sábado, 29 de abril de 2023

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE ESCRITURA CREATIVA DE MICRORRELATOS

 

 A  Alianza Aresana acolleu o venres 28 de abril, o acto de entrega de premios do III Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, organizado polo CPI as Mirandas e o Concello de Ares  e  que contou cun total de 106 participantes, divididos en dúas categorías, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.

 👉Os gañadores nas respectivas modalidades foron Valeria Villares Otero con “A nena pantasma” e Leo de Navas Rodríguez con “A vida soñada”. Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook.

👉Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Así, Elia Toribio García con “A praia”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; e Lucas Varela Rodríguez con “Rosalía, miña vida” recibiu o segundo premio na categoría de “ESO”.

 👉Ademais, houbo mencións especiais en cada categoría, que recibiron un diploma acreditativo. No caso da categoría de "Primaria" a mención foi para Hugo Martínez Cereijo con "A casa queimada"; e Larraitz Aranaga Carrasco con "A primeira man que sostivo a miña" na modalidade de "ESO".

👉Na valoración dos traballos os criterios do xurado foron, entre outros, a creatividade e orixinalidade da temática, a claridade da mensaxe e da estrutura, o ritmo xeral da historia ou os trazos estilísticos na escrita.

 👉O xurado extivo composto por Rosa Arnoso, profesora do CPI As Mirandas; Ariana Pena, especialista en pedagoxía terapéutica no CPI As Mirandas e Alma Barrón, edil de Cultura da localidade, ademais de Yolanda Castro, responsable do departamento de normalización linguística do CPI As Mirandas, en calidade de secretaria.

 A continuación podedes ler os relatos premiados:

III Concurso Microrrelatos. CPI as Mirandas by Yolanda Castro López on Scribd

miércoles, 26 de abril de 2023

A ROSA INCANDESCENTE.

 Esta terceira feira, 25 de abril, homenaxeamos a Rosalía de Castro por partida dobre.

Primeiro coa actuación estelar de Sofía e Antonio de 2º de ESO. Nunha breve peza teatral dramatizaron os momentos máis senlleiros  da vida  de Rosalía e Manuel Murguía percorrendo o seu álbum familiar. Parabéns!

A continuación proxectamos a curtametraxe A rosa incandescente e ao rematar a súa guionista e produtora Anxos García Fonte engaiolounos cunha clase maxistral sobre Rosalía e desvelou algúns segredos sobre a súa experiencia na rodaxe da curta.

 Obrigadas Anxos!

 

 

 

 


 

martes, 25 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

 No día do libro de 2023 a biblioteca Carabela en colaboración con Dinamización, organizamos a primeira edición do "Desfile de Personaxes de Contos"

A actividade consistía en caractterizarse da personaxe dun conto lido e facer o desfile acompañado do libro.
A actividade desenrolouse na semana posterior ao Día do libro, cada dia desfilaban dous cursos de primaria e o último día fixemos  un desfile único para o desfrute do alumnado de E.I.



















lunes, 24 de abril de 2023

VI EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS

 Co gallo das actividades para conmemorar o Día Das Letras  Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a  Biblioteca Escolar Carabela organizan a VI Edición do Concurso de deseño de cubertas de libros. Con esta iniciativa preténdese fomentar a lectura en lingua galega así como  potenciar as capacidades creativas do alumnado.   

                                                                

 

BASES

1.- Dirixido a: Todos os alumnos/as do CPI As Mirandas, que poderán participar cun máximo de 2 obras. En infantil o traballo a presentar será de aula.

2.- Tema: O concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun  libro que o alumno/a teña lido. Na portada ten que constar o título e o nome  do autor do libro  ademais da decoración que o alumno/a desexe engadir: fondos, fotos , debuxos, distintos tipos de letras, diversos materiais, etc. O libro pode ser de calquera xénero: poesía, contos, novela, teatro, ensaio, divulgación… Pola parte de atrás irá o nome e curso do alumno/a participante.

3.- Formato: Tamaño mínimo un cadrado de 21x21 cm. e máximo un A3 (29,7x42 cm.)

4.- Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas, collage, banda deseñada,etc. Tamén se poden combinar técnicas: letras a ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un collage superposto, composicións feitas con volume e despois fotografiadas, etc.

5.- Soporte: En función da técnica dos traballos, pódense entregar en papel, cartolina, cartón, lenzo ou como un arquivo informático se é o caso dun traballo feito por ordenador.

6.- Data e lugar de entrega: A data de entrega remata o 15 de maio e os traballos se entregarán na biblioteca Carabela do noso centro.

7.-Premios: Outorgaranse varios premios en función das idades. En infantil serán premios de aula. Con todos os traballos presentados farase unha exposición no centro así como a presentación dos mesmos a través dos blogs do EDLG e da Biblioteca e redes sociais.

DÍA DO LIBRO 2023

No día do libro de 2023 a biblioteca Carabela en colaboración con Dinamización, organizamos a primeira edición do "Desfile de Personaxes de Contos"
A actividade consistía en caractterizarse da personaxe dun conto lido e facer o desfile acompañado do libro.
A actividade desenrolouse na semana posterior ao Día do libro, cada dia desfilaban dous cursos de primaria e o último día fixemos  un desfile único para o desfrute do alumnado de E.I.






















 

domingo, 16 de abril de 2023

PROXECTO O NOSO CORPO. EDUCACIÓN PRIMARIA

 SORPRESA, SORPRESA!!!! Chegounos ao correo do cole un vídeo moi especial, a pediatra do centro de saúde de Ares, Lucía Rial, pídenos axuda para elaborar un libro sobre o corpo humano.

Podedes premer no seguinte vídeo e alí veredes todo o que fixemos!

sábado, 1 de abril de 2023

CONFERENCIA-TALLER CON RAFA GUERRERO. MI TORMENTA CEREBRAL EN LA ADOLESCENCIA, EN AFUNDACIÓN TV

 O alumnado de 3º de ESO participou  en directo na charla-taller, dirixida a adolescentes por Rafa Guerrero, psicólogo especialista en problemas de xestión emocional. Nela déronnos algunhas  claves sobre control emocional, aspectos relacionais, como é o cerebro nesta marabillosa idade de cambio, cal é a diferenza coa infancia e que cousas podemos facer para controlar os impulsos, entender as emocións e non perder a nosa actitude vital.

 Un taller  interesante, que ofreceu a posibilidade de entendernos a nós mesmos, e tamén ao resto de compañeiros e compañeiras que viven situacións similares.

Ademais a rapazada puido facer preguntas no chat e escoitar as doutros rapaces e rapazas da súa idade.