Con motivo do Día do Orgullo Neofalante, hoxe xoves 28, o alumnado de 1º de ESO levou a termo un obradoiro baixo o título “ Somos un pobo de artistas”. Esta actividade que se vai a desenvolver en varias fases ten como obxectivos:
·
Reflexionar
sobre a importancia da diversidade lingüística, as falantes e neofalantes de
linguas minorizadas e os seus propios usos lingüísticos.
·
Dar
a coñecer referentes da riqueza e diversidade da música galega contemporánea.
·
Fomentar
a curiosidade e o aprecio pola escena musical en galego.
· Elaborar
un pódcast onde recoller e espallar a experiencia e as aprendizaxes da
actividade.
Andrea Rico Adega, que pertence a asociación Rexenerando S.
Coop. Galega, foi a persoa encargada de impartir a formación.
Tras este primeiro obradoiro cada grupo, partindo dos
coñecementos previos e da unidade didáctica Cantámola en galego, realizará
un traballo de investigación onde afondará e visibilizará a enorme variedade da escena musical galega,
ofrecendo referentes actuais de diferentes estilos.
Cada grupo rematará o guión iniciado na primeira sesión e
escollerá unha ou varias representantes para locutalo rematando a actividade
coa gravación de pódcast.
Esta actividade foi coordinada dende o noso centro polo Equipo
de Dinamización Lingüística e o departamento de Lingua Galega e impulsada pola Concellería
de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da
Mancomunidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario