Mostrando entradas con la etiqueta Visita Monumento Mauthausen. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Visita Monumento Mauthausen. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de marzo de 2024

VISITA AO MONUMENTO DEDICADO AOS ESPAÑOIS DEPORTADOS E FALECIDOS EN MAUTHAUSEN

   O xoves 21 quixemos lembrar coas alumnas e alumnos de Cuarto da ESO a todas aquelas persoas da nosa comarca que foron prisioneiros no Campo de Mauthausen. Pensamos que é fundamental que unha iniciativa tan  importante como facer un monumento na súa memoria sexa coñecida  polas novas xeracións. É preciso que non sexa para eles “ a escada verde”. Por iso quixemos achegarnos a levarlles flores en sinal do noso agradecemento, porque eles loitarón, e moitos morreron por todos nós.

   Lemos o nome dos 21 e lembramos como foi o seu destino, algúns sobreviviron, pero moitos foron cruelmente asasinados nese campo de exterminio que foi Mauthausen.

   Dous deles participaran antes na fuxida no Bou Ramón e despois remataron, como outros 7200 españois, no inferno de Mauthausen.

   Foi unha experiencia moi positiva, tanto no que se refire á aprendizaxe como no senso de compartir un momento diferente ás clases ordinarias.