Mostrando entradas con la etiqueta Dia dos dereitos dos nenos 2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dia dos dereitos dos nenos 2017. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de noviembre de 2017

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR O DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S.

Esta semana para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia os alumnos e alumnas de 1º e 3º de ESO realizaron unha actividade de contacontos para o alumnado de primaria.
A través do conto “Antón, o neno que non quería ir á escola”, ilustrado pola nosa ex-alumna Ana Martínez Fernández,  descubrimos á importancia da educación; o que supón non saber ler nin escribir e a sorte que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas. Tamén nos axuda a comprender que debemos  aproveitar a oportunidade que temos de ir á escola e esforzarnos por aprender para ter un futuro mellor, non como Antón, o protagonista do noso conto, que non tiña ningún interese en aprender ata que descubriu o importante que era saber ter coñecementos.

É unha historia para reflexionar sobre a importancia da educación.  Un dereito fundamental que todos os nenos e nenas do mundo deberían, aínda que  continúa sendo inaccesible para milleiros de nenos e nenas en moitos países.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á  educación está amplamente recoñecido en numerosas Convencións e Tratados Internacionais, hai 57 millóns de nenos  e nenas en todo o mundo que non van á escola e outros  tantos reciben unha educación descontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o teñen. Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos  ao mesmo tempo o incumprimento deste dereito que se está a dar en tantas partes do mundo.



Ao final actividade os rapaces e rapazas da ESO agasallaron a cada unha das aulas cunha  pequena semente que simboliza á Educación, e explicaron aos nenos/as que esta semente, despois de coidala e abonala, dará o seu froito, como o fará a educación que recibamos cada un de nós.

As profes Meli e Pamen recibindo o agasallo da semente para plantar en cada súa aula