O venres 29 de
novembro o noso centro despediu aos integrantes do grupo Erasmus + que
estiveron a acompañarnos durante toda a semana. Unha festa rachada na que non
faltaron as nosas tradicións: magosto, castañas, bailes tradicionais, xogos,
cancións…. e ata chiculate con churros.
Parabéns a toda a
comunidade educativa que traballou a
esgallo para que todo resultase marabillosamente ben.
Desde aquí
queremos dar as grazas tamén ao Grupo de Gaitas de Ares e a Miguel, o seu
director, así como ao grupo Areas do Mar de Ares con Teresa Muiños á cabeza.
Mil grazas por colaborar con nós nesta xornada.
Desexamos aos
nosos amigos Erasmus+, que gozaran da súa estancia en Ares e que teñan unha boa
viaxe de volta aos seus respectivos países.
Esta despedida é
so un ata logo xa que pronto lles devolveremos a visita.
Como unha imaxe, as veces, vale máis que mil palabras, aquí tedes a reportaxe gráfica da xornada.
Os compañeiros de Turquía agasalláronnos cunha danza típica do seu país.
Tamén as nosas profesoras puxeron a nota musical coa canción "Ahí ven o maio" de Curros Enríquez
Este xoves 28 de novembro celebrouse a entrega de premios da
III Edición do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española
“Cantamos coas mans”, nun evento moi especial que tivo lugar no centro
sociocultural de Fontiñas, en Santiago de Compostela.
Neste acto recibimos a Mención de Honradesta edición na que os nososalumn@ s puideron interpretar e actuar coa
cantanteMJ Pérez que subiu ao escenario
cos nenos e nenas quesignaron a súa
canción “O fíodo que pendo”.
Foi unha xornada festiva, totalmente accesible en lingua de
signos e na que tanto, persoas xordas como oíntes, puidemos gozar da música.
Queremos aproveitar a ocasión para, unha vez máis, agradecer
o esforzo e a implicación de Luisa Lombardero, a nosa intérprete de lingua de
signos, que non poido estar no evento e que é a alma mater do proxecto e, por suposto, tamén agradecer aMJ Péreza súa colaboración para facer un ano máis, deste acto, unha gran
celebración da música inclusiva.
Hoxe, 25 de novembro, no CPI As
Mirandas, lembramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero
cunha actividade en colaboración con CIM do Concello de Ares.
As 13:00 horas o
director do CIM e a directora do centro tomaron a palabra para condenar esta
lacra e recordar que debemos seguir insistindo en campañas de prevención,
informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia,
cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación real, desde
o traballo e desde os poderes políticos.
A nosa profe de inglés, Amparo, realizou a
tradución simultánea do manifesto xa que neste acto acompañáronnos os alumnos/as
e profesores do intercambio Erasmus +.
Trala
lectura dos manifestos soltáronse varios globos cargados de mensaxes realizadas
por todo o alumnado do centro (E.I, E.P, ESO). Mensaxes que voarán cheos de
esperanza concretados en desexos do alumnado do CPI As Mirandas.
Xa pola
tarde tivo lugar unha charla para o alumnado de 4º curso de ESO sobre a
violencia sexual impartida por Angélica Mercado Torres especialista universitaria en estudos de
xénero e políticas de igualdade a través da Secretaría Xeral de Igualdade.
Mañá
martes 26 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de infantil asistirán á sesión de contacontos “As cores” coa temática da Igualdade e impartido pola artista local
Lidia Pena.
Os nenos e profes de infantil tamén conmemoraron esta data cun mural realizado por eles.
Dende o 24 eata o 29
de novembro no noso centro, o CPI As Mirandas, compartiremos experiencias con 20
alumnos/as e 12 profesores/as de 5 países (Turquía, Polonia, Romanía, Grecia e
Italia) cos que estamos levando a termo un proxecto europeo,KA229: Manifestacións artísticas desde as festividades e tradicións europeas”.
Estedomingo foron
recibidos por unha representación do centro e realizaron unha etapa do Camiño de Santiago así como unha visita
guiada polo casco histórico.
Hoxe luns realizaron unha visita ao Concello onde foron recibidos polo alcalde e
representantes do Concello. Seguidamente fixémoslles unha benvida no noso centro.
O alumnado de primaria así como un grupiño de alumnos da ESO agasalláronos cun mini concerto e bailes típicos. Logo
percorreron as aulas de primaria e infantil e departiron con profes e
nen@s.Tamén participaron no acto que
realizamos no centro con motivo do Día Internacional contra a Violencia de
Xénero, no que estiveron tamén representantes do concello e do CIM (Centro de
atencióná muller).
Desexámoslle unha estupenda estadía na nosa vila xunto a
todos nós e ás familias acolledoras.
Seguiremos informando desde tesmoitalingua e a páxina web do noso cole.
Parece que todos os días semellan iguais, máis este luns, 25
de novembro, Día
Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos
dun xeito especial, denunciar e levantar á nosa voz contra
esta lacra. A violencia contra as mulleres é unha das máis degradantes
violacións dos Dereitos Humanos e continúa progresando no ámbito global.
Algo estamos a construír mal nesta sociedade cando non
somos capaces de resolver os conflitos coa palabra. Vivimos nun mundo no que
cada vez se vai máis rápido e no que o individualismo e o poder é o que conta.
Debemos espertar as nosas conciencias ante as inxustizas e o sufrimento.
Debemos pararnos e sentir que cada morte, cada acto violento fainos a todos e a
todas vulnerables.
É por iso polo que debemos seguir insistindo en
campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da
sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios,
cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos.
No noso centro o alumnado de 4º ESO
tomou a iniciativa de visibilizar e sensibilizar á comunidade
educativa e a toda a sociedade en xeral a través de varios audiovisuais que podedes ver máis
abaixo.
No primeiro gravaron un programa onde entrevistaron
ás responsables do CIM (Centro de Información á Muller) do concello de Ares e a
varios profesores do noso centro que respostaron amablemente ás súas preguntas.
Nos segundos, María, Valentina, Andrea e
Marcela poñen as súas voces para narrar como sinte unha muller a indiferenza, a
humillación ou a dor polo simple feito de ser muller.
Parabéns
ao alumnado de 4º de ESO polo traballo e por suposto a todas e todos os que
colaboraron dalgún xeito na súa realización.
Así mesmo en
colaboración co CPI Virxe da Cela de Monfero, realizouse unha exposición de
carteis creadospolos alumnos/as de ESO de
ámbolos dous centros na que mostran, a través da imaxe, a súa visión sobre esta
data. (Podedes premer na imaxe para velos en grande).
Por último dicir
que, a todos os que formamos parte do CPI
As Mirandas, encantaríanos que moi pronto, o 25 de novembro, Día
Internacional Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque
celebrar este día, deste xeito, non é unha festa, é un toque de atención para
que nos demos conta e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e
liberdades, porque as mulleres somos iguais aos homes e nada nin ninguén debe
someternos. Mentres tanto, desde o noso colexio, seguiremos educándonos na
igualdade e loitando pola dignidade de todos e todas.
Finalizamos coas
verbas dunha excepcional muller, Clara Campoamor quen dixo:
“ACUSEI AS
INXUSTIZAS PORQUE NON QUERO
QUE O MEU SILENCIO AS ABSOLVA”
A pesar das
nosas diferenzas, compartimos a mesma realidade e estamos unidos na loita para
conseguir que o mundo sexa un lugar mellor para todas e todos.
Porque
queremos outro mundo, e sabemos que é posible....
"A cadeira vermella"é a campaña que a ONG Entreculturas lanza para concienciar á poboación do Dereito á Educación de máis de 61 millóns de nen@s en todo o mundo que están sen escolarizar.
Un grupiño de alumnos/as de 1º e 4º da ESO axudaron a presentar esta campaña reivindicando a escolarización universal para todos os nenos e nenas do mundo. Así, realizaron diversas sesións de contacontos para o alumnado de infantil e primaria.
Nas sesións os rapaces da ESO narraron o conto “Mahán e a cadeira vermella”, un conto creado polo alumnado do cole Virxe da Cela de Monfero, e que fala sobre o Dereito á Educación Universal. Logo como parte da dinámica, realizaron o xogo de “ A cadeira vermella” así como un pasapalabra sobre o conto. Ao remate da sesión todos os nenos e nenas foron agasallados cunha pegatina alusiva a esta data e levaron unha pequena “cadeiriña vermella” para a súa clase, como símbolo do Dereito á Educación de todos os nen@s do mundo.
Por outra
banda, na entrada de secundaria temos un mural realizado polo alumnado da ESO
acompañado dunha cadeira pintada de cor vermella. Animamos a todos e todas os
que o desexen, a tomar unha foto no mural coa cadeira vermella para realizar
unha montaxe fotográfica como apoio á Educación Universal.
Esta actividade está organizada polo EDLG, a Biblioteca escolar e o Departamento de Reli e valores. Queremos a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecernos o lugar perfecto para mergullarnos no mundo das historias.
Chegamos ao centro dos Peares o
domingo as 18:30.Era xa de noite e
chovía. Entramos no edificio principal do poblado, así é como lle chaman aos 4
edificios que están ao lado da presa, con lanternas. Non hai casas nesa zona e
as farolas non funcionan por un problema entre concellos. Esa primeira noite a maioría
quería volver para Ares. Que parecía un campo de concentración, dicían algunhas.
Que nos dan medo os monitores, dicían outras. Ao día seguinte a sensación mellorou
bastante coa luz da mañá. Aínda que seguise chovendo.
Agora estamos ben. Queremos volver, pero cando
acabe a week, non polo medio. Socializamos con xente doutros centros, e
practicamos algo de inglés. Así que todo en orde.