martes, 27 de marzo de 2012

ENTREGA DE PREMIOS DO PREGUNTÓN

Hoxe entregamos os premios da III Edición do Preguntón. Este ano, por primeira vez, a participación extendeuse ao alumnado de 6º de Primaria e, a verdade, é que o fixeron moi ben.
Desde o EDL e a Biblioteca queremos dar a en hora boa a todas e todos os  participantes pola vosa implicación, polo voso interese e pola vosa curiosidade de “preguntóns”.

SECUNDARIA
Gañadores: Martín Pérez Sarmiento e Carlos Piñeiro Sarmiento
                    Aida Formoso Sánchez e Raquel Ibón Fernández
Finalistas: Iago López Ramil e Cristina Fernández Carballeira
PRIMARIA
Gañadores:  Clara López Leira e Clara Fernández Sordo
Finalistas:  Raquel Santamariña Taboada, Sara Regueiro Martínez e María Fernández Martínez.

Martín e Carlos gañadores do Preguntón con Blanca, Luisa e Marina.

Aida gañadora en secundaria con Luisa e Yolanda

Iago e Cristina finalistas en secundaria
 Raquel, Sara e María finalistas de primaria

 Clara López e Clara Fernández gañadoras do preguntón
en primaria, xunto con Blanca a nosa directora, Conchi e Marina.

 Tod@s os concursantes da III Edición do Preguntón


                              

GAÑADORES NO XX RALLYE MATEMÁTICO

Os gañadores da vixésima edición do “Rallye Matemático sen Fronteiras”, organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas), son 13 alumnos de 3° de ESO do Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares.
Os 13 estudantes de 3° ESO-B do CPI Conde de Fenosa foron os gañadores do xa tradicional Rallye Matemático celebrado en Galicia e norte de Portugal.
A proba realizouse o pasado 19 de marzo e consistía en resolver de forma grupal durante 1 hora seis problemas matemáticos. O galardón o compartirán cun grupo de 4º ESO do CPI de Zas.
Como recompensa, a organización concederalles unha dotación económica de 3.000 euros doados pola Consellería de Educación e Educa Barrié para sufragar os gastos da viaxe a Toulouse, en Francia, onde se celebrará,o próximo 1 de xuño, a gran final, na que competirán contra estudantes doutros países. Con esta actividade Agapema pretende favorecer o traballo en equipo entre os estudantes de Secundaria, revalorizar a imaxinación e a creatividade destes xóvenes e facer vivir as matemáticas a través de situación orixinais. 
En horaboa a tod@s e a súa profesora María Segura Torres.

jueves, 22 de marzo de 2012

CONMEMORACIÓN DO DIA DA ÁRBORE

Este mércores 21 de marzo conmemorouse o Día da Árbore. No noso cole celebrouse unha actividade organizada pola Anpa e o colexio en colaboración  co Concello. Os nosos alumnos e alumnas de 1º de ESO e Diversificación  achegáronse ata Pedrós para plantar  12 cerdeiras que recibiron nomes femininos todas elas, vinculados a Ares coma:Catalina, Olalla, Hermelinda, Ciscada, Alianza Aresá, Aurora , Mirandas, Bailadora, Redeira.. Ao remate da plantación cantaron, acompañados pola banda de gaitas de Ares, o Himno a Árbore.
Aquí vos deixamos unha reportaxe do evento.


jueves, 15 de marzo de 2012

PREGUNTÓN DO VENRES 16 DE MARZO

Ben queridos e queridas preguntóns, chegamos xa á última quenda de cuestións. Estas que tedes aquí son xa as derradeiras que teredes que contestar nesta III Edición do Preguntón. Aplicádevos ben pois unha delas é Xenius e vale nada máis e nada menos que 4 puntazos.
A partir da próxima semana faremos o reconto de puntuacións e colgarase no taboleiro a clasificación final. O martes 27 de marzo entregaranse os premios do concurso. Lembrade que haberá sorpresas para todos. Ánimo e mans á obra!!!

Premede enriba das preguntas para velas máis grandes

PREGUNTA 1

PREGUNTA 2

lunes, 12 de marzo de 2012

ÚLTIMA SEMANA DO PREGUNTÓN

Ola queridos e queridas preguntóns chegamos xa á derradeira semana desta III Edición do Preguntón. Aquí tedes as preguntas deste martes 13 de marzo. O venres colgaremos as últimas. Veña!!!, exprimide ben os miolos para acadar todos os puntos que faltan. Ah!, e acordádevos de respectar os tempos de entrega. No momento en que se retire a furna xa non se recollerán máis respostas. Ánimo!!!

PREGUNTA 1





















PREGUNTA 2

jueves, 8 de marzo de 2012

miércoles, 7 de marzo de 2012

O xoves 8 de marzo celebramos o Día dos Dereitos das Mulleres


A que soa o de muller traballadora?
Non pensades que é un adxectivo absurdo, cando se aplica á muller?
As mulleres son todas traballadoras e como sabemos cunha carga laboral que supera as veces amplamente á dos homes en moitos aspectos.
A única maneira de chegar a unha igualdade entre homes e mulleres, recollida en numerosas constitucións do mundo é, desde a educación , unha educación en valores, igualitaria e non sexista.
A educación na igualdade, a información veraz e a xustiza social permitirán que nos desenvolvamos como persoas libres; libres para sentir, pensar e actuar por nós mesmos, sen o sometemento duns sobre outros.
Non podemos deixar este 8 de marzo  sen mostrar o noso máis absoluto rexeitamento á violencia que causa tantas mortes de mulleres, pola súa condición de tales. Este “terrorismo afectivo” derivado dos conceptos patriarcales de posesión, podería combaterse cunha coeducación efectiva familia-escola encamiñada á consideración de todas as persoas por igual, sen distinción de sexos.
A educación na igualdade, a información veraz e a xustiza social permitirán que nos desenvolvamos como persoas libres; libres para sentir, pensar e actuar por nós mesmos, sen o sometemento duns sobre outros.

lunes, 5 de marzo de 2012

PREGUNTÓN DO MARTES 6 DE MARZO

Entramos xa na sexta semana do Preguntón e xa queda pouco para rematar esta terceira edición,así que ánimo e seguide a mostrar os vosos coñecementos na busca de información.
E recordade respectar os tempos de entrega das respostas.

PREGUNTA 1

PREGUNTA 2

jueves, 1 de marzo de 2012

PREGUNTÓN DO VENRES 2 DE MARZO

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2

O ALUMNADO DE PRIMARIA VISITA O MUSEO DO HUMOR




Os alumnos/as de primaria visitaron o Parque de Educación Viaria e o Museo do Humor de Fene. Ademais de visionar o documental "O humor e os dereitos da Infancia", participaron en diversos obradoiros