domingo, 29 de mayo de 2016

NA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS OLLOBOI 2016


Onte asistimos á Gala de premios do Festival audiovisual Olloboi. 234 foron os traballos presentados este ano. Nós quedamos finalistas en dúas categorías.  Aínda que non gañamos, viñemos moi contentas cos nosos dous diplomas de finalistas e ledas por compartir unha xornada na que puidemos asistir nos Asteleiros Triñanes ao visionado da película Crebinsky  e ter ocasión de charlar co seu protagonista , Miguel de Lira e co seu  director, Enrique Otero.  A continuación asistimos á Gala  de entrega de premios conducida por  Xoán Antonio Touriñán, Federico Pérez y Sabela Arán, gala que gañou por goleada á final da Champions League.  
Para o ano máis!!!!





martes, 24 de mayo de 2016

FINALISTAS CONCURSO " DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE"

Como establecían as bases do concurso, a comisión seleccionadora reuniuse esta mañá para elixir as 3 propostas finalistas. Mañá mércores 25 de maio poderedes votar durante a mañá en horario escolar  os rapaces e persoal do centro e pola tarde de 16:30 a 18:00 os pais e nais.  
Aquí tendes as 3 opcións coas súas correspondentes explicacións para que poidades examinalas e elixir a vosa favorita.
Queremos agradecer ao alumnado, ás súas familias e ao profesorado a participación neste certame ao que se presentaron 24 propostas, ¡¡ todo un éxito ¡¡

Agora só queda elixir o que será a imaxe corporativa do noso cole así que .... ESPERÁMOSVOS O MÉRCORES ¡¡

LOGO 1
"Tipografía limpa, firme e moderna que, en conxunto coa será que sostén os papeis e lápiz como simboloxía da educación apuntan unha imaxe de progresión e alto nivel educativo e mestura os valores tradicionais coa innovación do mundo actual, Asi mesmo, a cola e o corpo da serea forman o inicio da palabra " Mirandas ". Correspóndese así coa lenda."

LOGO 2

" O logo está formado por 2 círculos. Escollinos porque un círculo non ten principio nin fin, polo que representa o eterno, o infinito. No interior do círculo pequeño, debuxei As Mirandas, a Miranda grande e a Miranda pequena. Sobrevoándoas hai unha gaivota, habitante privilexiada destas rochas. De fondo puxen unha posta de Sol acompañada dunha suave brisa que levanta unas pequeñas ondas. Todos estes elementos naturais impregnan o logo cunha sensación de tranquilidade e paz que nos animan a afrontar un novo día, un novo reto"


LOGO 3

"Representa un sol cunha onda, coma se fose a Praia"

lunes, 23 de mayo de 2016

INTERPRETANDO NA CLASE DE MÚSICA DA ESO

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO presentannos dúas obras interpretadas na clase de música coa súa profe Teresa Frieiro unha titulada "O outono en Ares" e outra  "Cantando a Rosalía". Aquí volas deixamos. Esperamos que vos gusten.


                                    


         

SEMANA 5. ÚLTIMA SEMANA DE PREGUNTÓN

Ola a tod@s. Entramos xa na última semana de preguntas do noso concurso "O Preguntón".  Animádevos, xa sabedes que cada puntiño conta para ser o gañador.

jueves, 19 de mayo de 2016

PUBLICADO NO DOG CAMBIO DE NOME DO CENTRO.

Xá é oficial o cambio de nome do noso centro. A partir de agora chamarase CPI "AS MIRANDAS".
 

lunes, 16 de mayo de 2016

SOMOS FINALISTAS DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI !!!!!

Parabens a tod@s!!! . Somos finalistas no Festival Audiovisual Olloboi
en dúas categorías, na sección DOC co audiovisual "O mercado municipal de Ares" dos nenos e nenas que hoxe están en 4º de primaria e na sección Olloboi Online co "Libdup Vilasoñares".




sábado, 14 de mayo de 2016

OBRAS CHEAS DE GALICIA. LETRAS GALEGAS 2016

Este ano concorren tres situacións culturais interrelacionadas e á vez independentes. Conmemórase o centenario da creación das Irmandades da Fala, que aló polo 1916 botaron a andar nos Cantóns coruñeses; choramos a morte de Neira Vilas, reporteiro do rural; e homenaxeamos a Manuel María, creador da poesía da Terra.

E para dar constancia delo dende o noso centro o CPI Conde de Fenosa realizamos o documental  “Obras cheas de Galicia”, idea de Ana Martínez  alumna de 4º de ESO, en colaboración cos alumnos de 4º que poñen voz a unha escolma de poemas dos autores,  o EDLG e o departamento de lingua galega.   
Aquí tendes o documental. esperamos que vos guste.

lunes, 9 de mayo de 2016

PREGUNTÓN SEMANA 4

Veña que só faltan dúas semanas para rematar!!!

RESPOSTAS PREGUNTÓN SEMANA 3

jueves, 5 de mayo de 2016

EMOCIONARIO. VARIACIÓNS SOBRE O GRITO DE MUNCH. POLOS NENOS E NENAS DE 1º A DE EP.

PREVISIÓN DO TEMPO CARA A FIN DE SEMANA

Miarian e Gimena preséntannos a previsión do tempo de cara a esta fin de semana. Aínda que estes últimos días tivemos un tempo con altas temperaturas, estas baixarán de novo, así que non hai que confiarse...xa sabedes o que di o refrán: "ata o 40 de maio a vella non quita o saio".


              

miércoles, 4 de mayo de 2016

EXCURSIÓN Á HISTORIA DA NOSA CONTORNA

Onte os alumnos de 3º e 4º de primaria, xunto coas súas profes, realizaron unha visita a Chanteiro, Montefaro e Lubre, lugares do noso concello onde se atopan algúns dos monumentos históricos do noso patrimonio. Comezaron o seu percorrido visitando a Igrexa da Mercé de Chanteiro, onde se celebra o tradicional Voto de Chanteiro ; subiron ata Montefaro onde puideron facer un percorrido polo Mosteiro (con baile medieval incluído) e remataron en Lubre onde se atopa a Igrexa románica de Santa Olaia. Unha visita a través da cal puideron ollar moitas cousas das que aprenderon no seu proxecto da Idade Media. O sol nos acompañou e a excursión resultou xenial. 
Grazas desde aquí a Celsa e ao pai da nosa profe Bárbara por abrirnos as portas do mosteiro e acompañarnos na nosa visita. 
Aquí tedes o vídeo da xornada.


                               

lunes, 2 de mayo de 2016

PREGUNTÓN SEMANA 3

PREMEDE NA FOTO PARA VELA EN GRANDE


RESPOSTAS PREGUNTÓN SEMANA 2

PREMEDE NA FOTO PARA VELA EN GRANDE.


LECTURA DE "EL QUIJOTE" NO DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro, neste curso 2015-2016, e coincidindo co 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes, os integrantes da comunidade educativa fixemos unha lectura continuada do "Quijote"