ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS.

LA BICILETA VERDE  


  ENCONTROS CON ACTIVISTAS DOUTROS PAISES. PROXECTO ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Seguimos co noso proxecta “Activistas polo Mundo que Queremos” e nesta parada tomamos contacto con activistas doutros países. No noso caso puidemos contactar con Grecia Villalobos activista salvadoreña transxénero, defensora dos dereitos humanos, especialmente aqueles da poboación trans. Grabamos algunhas preguntas para enviarlle e ela moi amablemente respostou enviándonos o seguinte vídeo.




             

ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS. PLAN PROXECTA 2020-2021


Inauguramos  unha  nova travesía dentro do Plan  Proxecta dá Xunta de Galicia acompañados por un grupo de Ongs (Solidariedade Internacional Galicia, Agareso, Asamblea de Cooperación pola Paz, 100tolas) que se  uniron  coa meta de transformar este, o noso mundo desigual, por outro máis xusto e equitativo.

Este proxecto pretende apoiar ao alumnado para que coñeza e, dalgunha maneira, entre a formar parte deste movemento global de mocidade inspiradora. Todo isto, para fomentar o respecto e a valoración da diversidade como algo enriquecedor, o consumo responsable, a conciencia ambiental, o respecto aos  DD. HH, o coñecemento dos  ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) a igualdade de xénero... e ademais potenciar habilidades e actitudes como o diálogo, a corresponsabilidade, a empatía, a resolución positiva dos conflitos e a solidariedade, desde unha conciencia crítica, activa, investigadora, non conformista e motivando o OPTIMISMO CARA O CAMBIO.

Obxectivos xerais

Esta proposta pretende achegar ao profesorado e ao alumnado a realidade dos países empobrecidos e as dinámicas globais que perpetúan ese empobrecemento, a través dunha proposta educativa que fusiona as modalidades presencial e virtual baseada na participación, a creatividade e utilizando o potencial das ferramentas comunicativas (radio, contrapublicidade) para sensibilizar, denunciar e transformar. En definitiva, preténdese fomentar un alumnado e profesorado consciente da interconexión entre as realidades locais e as dinámicas globais e apoialo no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.

Obxectivos específicos

      PARA O ALUMNADO

  • Facilitar coñecementos e habilidades sobre a Educación para a Cidadanía Global
  • Crear un proxecto  educomunicativo e de carácter artístico ao redor dos contido da Educación para a Cidadanía Global.
  • Adquirir competencias para facer fronte aos problemas sociais e ambientais
  • Analizar os problemas sociais e ambientais locais e o seu incidente na contorna global, para propoñer alternativas desde o local.
  • Desenvolver actividades para comunicar os problemas sociais e ambientais identificados na súa contorna próxima.

   PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

  • Xerar espazo de encontro entre os axentes participantes do proxecto.
  • Implicarse nos proxectos de innovación xerados polo centro.
  • Devolverlle á comunidade educativa e a poboación da vila, cidade o traballo feito polo alumnado.
  • Involucrar aos membros da comunidade local na construción dunha sociedade máis xusta e equitativa

Temporización

O proxecto comezará no mes de novembro 2020 (a través dun encontro co profesorado participante), as sesións que ten que desenvolver o alumnado comezarán en xaneiro 2021 e prevese a súa finalización en abril 2021 (flexibilidade segundo a dinámica dos centros participantes).

 

PRIMEIRA SESIÓN: COÑECENDO E CONCIENCIÁNDONOS

Que significa ser activista?

O  luns 18 de  xaneiro  tivemos o  primeiro taller  nas aulas como punto de inicio. Visitáronnos María Caride e Ángela  que con grandes  doses de entusiasmo e  unha  ollada  moi positiva  fixeron reflexionar  ao alumnado de 1º e 2º de ESO  sobre Que significa ser activista?.

 A través dunha dinámica os rapaces e rapazas analizaron as problemáticas que afectan a milleiros de persoas no noso planeta, e foron quen de idear solucións para erradicalas.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario