Mostrando entradas con la etiqueta 4º E.S.O.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4º E.S.O.. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de noviembre de 2025

VIAXE AO OLIMPO: O ALUMNADO DE 4º DE ESO INTRODUCE A MITOLOXÍA AOS MÁIS PEQUENOS!

O noso colexio viviu unha xornada máis que enriquecedora grazas á colaboración entre os diferentes niveis educativos. O alumnado de 4º de ESO da materia de Cultura Clásica está a participar nun fermoso proxecto xunto cos nenos e nenas de 4º de Primaria, centrado no fascinante mundo dos personaxes da mitoloxía.

Os estudantes de secundaria prepararon unhas presentacións estupendas, moi visuais e dinámicas, que incluíron mesmo vídeos para facer a experiencia aínda máis atractiva. O obxectivo era achegarlles aos máis pequenos as lendas e heroes máis coñecidos da antigüidade.

🌟 Personaxes e Lendas que Cobraron Vida

Durante a sesión, a rapazada da ESO faloulles de figuras míticas moi variadas, introducíndoos nas súas historias e ensinándolles as valiosas leccións que agochan estas narracións milenarias:

  • Orfeo e Eurídice: Unha historia de amor e música que viaxou ao inframundo.
  • Hércules: O heroe que demostrou a súa forza realizando os seus famosos doce traballos.
  • A lenda de Narciso: O mozo que se namorou do seu propio reflexo.
  • A caixa de Pandora: A historia que explica a orixe de todos os males (e a esperanza!) no mundo.
  • O Rei Midas: O que desexou que todo o que tocase se convertese en ouro.

🎮 Aprendizaxe con Kahoot!

Pero non todo foron explicacións. O momento culminante da actividade, e o que máis lles gustou aos de Primaria, foi a actividade interactiva que prepararon os maiores. Dividiron aos pequenos en grupos e organizaron un Kahoot! temático sobre a mitoloxía.

A emoción en cada pregunta era palpable. Os de 4º de Primaria demostraron que estaban moi atentos, competindo amigablemente e poñendo a proba os coñecementos que acababan de adquirir. Sen dúbida, un xeito super chulo de fixar a aprendizaxe!

"Foi unha actividade moi instructiva e enriquecedora para todos e todas. Os maiores puideron exercer como guías e demostrar as súas habilidades de comunicación, e os pequenos descubriron a mitoloxía dun xeito lúdico e memorable."

Parabéns aos dous grupos! Agardamos ver pronto máis proxectos de colaboración coma este, que reforzan o noso compañeirismo e a aprendizaxe transversal.

 







El Rapto de Perséfone by yolick20003194


O Rei Midas by yolick20003194

viernes, 17 de abril de 2020

PARABÉNS AO ALUMNADO DE 4º DE ESO E AS SÚAS PROFESORAS DE MATEMÁTICAS


RETO BIGDATA, a oportunidade de participar nun Datatón e viaxar a Silicon Valley.
A comunidade educativa do CPI As Mirandas de Ares quere transmitir os seus parabéns aos dous equipos de alumnado de 4º de ESO e a súas profesoras de matemáticas, Mª Belén Morón e Cristina Sande finalistas do Reto BIG DATA organizado pola Obra Social de La Caixa.
Dous grupos formados por 8 alumnos de 4º da ESO do CPI As Mirandas, están entre os finalistas nacionais do Reto Big Data: a intelixencia dos datos, un programa realizado pola Obra Social de "La Caixa" para contribuír ao desenvolvemento da capacidade dixital do alumnado e promover unha actitude crítica e realista cara as tecnoloxías.
O reto desta edición foi redactar unha noticia que, baseada na análise de datos concretos,  desenvolvera un enfoque e reflexionara sobre cómo avanzar na consecución do 12º Obxectivo de Desarrollo Sostible relacionado co consumo e a produción sostibles.
Con dúas novas, desenvolvidas ó redor do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible “Consumo e Producción Sostible”: "Cociñar para tirar" e “Desfeitos electrónicos: o noso futuro en xogo” describen como a tecnoloxía e o Big Data poden axudar a lograr uns hábitos de consumo máis sostible.
En Galicia foron seleccionados tres centros finalistas, o noso centro por partida dobre, xa que foron finalistas os dous proxectos dirixidos polas nosas compañeiras Belén Morón e Cristina Sande (profesoras de matemáticas).
Debido ao estado de alarma e seguindo as recomendacións gubernamentais cancelouse a actividade presencial(participación nun Datatón en Barcelona e a Viaxe formativa a Silicon Valley) pero no vindeiro mes de maio participarán nun Datatón (resolver un reto partindo da análise e o tratamento de datos coa axuda de profesionais deste ámbito coa oportunidade de reunirse cos xóvenes doutras cidades e colexios desenvolvendo as súas competencias dixitais nun entorno divertido e diferente), que debido ás circunstancias será nun formato Campus Virtual, pero que sen dúbida aproveitarán e disfrutarán.

 Noraboa de novo ás alumnas: Salma, María, Irune, Paula, Yaiza, Clara e Carolina, e ao alumno Lucas e ás profesoras Belén Morón e Cristina Sande que lideraron o proxecto.

jueves, 22 de marzo de 2018

CHARLA DO XORNALISTA ERNESTO SÁNCHEZ POMBO SOBRE OS VALORES DA COMUNICACIÓN


O xornalista e colaborador de La Voz de Galicia, Ernesto Sánchez Pombo, imparte unha charla centrada nos valores da comunicación e do xornalismo no CPI As Mirandas

O alumnado de 4º de ESO do CPI As Mirandas, de Ares, participou na charla que impartiu o xornalista e colaborador do Grupo Voz, Ernesto Sánchez Pombo, na mañá deste xoves 22 de marzo. Co título « O mellor oficio do mundo », frase empregada no seu día polo escritor colombiano Gabriel García Márquez, e mediante o emprego de imaxes impactantes extraídas dos medios de comunicación, nomeadamente xornais e revistas, o xornalista foi narrando ao alumnado a evolución e os cambios acontecidos no mundo da comunicación e do xornalismo ao longo da historia. Durante a súa intervención centrouse principalmente no que vén acontecendo no último século en España. Ademais explicoulles aos alumnos o papel da censura na época da Ditadura, así como a que moitas veces aparece nos medios de comunicación modernos, « en ocasións por presións dos gobernos de todo o mundo que pretenden impoñer o seu criterio por riba da obxectividade que queremos ofrecer os xornalistas », remarcou Ernesto S. Pombo, que tamén engadiu que « a obxectividade pola que loitamos os xornalistas é sinónimo de democracia ». Tamén sinalou as dificultades que teñen os xornalistas para desenvolver o seu labor, así como outras opcións que escollen os máis novos para informarse, principalmente as redes sociais, que están « cheas de novas falsas e sen fundamento ». A charla, cunha duración de hora e media e que estivo acompañada dun coloquio final co alumnado, finalizou coa proxección de cabeceiras e titulares que contiñan erros lingüísticos e de contido.







sábado, 4 de mayo de 2013

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º E 4º DE ESO DO NOSO CENTRO PARTICIPARON NO II ENCONTRO DE ALUMNOS DE MÚSICA DE GALICIA EN VILAGARCÍA

O pasado día 26 de Abril, o alumnado de Música de 3º e 4º de ESO participou no II Encontro que tivo lugar no Auditorio de Vilagarcía, encontro organizado polo profesorado de Música de Secundaria e Bacharelato  de Galicia.
Asistiron alumnos de 15 institutos da comunidade galega, que actuaron representando temas de Luar na Lubre, Son de Seu, Milladoiro, Carlos Núñez. xa que a temática do encontro era relacionada coa música creada en Galicia, ..... e demostrando o aprendido neste curso.
Unha xornada moi divertida na que o noso alumnado ademáis de demostrar o seu saber instrumental, acompañaron a súa interpretación con fotografías de Ares, e tiveron a oportunidade de compartir experiencias con outros rapaces doutros centros enriquecendo así a súa cultura musical.
Os nosos parabéns, ao alumnado e á profesora Teresa Frieiro.
Déixovos unha breve mostra da experiencia:

jueves, 7 de junio de 2012

Gañadores do “II Concurso Emprendeares” convocado polo Concello

        Os estudantes da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 4º da E.S.O. recibiron o 1º premio do II Concurso EmprendeAres 2012, co traballo “Divergarden Soc. Coop. Galega”. O concurso, que promove o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras no ámbito da empresa, xurdiu coa finalidade de estimular o coñecemento de novas posibilidades laborais entre a mocidade.En hora boa a todos e todas polo premio e polo voso traballo.


Primeiro Encontro de Alumnos de Música de Secundaria


O 24 de maio, os alumnos de 3º da ESO A e algúns de 4º, participaron no Primeiro Encontro de Alumnos de Música de Secundaria que se celebrou durante a mañá no auditorio de Narón.
Participaron un total de 12 centros de diferentes lugares de Galicia. Cada un tiña que interpretar dous temas relacionados coa música no cine. Os temas interpretados polos alumn@s do noso centro foron: “He´s a pirate", un dos temas principais dá película Piratas do Caribe (3º ESO) e o tema “Marcha do Coronel Boggey” da banda sonora dá película Ponte sobre o Río Kwai (4º ESO).
Parabens a todos os rapaces que participaron nesta experiencia de compartir os traballos realizados polos diferentes centros. Tocaron diante de preto de 400 persoas simplemente cos nosos instrumentos de aula e nun auditorio que é realmente grande. E... fixérono moi ben!

Alumnado participante no concerto


 Dous momentos da interpretación dos nosos alumn@s


martes, 26 de abril de 2011

Ese García...
A esencia popular e universal do RAP
 
O día 14 de abril recibimos no Centro ao rapeiro García, integrante do grupo musical Dios Ke Te Crew. Dende as doce da mañá departiu cos rapaces de 4º da ESO sobre a música HIP-HOP. Na primeira parte do obradoiro achegounos á orixe e historia do movemento musical, insistiu na idea de fenómeno social, de xeito de vivir, de entender o mundo no que vivimos, xa na segunda, deleitounos coas súas creacións espontáneas e dispúxonos á escrita dunha canción de RAP.

A espontaneidade, o manexo do escenario, a linguaxe directa fixeron do obradoiro unha experiencia agradable e enriquecedora.

Tamén nos avanzou que o grupo está a sacar un novo disco. Agardámolo. Para gozar coa súa música podemos acudir a  http://www.myspace.com/diosketecrew

Esta actividade contou coa organización e apoio dos departamentos de Música, Dinamización  Lingüística e Lingua Galega.

García rapeando

 O alumnado disfrutando co obradoiro

Os alunmn@s en grupos tamén crearon o seu propio rap

García con Mateo e Miguel

lunes, 22 de noviembre de 2010

1º PREMIO NO III CONCURSO DE ROBÓTICA DE GALICIA

Parabéns aos nosos alumnos de 3º e 4º da ESO que este ano acadaron o 1º Premio no concurso organizado por IGACIENCIA na localidade lucense de Burela. Unha nova fantástica logo dunha xornada estupenda, na cal visitamos o barco boniteiro museo Reina del Carmen, onde aprendimos un pouco mais sobre o traballo dos mariñeiros, xantamos no mesón A Pedra, no que fomos maravillosamente atendidos polos donos, e os alumnos de 4º visitaron a planta de produción de Sargadelos.

Disfrutade do premio e esperemos ter a oportunidade de asistir o ano que ven!



Aquí vemos a Laura e Beatriz recollendo o premio en Burela, localidade á que se trasladaron para o acto.


                                

  Visita en Burela ó barco  boniteiro museo Reina del Carmen
                               

miércoles, 2 de diciembre de 2009

VISITA EXPOSICIÓN "GEORGE NELSON"

O pasado 21 de outubro, mércores, as profesoras de francés, galego e plástica levamos os alumnos de 1º de ESO e 4º de ESO (plástica), á Fundación Pedro Barrié de la Maza, a ver a exposición adicada ao arquitecto e deseñador George Nelson. Fixemos unha visita guiada e máis un obradoiro.
A mostra amosa a traxectoria de George Nelson ( 1908-1986) arquitecto, deseñador, publicista, pensador. Creador de emblemáticas iconas do deseño americano dos anos 50. Deu forma tras a II Guerra Mundial ao concepto de deseño moderno especialmente adicado á casa e aos espazos de traballo.
Foi unha visita moi proveitosa e que seguimos con gran interese.


Mural feito polos alumnos no obradoiro

     Os rapaces traballando no obradoiro

A continuación podedes ver unha reportaxe fotográfica da xornada


                        

-------------------------------------------------

CONCURSO: “CREACIÓN DUNHA MASCOTA PARA O BLOGUE”

Desde o E.N.D.L. gustaríanos que colaborásedes na creación dun logotipo ou mascota que identifique e se constitúa como imaxe representativa do mesmo.

Esperamos a vosa colaboración e todas as suxestións que queirades facer.

ANIMO E MANS A OBRA...