galicia.
Se queredes saber máis sobre el, aquí tedes algún enlaces que vos axudarán. Tamén podedes visitar o enlace seminariogalan.org onde encontraredes actividades interactivas para todos os niveis.

Premede nas imaxes para acceder aos recursos e actividades

 
Actividades interactivas en liña

 
Documentos e actividades para imprimir

jueves, 19 de abril de 2012

O CPI "CONDE DE FENOSA" GAÑADOR PROVINCIAL DO 28 CONCURSO ESCOLAR DA ONCE

Como ven sendo habitual a ONCE convocou o 28 Concurso Escolar co lema de "Fai o teu barrio accesible". Os nosos alumn@s puxéronse no lugar das persoas que teñen problemas para ver, escoitar, para camiñar... analizaron o noso contorno  desde unha nova perspectiva, a de aquelas persoas que viven con algún tipo de discapacidade. E así, uns elaboraron fotoreportaxes e outros vídeos para denunciar que tod@s temos os mesmos dereitos, que os nosos barrios deben ter accesibilidade para que todo o mundo poida moverse por eles e que os barrios e as cidades teñen que ser accesibles para tod@s.

 O xurado despois de deliberar considerou que a vídeo-reportaxe gañadora na fase provincial fose a realizada polo grupo de 2º da ESO composto pol@s alumn@s: Judith Rouco Filgueiras, Antonio Lemos Margaretto, Laura Pita Sánchez, Lucía Rodríguez Buyo, Felipe Oltra Crespo, Daniel Domínguez Leira y Ainhoa Somorrostro Fernández. En hora boa a todos e todas. Aquí vos deixamos o vídeo gañador.


                    

lunes, 16 de abril de 2012

ENCÁNTANOS CONTAR CONTOS!

Os rapaces de 3º de PDC, coa colaboración dalgúns alumnos de 3º B e 4º A, metéronse na pel dos personaxes dunha particular versión do conto da "Cincenta" -na que nin a protagonista nin o príncipe son o que parecen- e no pelo dos divertidos animais do conto "A casa da mosca chosca" -no que unha torta de amora fai estrago no bosque-. 
Era un teatro para os máis pequenos, pero non está moi claro quen o pasou mellor, se eles ou nós!"
Aquí vos deixamos a representación